Posidonio
Posidonio (en grego Ποσειδώνιος), nado ca. 135 a.C. e finado en 51 a.C., foi un político, astrónomo, xeógrafo, historiador e filósofo estoico grego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Ποσειδώνιος 135 a. C. Apamea, Siria |
Morte | 51 a. C. (83/84 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | matemático, escritor, físico, filósofo, astrónomo, historiador, xeógrafo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Estoicismo |
Profesores | Panecio de Rodas |
Alumnos | Atenodoro de Tarso (pt) e Jason of Nysa (en) |
Influencias | |
Familia | |
Parentes | Menecrates, xenro Jason of Nysa, neto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Granat Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia grega en Apamea, unha cidade romana sobre o río Orontes, no norte de Siria. Estudou en Atenas con Panecio, cabeza da escola estoica. Arredor do 95 a.C. asentouse en Rodas, o centro intelectual grego da época, onde participou na vida pública e foi embaixador en Roma (87-86 a.C.). Posidonio foi un dos intelectuais gregos que vían a Roma como un poder estabilizador nun mundo turbulento, e as súas conexións coa clase gobernante romana servíronlle para as súas exploracións xeográficas: viaxou por Grecia, Hispania, África, Italia, Sicilia, Dalmacia, Galia, Liguria... Posidonio describe o mundo bárbaro, en especial os celtas da Galia.
Consérvanse, por mediación de Estrabón, breves referencias de Posidonio a Gallaecia, centradas na súa riqueza mineira.