Pilar Cibreiro
Pilar Cibreiro Santalla, nada en 1952 en Vilaboa (Valdoviño), é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Vilaboa, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, novelista |
Xénero artístico | Novela, poesía, conto |
Traxectoria
editarPasou a súa mocidade en Madrid, onde comezou a súa andaina como escritora, facendo algunha escapada a Londres e Barcelona. En 1998 retornou á súa terra.
Algúns dos seus contos forman parte de antoloxías seleccionadas para o estudo do español, coma Días de lluvia no Reino Unido e Santalla el escapado en Alemaña.
O seu conto “Días de lluvia” foi escollido por Ángeles Encinar para formar parte da súa antoloxía Cuentos de este siglo (Lumen, 1995).[1]
Un dos seus poemas foi seleccionado por Ramón Buenaventura para a súa antoloxía Las diosas blancas. Antología de la joven poesía española escrita por mujeres (Hiperión, 1985, 2ª ed. no 86) con tradución francesa: Les Déesses Blanches (Noël Blandin, 1989). Outro poema, este en galego, “A miña lingua”, forma parte do traballo Pensando nelas.[2][3]
Obra
editarProsa en lingua castelá
editar- El cinturón traído de Cuba 1985, Alfaguara.
- Arte de acecho 1990, Alfaguara.
- El dueño del trigo 2005, Random hause-Mondadori.
Poesía en lingua galega
editar- O vasalo da armadura de prata 1987, Sotelo Blanco Edicións.
- Feitura do lume 1995, Sotelo Blanco Edicións.
Notas
editar- ↑ "Cuentos de este siglo". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015.
- ↑ "Poetas y poemas del CD Pensando nelas" Arquivado 09/05/2016, en Wayback Machine. blog
- ↑ "A miña lingua" blog
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "El triunfo madrileño de una gallega ignorada en su tierra" La Voz de Galicia, 9/5/2005.
- "Idas y revueltas" El País, 19/3/2005.
- "El cinturón traído de Cuba" ABC, 22/6/85.