Corpo Nacional de Policía

(Redirección desde «Policía Nacional»)

O Corpo Nacional de Policía de España (CNP, en castelán: Cuerpo Nacional de Policía) é un instituto armado de natureza civil dependente do Ministerio do Interior.

Corpo Nacional de Policía
Logo
AcrónimoCNP
Tipopolicía e Polícia Nacional
Data de fundación13 de xaneiro de 1824
Presidente/aFrancisco Pardo (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizMinisterio do Interior
PremiosGarabata da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
SedeCalle de Miguel Ángel, Madrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.policia.es/ e https://www.policia.es/_gl/index.php?idiomaActual=gl
Facebook: PoliciaNacional Twitter: policia Instagram: policianacional Telegram: policianacional Musicbrainz: 0ec56eda-bd02-407b-b6da-3fb84042929a Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Corpo Nacional de Policía, coa súa estrutura e denominación actual ten a súa orixe directa na Constitución de 1978, onde se lle consagran dúas misións básicas: «protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a Seguridade Cidadá».

A partir deste mandato Constitucional, o 13 de marzo de 1986 promulgouse a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade (Lei Orgánica 2/1986) que unificaba os Corpos de Policía Nacional e Corpo Superior de Policía no actual Corpo Nacional de Policía. Eran dous corpos de natureza moi distinta, pois o corpo superior dedicábase á investigación, fronte ao outro corpo, que era fundamentalmente un corpo policial de orde pública. Así pois no Corpo Nacional de Policía integráronse os funcionarios dos Corpos Superior de Policía e de Policía Nacional, que quedaron extinguidos.

As competencias do Corpo Nacional de Policía varían segundo as comunidades autónomas, debido a asunción dalgunhas súas e da Garda Civil por parte dos Mossos d'Esquadra en Cataluña, a Ertzaintza no País Vasco, a Policía Foral en Navarra e a Policía Canaria nas Canarias. En Andalucía, Aragón, Asturias, Galicia e a Comunidade Valenciana hai unidades da Policía Nacional que actúan directa e funcionalmente baixo as ordes das comunidades autónomas ás que están adscritas.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar