Portfolio de Galicia

publicación periódica da Coruña (1901-1912)

Portfolio de Galicia foi unha publicación editada na Coruña entre 1901 e 1912.

Portfolio de Galicia
PaísEspaña
LugarA Coruña
Fundación1901
Na rede
BNE: bimo0001325072
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Publicación coleccionable por fascículos que puxo en marcha Pedro Ferrer en decembro de 1901. Foi unha colección de fotografías de Galicia feitas polo propio Pedro Ferrer e outros fotógrafos galegos da época como Francisco Zagala ou Jaime Pacheco. A primeira serie foi editada por El Correo Gallego.[1] O último número desta primeira serie foi o 24, aparecido en a principios de 1904.[2] En 1904 Pedro Ferrer recompilou esta primeira serie e editouna nun volume co título Portfolio Galicia. Naturaleza y Arte.

En abril de 1910 publicouse o primeiro caderno da segunda serie,[3] que continuou polo menos ata o número 16, aparecido en decembro de 1912.[4]

  1. El Correo Gallego, 15-12-1901, p. 1.
  2. El Regional, 25-12-1903, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 13-4-1910, p. 2.
  4. El Eco Franciscano, 15-12-1912, p. 25.