Partido Republicano (Estados Unidos de América)

partido político estadounidense de dereita

O Partido Republicano (en inglés: Republican Party; tamén coñecido como Grand Old Party ou GOP) é un dos dous maiores partidos políticos dos Estados Unidos xunto co Partido Demócrata, ámbolos dous, únicos partidos que chegaron ao poder no país dende o século XIX.

Partido Republicano
Republican Party
Dirixentes e organización
LíderDonald Trump
MocidadesYoung Republicans
Teen Age Republicans
Filiación internacionalInternational Democrat Union
Historia
Fundación20 de marzo de 1854
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Liberalismo económico
Federalismo
Conservadorismo social
Outros datos
SedeWashington D.C., Estados Unidos
Na rede
https://gop.com
Facebook: GOP Twitter: GOP BNE: XX134626 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

É o gran partido conservador do país, aínda que cando se fundou o 20 de marzo de 1854 representaba ós que se opuñan a expansión da escravitude e pretendían a modernización dos Estados Unidos.

Son catalogados comunmente como dereita ou centrodereita no espectro político; e están ligados a un pensamento liberal económico. A súa orixe devén da desintegración do Partido Whig no 1854, naquel momento o segundo partido máis importante dos EUA tras o Partido Demócrata.[1] Após a promulgación da Lei Kansas-Nebraska que fomentaba a expansión da escravitude ao Vello Oeste e á entrada de novos "estados escravos", en resposta antigos dirixentes Whig como Abraham Lincoln e Horace Greeley cofundaron o novo partido como forma de resposta a esa lei, con base ideolóxica abolicionista.[2]

A día de hoxe é líder da maioría no Senado da man de Mitch McConnell, mais non na Cámara dos Representantes. A figura máis salientábel e visíbel a día de hoxe do propio partido é a do empresario multimillonario Donald Trump, quen chegou ao poder o 20 de xaneiro do 2017.

  1. "Republican Party". Encyclopædia Britannica (en inglés). 
  2. "Abraham Lincoln and Horace Greeley – Abraham Lincoln's Classroom" (en inglés). Consultado o 2023-09-15. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.