Portal:Ópera
Artigo destacado
Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Isolda) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.
A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer. Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica. O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional. A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg. Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX. Imaxe destacada
Este mes
Categorías
Biografía destacada
Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 na Opera Națională Română din Cluj-Napoca en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán, e moitos outros teatros de ópera de Europa e os Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Giacomo Puccini, se ben é considerada a raíz das súas interpretacións de La traviata de Giuseppe Verdi como unha das mellores Violetta do mundo.
Gheroghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu, de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Posteriormente coñeceu ao tenor francés, coa que contraeu matrimonio en 1996, divorciándose del en 2009. Cita destacada
Son destacado
Sabías que...
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|