Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

A camelia, típico arbusto ornamental de Galicia.
A petunia planta ornamental.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén incrementouse nos últimos anos.

Agricultura

editar

A fronteira entre agricultura e xardinaxe sempre foi unha liña moi magra. Moitas veces as plantas de xardín son comestíbeis e combínase a parte estética coa funcional nunha mesma leira. Na agricultura as plantas ornamentais cultívanse normalmente ao aire libre viveiros, cunha protección lixeira baixo plásticos ou en invernadoiros con calefacción ou temperatura controlada. Despois véndense nos centros de xardinaxe. En Galicia salienta a comarca do Baixo Miño coma principal zona de viveiros de ornamentais.

Árbores

editar

Algunhas árbores téñense considerado tamén ornamentais cando se utilizan coma parte dun xardín ou un proxecto paisaxístico, por exemplo polas súas flores, textura, forma ou outras características estéticas. Ás veces tamén se combina a estética con fins madeireiros ou ecolóxicos.

Problemas ecolóxicos

editar
 
A carriza da Pampa, ornamental invasora en Galicia, Alvedro, A Coruña.

(Ver os artigos: Especie invasora, Flora invasora de Galicia)

A domesticación de plantas a grande escala é un factor histórico de degradación da biodiversidade, xerando unha selección artificial de especies, onde algúns seres vivos son protexidos polo ser humano.

Ademais cómpre mencionar que moitas especies foráneas cultivadas pasan a ser ventureiras espallándose pola contorna co conseguinte prexuízo ecolóxico e/ou paisaxístico. Este é o coñecido caso galego do eucalipto, cultivado principalmente con fins madeireiros e naturalizado en toda a beiramar galega. Outras especies ventureiras en Galicia son a acacia negra, a falsa acacia, a mimosa (plantada para fixar noiros), a árbore do ceo, a herba do coitelo (moi plantada coma ornamental nas praias), o carrizo da Pampa (plantada coma ornamental nas autoestradas) ou a flor de sangue ou capuchina.

Razóns de cultivo

editar

As diferentes ornamentais cultívanse por diferentes razóns:

Polo xeral, adoitan carecer de espiñas ou outras estruturas punxentes ou urticantes, agás excepcións coma as roseiras ou algúns espiños. Dáse unha tendencia a empregar flores de gran tamaño e con moitos pétalos, coma o caso da camelia ou dos hibiscos, e de xeito xeral o uso de especies exóticas está potenciado: por exemplo, en Galicia é típico empregar plantas tropicais e mediterráneas máis que as propias oceánicas ou temperadas: araucarias, palmeiras, oliveiras etc.

Tipos de plantas ornamentais

editar
 
Os rododendros (na imaxe Rhododendron ponticum) e azaleas, arbustos ornamentais comúns en Galicia

Galicia

editar

(Ver artigos: Xardíns de Galicia, Xardinaxe#Galicia)

 
Ornamentais no Pazo de Castrelos, Vigo.

En Galicia a xardinaxe tense desenvolvido máis tarde ca noutras zonas de Europa de clima semellante coma Inglaterra. Unha excepción é o paisaxismo que se deu bastante cedo nos senlleiros xardíns dos pazo, incluíndo xa especies exóticas coma: araucarias, cedros, palmeiras, sequoias magnolias, árbores das tulipas e máis tarde as famosas camelias.

Nas vilas galegas tan só se empregaban carballos para sombrear campos de feira e lugares comúns. Nas igrexas e cemiterios si se plantaban teixos, oliveiras e alciprestes coma árbores ornamentais pero tamén con fins espirituais de orixe pagá.

A partir do desenvolvemento das vilas a finais do século XIX introdúcense en Galicia novas especies de sombra en parques, bulevares e xardíns: tileiros, plátanos, castiñeiros das bruxas etc. Xa no século XX introdúcense novas especies ornamentais nas cidades coma liquidámbares, pradairos exóticos, oliveiras, xinkgos, e unha gran variedade de arbustos, gamallos e plantas de flor.

O xardín particular galego carecía practicamente de especies ornamentais, sendo máis ben unha horta con especies útiles, con excepción dalgunhas flores coma hortensias, roseiras ou caraveleiras nas eiras ou par das viñas, moitas veces cultivadas para enfeitar os cemiterios. A mediados-finais do século XX, coincidindo coa mellora da economía e a calidade de vida do pobo, xorde un novo xardín galego caracterizado polo uso de especies exóticas especialmente tropicais e mediterráneas máis que atlánticas, oliveiras, palmeiras, camelias, magnolias e pradairos xaponeses mestúranse con carballos, bidueiros e pradairos propios.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar