Premio da Crítica Española
certame literario
Os Premios Nacionais da Crítica Española, concedidos anualmente pola Asociación Nacional da Crítica Literaria e que son os únicos que premian as obras editadas nas catro linguas cooficiais españolas (galego, catalán, éuscaro e castelán) durante o ano anterior, concédense de forma ininterrompida en diferentes cidades do Estado desde o ano 1956, cando resultou galardoado o escritor Camilo José Cela, pola súa obra La catira.
Carecen de dotación económica, concédense durante o mes de abril de cada ano tras a deliberación dun xurado integrado por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios e premian dúas modalidades, a narrativa e a poesía:
- Premio da Crítica de narrativa castelá, creado en 1956.
- Premio da Crítica de poesía castelá, creado en 1956.
- Premio da Crítica de narrativa catalá, entregados por primeira vez en 1962, e por segunda en 1976, adquiriron carácter anual en 1978.
- Premio da Crítica de poesía catalá, entregados por primeira vez en 1962, e por segunda en 1976, adquiriron carácter anual en 1978.
- Premio da Crítica de narrativa galega, creado en 1976.
- Premio da Crítica de poesía galega, creado en 1976.
- Premio da Crítica de narrativa en éuscaro, creado en 1978.
- Premio da Crítica de poesía en éuscaro, creado en 1978.