Paleolítico medio
O Paleolítico medio é un período da prehistoria caracterizado polo predominio da cultura musteriana e da técnica Levallois, que consisten en obter unha ou varias lascas de forma predeterminada, a partir dunha preparación particular do núcleo lítico. Abrangue aproximadamente entre os anos 130000 e 33000 a.C.
Visión lineal
editarAo primeiro definiuse o Paleolítico medio pola existencia do Homo neanderthalensis, que se supuña unha especie intermedia entre o Homo erectus e o Homo sapiens sapiens. Posteriormente descubriuse que a evolución do xénero Homo ata o sapiens foi máis complexa, e que o H. neanderthalis no antecedeu ao a H. sapiens, senón que foi unha especie de orixe europea e que durante máis de 150 mil anos tivo unha existencia paralela co H. sapiens, orixinario de África. Non houbo pois un proceso lineal de evolución e a visión do Paleolítico medio resultou só ser certa para Europa e o norte de África.