27ª edición dos Óscar
A 27.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 30 de marzo de 1955 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Bob Hope e Thelma Ritter.
A lei do silencio igualou o récord de oito premios de Foise co vento e From Here to Eternity e foi o primeiro filme que conseguiu tres candidaturas ao mellor actor secundario. Dorothy Dandridge foi a primeira actriz afroamericana candidata á mellor actriz.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]
Oscar honorífico
editar- Bausch and Lomb Optical "polas súas contribucións ao avance da industria cinematográfica"
- Kemp R. Niver "polo desenvolvemento do Renovare Process que fixo posible a restauración da colección cinematográfica da Biblioteca do Congreso"
- Greta Garbo "polas súas inesquecibles interpretacións da pantalla"
- Danny Kaye "polos seus talentos únicos, o seu servizo á Academia, á industria cinematográfica e ao pobo americano"
- Jon Whiteley e Vincent Winter "polas súas destacadas interpretacións xuvenís en The Little Kidnappers"
Controversias
editarBrando recibiu o seu primeiro Óscar pola súa interpretación en A lei do silencio fronte ao favorito Bing Crosby. Porén, hoxe considérase que a vitoria de Brando é das máis merecidas da historia dos Óscar.[2] Logrou o premio na cuarta candidatura consecutiva, un récord non igualado.
Aínda máis sorprendente foi que Grace Kelly gañase o premio á mellor actriz. Judy Garland, a gran favorita por A Star Is Born, non puido asistir á cerimonia porque acababa de dar a luz o seu terceiro fillo. Leváronse cámaras ao seu cuarto para que puidese dar as grazas pola súa vitoria. Groucho Marx envioulle posteriormente un telegrama dicindo que a súa derrota era "o maior roubo dende o de Brink's".[3]
Outra gran sorpresa foi a vitoria da canción homónima do filme de 20th Century Fox Three Coins in the Fountain en lugar de "The Man That Got Away" de A Star Is Born.
Notas
editar- ↑ "The 27th Academy Awards (1955) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-20.
- ↑ Premiere. "100 Greatest Performances of All Time: 24-1". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 2008-12-23.
- ↑ The Biographicon. "Judy Garland – Biography". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-14. Consultado o 2009-09-06.
Predecesor: 26ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 27ª edición dos Óscar |
Sucesor: 28ª edición dos Óscar |