Primeira división española de fútbol

máxima categoría da liga española de fútbol masculino
(Redirección desde «Primeira división española»)

O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española de fútbol
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorLiga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor en Wikidata
Parte deLigas de fútbol de España e Liga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda División Española Editar o valor en Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1929 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostomaio Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosReal Madrid CF (36), 2024 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallaliga.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: LaLiga Twitter: LaLiga Instagram: laliga VK: laliga LinkedIn: laliga Youtube: UCTv-XvfzLX3i4IGWAm4sbmA TikTok: laliga Editar o valor en Wikidata

A Primeira División é, xunto coa Segunda División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP. Está considerada unha das cinco grandes ligas europeas[1], ocupando o primeiro posto do coeficiente UEFA por diante da Premier League inglesa, a Serie A italiana, a Bundesliga alemá e a Ligue 1 francesa. Por outra parte, é considerada como a mellor liga do mundo segundo o ránking anual oficial da IFFHS[2], posto que ocupa de manera consecutiva dende 2010. É, ademais, o segundo campionato nacional con máis títulos en competicións internacionais a nivel mundial e o primeiro de Europa, cun total de 78 títulos conseguidos por 9 clubs.

Un total de 63 equipos pasaron pola categoría ao longo da súa historia, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 34 e 26 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid (11), Athletic (8), Valencia (6), Real Sociedad (2) e Deportivo, Sevilla e Betis (1).

Historia

editar

Arranque e primeiras décadas

editar

En abril de 1927, José María Acha, adestrador do Arenas Club de Getxo, propuxo a creación dunha liga nacional en España. Despois de moito debate sobre o tamaño da liga e quen ía participar, a Real Federación Española de Fútbol chegou a un acordo sobre os dez equipos que formarían a primeira tempada da Primeira División en 1929. Barcelona, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Real Sociedad, Arenas de Getxo e Real Unión foron seleccionados como gañadores anteriores da Copa de España; Atlético de Madrid, Espanyol e Europa como subcampións, e o Racing de Santander, como gañador dunha eliminatoria. Só tres dos clubs fundadores, Real Madrid, Barcelona e Athletic, nunca baixaron a Segunda División.

Aínda que o Barcelona gañou a primeira liga en 1929 e o Real Madrid gañou os seus primeiros títulos en 1932 e 1933, foi o Athletic de Bilbao, o que definiu o ritmo inicial gañador da Primeira División, proclamándose campión en 1930, 1931, 1934 e 1936. Ademais foron subcampións en 1932 e 1933. En 1935, o Real Betis, entón coñecido como Betis Balompié, gañou o seu único título ata hoxe. A Primeira División foi suspendida durante a Guerra civil española.

En 1937, os equipos da zona republicana de España, coa excepción notábel dos dous clubs de Madrid, participaron no campionato Mediterráneo e o FC Barcelona proclamouse campión. Setenta anos despois, o 28 de setembro de 2007, o Barcelona solicitou á RFEF recoñecer ese título como un título da Liga. Esta acción foi tomada logo de que a federación concedera a Copa da España Libre gañada polo Levante UD en 1937 como equivalente á Copa do Rei.

Cando a Primeira División continuou despois da Guerra civil foron Atlético Aviación (actual Atlético de Madrid), Valencia e Sevilla os equipos máis fortes na categoría. O Atlético Aviación foi premiado cun posto na tempada 1939-40 como substituto para o Real Oviedo, cuxo estadio quedou danado durante a guerra. O equipo proclamouse campión nesa tempada e repetiu título na seguinte. O Valencia gañou os títulos de 1942, 1944 e 1947. Ademais foron subcampións en 1948 e 1949. Finalmente, o Sevilla tamén tivo unha breve época dourada, rematando como subcampión en 1940 e 1942, antes de gañar o seu único título ata a data, en 1946. A finais da década, o Barcelona comezou a emerxer e conseguiu os títulos de 1945, 1948 e 1949.

O inicio do dominio dos dous grandes

editar

A pesar de que o Atlético Aviación de Helenio Herrera foi campión en 1950 e 1951, a década de 1950 viu o inicio do dominio de Real Madrid e Barcelona. Nas primeiras décadas da liga, había impostos polas fichaxes de estranxeiros, e eran poucos os xogadores de fóra de España que xogaban na Liga. Con todo, o Real Madrid e o Barcelona romperon estas regras. Inspirado por Kubala, o Barça conseguiu o título en 1952 e 1953. Di Stéfano, Puskás e Paco Gento formaron o núcleo do Real Madrid que dominou a segunda metade da década. O club gañou os títulos de 1954 e 1955. O equipo foi tamén vencedor en 1957 e 1958, só interrompido por unha liga gañada polo Athletic Club. Durante este período, o Real Madrid tamén gañou cinco títulos europeos consecutivos. O Barcelona, cun equipo adestrado por Helenio Herrera e co galego Luis Suárez gañou o título en 1959 e 1960.

Entre 1961 e 1980, o Real Madrid dominou a Primeira División sendo coroado campión en 14 ocasións. Isto inclúe un período de cinco ligas consecutivas (1961-1965) e dous de tres (1967-1969 e 1978-1980). Durante esta época só destacaron os catro títulos do Atlético de Madrid en 1966, 1970, 1973 e 1977. Outros dous clubs, o Valencia en 1971 e o Barcelona con Johan Cruyff en 1974 conseguiron romper o dominio do Real Madrid.

As ligas vascas, a Quinta del Buitre e o Dream Team

editar

A secuencia gañadora do Real Madrid foi pechada de forma máis significativa en 1981, cando a Real Sociedad gañou o primeiro título da súa historia. O equipo donostiarra repetiu en 1982 e logo viñeron dúas ligas gañadas polos seus veciños vascos, o Athletic de Bilbao, en 1983 e 1984. Terry Venables levou ó Barcelona a un título solitario en 1985, antes de que o Real Madrid vencera novamente cinco consecutivas (1986-1990) cun equipo, adestrado por Leo Beenhakker, e con Hugo Sánchez e a lendaria Quinta del Buitre, formada por Emilio Butragueño, Manolo Sanchís, Martín Vázquez, Míchel e Miguel Pardeza.

Johan Cruyff regresou ó Barcelona como adestrador en 1988, e montou o lendario Dream Team. Cruyff introduciu xogadores como Guardiola, José Mari Bakero, Txiki Begiristain, Goikoetxea, Ronald Koeman, Michael Laudrup, Romário e Hristo Stoichkov. Este equipo gañou catro ligas consecutivas entre 1991 e 1994 e gañou a súa primeira Copa de Europa en 1992. Laudrup marchou entón ao eterno rival e acabou a grande época de Cruyff. O Atlético de Madrid gañou a súa novena liga en 1996, antes de que o Real Madrid engadira un trofeo máis á súa historia, en 1997. Despois do éxito de Cruyff, outro neerlandés, Louis van Gaal, chegou ao Camp Nou, e co talento de Luís Figo, Luis Enrique e Rivaldo, o Barcelona volveu gañar o título en 1998 e 1999. Mentres tanto, o Real Madrid tamén tivo éxito na competición continental, sendo gañador da Liga de Campións en 1998.

Século XXI

editar
 
Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o FC Barcelona na tempada 2016-17.

Cando a Primeira División entrou no novo século, os dous grandes tiveron que afrontar novos retos. Entre 1993 e 2004, o Deportivo da Coruña rematou entre os tres primeiros en dez ocasións, unha marca mellor que calquera Real Madrid ou Barcelona, e en 2000, con Javier Irureta como adestrador, converteuse no noveno equipo en ser campión. O Real Madrid gañou dous títulos de Liga en 2001 e 2003 e tamén a final da Liga de Campións en 2000 e 2002, e gañou o seu terceiro título de liga en 2007, tras unha seca de tres anos. O equipo branco atopou no Valencia ao seu máximo competidor nas dúas competicións. Baixo a dirección de Héctor Cúper, o Valencia chegou á final da Liga de Campións en 2000 e 2001. O seu sucesor, Rafael Benítez, levou ao club ao título de Liga en 2002 e a facer un dobrete de Liga e Copa da UEFA en 2004. A tempada 2004-05 viu un rexurdimento do FC Barcelona con Ronaldinho gañando a primeira liga da década, seguida dun dobrete de Liga e Champions en 2005-06. O Real Madrid gañou a liga nas tempadas 2006-07 e 2007-08, na que o Villarreal foi subcampión. O Barcelona gañou novamente a liga na tempada 2008-09, na que tamén conseguiu o resto de copas, sendo o primeiro equipo da historia en gañar tódalas competicións nun mesmo ano. Na tempada 2009-10 gañou a súa 20ª liga cunha marca histórica de 99 puntos, e na tempada seguinte volveu repetir, sendo a terceira liga consecutiva para os blaugranas. Na tempada 2011-12, o Real Madrid gañou a liga con 100 puntos, superando o récord conseguido polo Barça a tempada anterior. Na tempada 2012-13, o FC Barcelona gaña novamente a liga igualando os 100 puntos do equipo madrileño da tempada anterior.

Sistema de competición

editar

A Primeira División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Segunda División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por vinte equipos, pertencentes a clubs de fútbol ou sociedades anónimas deportivas (SAD). Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:

  1. O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que teña a maior diferenza de goles a favor tendo en conta todos os obtidos e recibidos no transcurso da competición.
  3. Se continúan empatados, gaña o que máis goles a favor teña.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
  5. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de xogo limpo.

Efectos da clasificación

editar
Posto Clasificación
Clasificados para a fase de grupos da Liga de Campións
Clasificado para o play-off da Liga Europa
Clasificado para a terceira rolda da Liga Europa
7º-17º
18º Descenden a Segunda División
19º
20º

O equipo que máis puntos suma ao final do campionato é proclamado campión de liga e obterá o dereito automático a participar na fase de grupos da seguinte edición da Liga de Campións da UEFA (Champions League), xunto co subcampión, o terceiro clasificado e o cuarto clasificado. O quinto clasificado obterá o dereito a participar na rolda de play-off da próxima Liga Europa da UEFA (UEFA Europa League) e, o sexto, na terceira eliminatoria da mesma. Se na Copa do Rei o campión está clasificado para a Liga de Campións, o sétimo clasificado obterá o dereito para xogar a terceira rolda previa da seguinte edición da Liga Europa. Ademais, o campión e o subcampión da liga disputan a Supercopa de España, enfrontándose aos finalistas da Copa do Rei desa mesma tempada.

Os tres últimos equipos descenderán á Segunda División e, desta, ascenderán reciprocamente os dous primeiros clasificados e un terceiro vencedor dun sistema de eliminatorias, substituíndo así aos equipos que descendan. O terceiro ascenso desde Segunda División determinado polo sistema de eliminatorias será o vencedor dunha final composta entre o gañador da eliminatoria entre o terceiro e sexto mellor clasificados, e o gañador da eliminatoria entre o cuarto e quinto mellor clasificados. As eliminatorias xogaranse na ida no campo do peor clasificado na competición regular. Este sistema foi introducido na tempada 2010/11, mentres que anteriormente ascendía directamente o terceiro mellor clasificado.

Ata a tempada 1998/99, os dous últimos clasificados descendían directamente a Segunda, e o 17º e o 18º xogaban unha promoción na que se enfrontaban ao terceiro e cuarto clasificado de Segunda División, respectivamente. Os vencedores deses partidos lograban xogar na Primeira División a tempada seguinte e os perdedores tiñan que conformarse con xogar en Segunda.

Na tempada 1986/87, chegouse a xogar un sistema de eliminatorias que, ao termo da tempada regular, dividiu aos equipos en tres grupos de seis conxuntos cada un, conforme á clasificación que obtiveran tras as 34 xornadas ordinarias. Seis loitaron polo título, seis pola Copa da Liga, e os seis loitaron por eludir o descenso. Os puntos conseguidos nas eliminatorias sumáronse aos alcanzados na liga regular.

Inscrición de futbolistas

editar

Os clubs poden aliñar aos futbolistas que previamente sexan inscritos, dispondo dun máximo de 25 fichas federativas. Destas, só tres poden corresponder a futbolistas estranxeiros non comunitarios, é dicir, xogadores cuxa nacionalidade non corresponda aos países da Unión Europea. Nos partidos, estes tres extracomunitarios poden aliñarse simultaneamente.

Existen dous períodos abertos para a inscrición de futbolistas: o primeiro, antes de iniciarse a competición (meses de xullo e agosto) e o segundo a metade de tempada (durante o mes de xaneiro). Fóra destes períodos só se autorizan inscricións, de forma excepcional, se un xogador causa baixa por lesión cun período de inactividade estimado de máis de cinco meses.

Á marxe dos 25 futbolistas profesionais inscritos, os clubs poden aliñar aos xogadores da súa filial e categorías inferiores de forma ilimitada se estes son menores de vinte e tres anos e non teñen licenza profesional. Se, pola contra, son maiores de vinte e tres anos, o regulamento impídelles volver actuar nun equipo de categoría inferior se disputan máis de dez partidos en Primeira División.

Participación de estranxeiros

editar

Inicialmente non estaba autorizada a participación de estranxeiros na Liga; só podían competir os chamados "oriúndos", estranxeiros que se nacionalizaban ou que acreditaban ter antecedentes familiares españois. A "normativa dos oriúndos", con todo, foi obxecto de moitas polémicas e orixe de corruptelas. Por iso, aboliuse finalmente en 1974 e autorizouse a participación de dous estranxeiros por club, feito que incrementou a calidade e atractivo da Liga, comezando coa fichaxe de Johan Cruyff polo FC Barcelona.

Nos anos 1990 autorizouse a participación dun terceiro estranxeiro por equipo, e posteriormente dun cuarto, coa condición de que só tres coincidisen á vez sobre o terreo de xogo. Coa "Sentenza Bosman" de 1995, que abriu as portas da Liga a todos os europeos, reducíronse a tres as prazas de extracomunitarios por club, para protexer os intereses dos xogadores españois.

Déronse varios casos de equipos (máis ben de adestradores) que "omitiron" esta norma. Na tempada 2003-2004 o adestrador do Racing de Santander, Lucas Alcaraz, aliñou na cancha, durante 2 minutos, a 4 extracomunitarios á vez no partido disputado ante Osasuna o 14 de decembro do 2003[3]. Esta acción valeulle ao Racing perder o punto obtido en devandito partido e unha sanción económica, ademais dunha suspensión ao técnico cántabro[4]. Outros casos similares ocorreron na tempada 98-99, con Jorge Valdano en dúas ocasións, unha co Real Madrid en 1994 e a segunda nun partido entre o Valencia CF e o Racing de Santander[5] e con Sergio Kresic nun encontro entre o Real Valladolid e o Real Betis. En outubro do 2001, Rafael Benítez cometeu un erro similar, pero nun partido pola Copa do Rei entre o Valencia CF e o Novelda CF, ao aliñar a 4 extacomunitarios no último minuto [6].

Non existe nin existiu normativa que condicione a nacionalidade dos adestradores.

Xustiza deportiva

editar

As cuestións de xustiza deportiva son competencia da Real Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.

Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.

Participantes

editar
Véxase tamén: Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol

Ao longo da historia da competición participaron 63 equipos diferentes, pero só tres permaneceron en Primeira división desde a súa primeira tempada. Os únicos clubs que disputaron todas as tempadas da Liga, sempre en Primeira División, son o Real Madrid, o FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao. Estes tres, xunto con Osasuna, son os únicos que seguen sendo entidades deportivas propiedade dos seus socios, e non Sociedades Anónimas Deportivas propiedade de accionistas.

Ademais dos tres equipos antes mencionados que sempre xogaron en Primeira División, só hai outros seis equipos en España que nunca participasen nunha categoría inferior á Segunda División, participando tamén por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.

Dende a tempada 1997-98 hai 20 equipos no torneo. Aínda que nos primeiros anos só participaban 10 equipos, máis adiante foise incrementando paulatinamente a cifra ata os actuais 20 equipos, aínda que se chegou ata aos 22 durante as tempadas 1995-96 e 1996-97.

Tempada 2024-25

editar
Equipo Cidade Estadio Tempadas en 1ª
Alavés   Vitoria-Gasteiz Mendizorrotza 18
Athletic Club   Bilbao San Mamés 94
Atlético de Madrid   Madrid Cívitas Metropolitano 88
Barcelona   Barcelona Camp Nou 94
Betis   Sevilla Benito Villamarín 59
Celta de Vigo   Vigo Abanca-Balaídos 59
Espanyol   Barcelona Cornellá - El Prat 87
Getafe   Xetafe Coliseum Alfonso Pérez 21
Girona   Xirona Montilivi 6
Las Palmas   As Palmas de Gran Canaria Gran Canaria 36
Leganés   Leganés Butarque 5
Mallorca   Palma Son Moix 32
Osasuna   Pamplona El Sadar 42
Rayo Vallecano   Madrid Vallecas 22
Real Madrid   Madrid Santiago Bernabéu 94
Real Sociedad   Donostia Reale Arena 78
Real Valladolid   Valladolid José Zorrilla 47
Sevilla   Sevilla Sánchez Pizjuán 80
Valencia   Valencia Mestalla 90
Villarreal   Vila-real Estadio de la Cerámica 25

Equipos galegos

editar

Un total de 4 equipos galegos pasaron pola Primeira División na súa historia: Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, SD Compostela e Pontevedra CF. Deles, o Deportivo foi o único que se proclamou campión, na tempada 1999-00.

Posto histórico Equipo Tempadas Mellor posto Última tempada Puntos PX PG PE PP GF GC
11º Celta de Vigo 57 4º (2002-03) 2022-23 2058 1926 653 457 816 2568 2949
12º Deportivo da Coruña 45 1º (1999-00) 2017-18 1843 1568 569 403 596 2090 2269
40º SD Compostela 4 10º (1995-96) 1997-98 190 160 52 45 63 199 241
44º Pontevedra CF 6 7º (1965-66) 1969-70 150 180 53 44 83 165 221
Actualizado ata o final da tempada 2022-23.
PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Historial

editar
Temp. PX Campión Pts Subcampión Pts Terceiro Pts Pichichi G Zamora G
1928-29 10 18 FC Barcelona (1ª) 25 Real Madrid 23 Athletic 20   Bienzobas 14   Zamora 24
1929-30 10 18 Athletic (1ª) 30 FC Barcelona 23 Arenas Getxo 20   Gorostiza 19   Blasco 20
1930-31 10 18 Athletic (2ª) 22 Racing 22 Real Sociedad 22   Bata 27   Zarraonaindia 27
1931-32 10 18 Real Madrid (1ª) 28 Athletic 25 FC Barcelona 24   Gorostiza 12   Zamora 15
1932-33 10 18 Real Madrid (2ª) 28 Athletic 26 RCD Espanyol 22   Olivares 16   Zamora 17
1933-34 10 18 Athletic (3ª) 24 Real Madrid 22 Racing de Santander 19   Lángara 27   Blasco 21
1934-35 12 22 Real Betis (1ª) 34 Real Madrid 33 Real Oviedo 26   Lángara 26   Urquiaga 19
1935-36 12 22 Athletic (4ª) 31 Real Madrid 29 Real Oviedo 28   Isidro Lángara 27   Blasco 30
1939-40 12 22 At.Aviación (1ª) 29 Sevilla FC 28 Athletic 26   Unamuno 26   Tabales 29
1940-41 12 22 At. Aviación (2ª) 33 Athletic 31 Valencia CF 27   Pruden 30   Echevarría 21
1941-42 14 26 Valencia CF (1ª) 40 Real Madrid 33 At.Aviación 33   Mundo 27   Acuña 37
1942-43 14 26 Athletic (5ª) 36 Sevilla FC 33 FC Barcelona 32   M. Martín 32   Acuña 31
1943-44 14 26 Valencia CF (2ª) 40 At.Aviación 34 Sevilla FC 32   Mundo 27   Eizaguirre 32
1944-45 14 26 FC Barcelona (2ª) 39 Real Madrid 38 At. Aviación 31   Zarra 19   Eizaguirre 28
1945-46 14 26 Sevilla FC (1ª) 36 FC Barcelona 35 Athletic 33   Zarra 24   Bañón 29
1946-47 14 26 Valencia CF (3ª) 34 Athletic 34 Atlético 32   Zarra 34   Lezama 29
1947-48 14 26 FC Barcelona (3ª) 37 Valencia CF 34 Atlético 33   Pahiño 23   Velasco 31
1948-49 14 26 FC Barcelona (4ª) 37 Valencia CF 35 Real Madrid 34   César 29   Domingo 28
1949-50 14 26 Atlético (3ª) 33 Deportivo 32 Valencia CF 31   Zarra 25   Acuña 29
1950-51 16 30 Atlético (4ª) 40 Sevilla FC 38 Valencia CF 37   Zarra 38   Acuña 36
1951-52 16 30 FC Barcelona (5ª) 43 Athletic 40 Real Madrid 38   Pahiño 28   Ramallets 40
1952-53 16 30 FC Barcelona (6ª) 42 Valencia CF 40 Real Madrid 39   Zarra 24   Domingo 34
1953-54 16 30 Real Madrid (3ª) 40 FC Barcelona 36 Valencia CF 34     Di Stéfano 27   Menéndez 22
1954-55 16 30 Real Madrid (4ª) 46 FC Barcelona 41 Athletic 39   Arza 28   Juanito Alonso 24
1955-56 16 30 Athletic (6ª) 48 FC Barcelona 47 Real Madrid 38     Di Stéfano 24   Ramallets 24
1956-57 16 30 Real Madrid (5ª) 44 Sevilla FC 39 FC Barcelona 39     Di Stéfano 31   Ramallets 35
1957-58 16 30 Real Madrid (6ª) 45 Atlético 42 FC Barcelona 38     Di Stéfano
  Ricardo
  Badenes
19   Goyo 28
1958-59 16 30 FC Barcelona (7ª) 51 Real Madrid 47 Athletic 36     Di Stéfano 23   Ramallets 23
1959-60 16 30 FC Barcelona (8ª) 46 Real Madrid 46 Athletic 39     Puskás 26   Ramallets 24
1960-61 16 30 Real Madrid (7ª) 52 Atlético 40 Real Zaragoza 33     Puskás 27   Vicente 25
1961-62 16 30 Real Madrid (8ª) 43 FC Barcelona 40 Atlético 36   Seminario 25   Araquistáin 19
1962-63 16 30 Real Madrid (9ª) 49 Atlético 37 Real Oviedo 33     Puskás 26   Vicente 26
1963-64 16 30 Real Madrid (10ª) 46 FC Barcelona 42 Betis 37     Puskás 20   Vicente 10
1964-65 16 30 Real Madrid (11ª) 47 Atlético 43 Real Zaragoza 40   Cayetano Re 25   Betancort 15
1965-66 16 30 Atlético (5ª) 44 Real Madrid 43 FC Barcelona 38   Vavá 19   Pesudo 15
1966-67 16 30 Real Madrid (12ª) 47 FC Barcelona 42 RCD Espanyol 37   Waldo 24   Betancort 15
1967-68 16 30 Real Madrid (13ª) 42 FC Barcelona 39 Las Palmas 38   Uriarte 22   Junquera 19
1968-69 16 30 Real Madrid (14ª) 47 Las Palmas 38 FC Barcelona 36   Amancio
    Gárate
14   Sadurní 18
1969-70 16 30 Atlético (6ª) 42 Athletic 41 Sevilla FC 35   Amancio
    Gárate
  Luis
16   Iribar 20
1970-71 16 30 Valencia CF (4ª) 43 FC Barcelona 43 Atlético 42   Rexach

    Gárate

17   A. Abelardo 19
1971-72 18 34 Real Madrid (15ª) 47 Valencia CF 45 FC Barcelona 43   Porta 20   Deusto 17
1972-73 18 34 Atlético (7ª) 48 FC Barcelona 46 RCD Espanyol 45   Marianín 19   Reina 21
1973-74 18 34 FC Barcelona (9ª) 50 Atlético 42 Real Zaragoza 40   Quini 20   Sadurní 22
1974-75 18 34 Real Madrid (16ª) 50 Real Zaragoza 38 FC Barcelona 37   Carlos 19   Sadurní 19
1975-76 18 34 Real Madrid (17ª) 48 FC Barcelona 43 Atlético 42   Quini 18   Miguel Ángel 23
1976-77 18 34 Atlético (8ª) 46 FC Barcelona 45 Athletic 38   Kempes 24   Reina 29
1977-78 18 34 Real Madrid (18ª) 47 FC Barcelona 41 Athletic 40   Kempes 28   Artola 23
1978-79 18 34 Real Madrid (19ª) 47 Sporting 43 Atlético 41   Krankl 29   Manzanedo 23
1979-80 18 34 Real Madrid (20ª) 53 Real Sociedad 52 Sporting 39   Quini 24   Arconada 20
1980-81 18 34 Real Sociedad (1ª) 45 Real Madrid 45 Atlético 42   Quini 20   Arconada 29
1981-82 18 34 Real Sociedad (2ª) 47 FC Barcelona 45 Real Madrid 44   Quini 26   Arconada 33
1982-83 18 34 Athletic (7ª) 50 Real Madrid 49 Atlético 46   Rincón 22   Agustín 22
1983-84 18 34 Athletic (8ª) 49 Real Madrid 49 FC Barcelona 48   Juanito
  Da Silva
17   Urruti 26
1984-85 18 34 FC Barcelona (10ª) 53 Atlético 43 Athletic 41   H.Sánchez 19   Ablanedo 22
1985-86 18 34 Real Madrid (21ª) 56 FC Barcelona 45 Athletic 43   H.Sánchez 22   Ablanedo 27
1986-87 18 44* Real Madrid (22ª) 66 FC Barcelona 63 RCD Espanyol 51   H.Sánchez 34   Zubizarreta 29
1987-88 20 38 Real Madrid (23ª) 62 Real Sociedad 51 Atlético 48   H. Sánchez 29   Buyo 23
1988-89 20 38 Real Madrid (24ª) 62 FC Barcelona 57 Valencia CF 49   Baltazar 35   Ochotorena 25
1989-90 20 38 Real Madrid (25ª) 62 Valencia CF 53 FC Barcelona 51   H. Sánchez 38   Ablanedo 25
1990-91 20 38 FC Barcelona (11ª) 57 Atlético 47 Real Madrid 46   Butragueño 19   Abel 17
1991-92 20 38 FC Barcelona (12ª) 55 Real Madrid 54 Atlético 53   Manolo 27   Buyo 27
1992-93 20 38 FC Barcelona (13ª) 58 Real Madrid 57 Deportivo 54   Bebeto 29   Francisco Liaño
  Cañizares
31
30
1993-94 20 38 FC Barcelona (14ª) 56 Deportivo 56 Real Zaragoza 46   Romário 30   Francisco Liaño 18
1994-95 20 38 Real Madrid (26ª) 55 Deportivo 51 Betis 46   Zamorano 28   Jaro 25
1995-96 22 42 Atlético (9ª) 87 Valencia CF 83 FC Barcelona 80     Pizzi 31   Molina 32
1996-97 22 42 Real Madrid (27ª) 92 FC Barcelona 90 Deportivo 77   Ronaldo 34   Jacques Songo'o 28
1997-98 20 38 FC Barcelona (15ª) 74 Athletic 65 Real Sociedad 63   Vieri 24   Toni 31
1998-99 20 38 FC Barcelona (16ª) 79 Real Madrid 68 RCD Mallorca 66   Raúl 25   Roa 29
1999-00 20 38 Deportivo (1ª) 69 FC Barcelona 64 Valencia CF 64   Salva 27   Martín Herrera 37
2000-01 20 38 Real Madrid (28ª) 80 Deportivo 73 RCD Mallorca 71   Raúl 24   Cañizares 34
2001-02 20 38 Valencia CF (5ª) 75 Deportivo 68 Real Madrid 66   Tristán 21   Cañizares 23
2002-03 20 38 Real Madrid (29ª) 78 Real Sociedad 76 Deportivo 72   Makaay 29   Cavallero 27
2003-04 20 38 Valencia CF (6ª) 77 FC Barcelona 72 Deportivo 71   Ronaldo 24   Cañizares 25
2004-05 20 38 FC Barcelona (17ª) 84 Real Madrid 80 Villarreal 65   Diego Forlán 25   V. Valdés 25
2005-06 20 38 FC Barcelona (18ª) 82 Real Madrid 70 Valencia CF 69   Samuel Eto'o 26   Pinto 28
2006-07 20 38 Real Madrid (30ª) 76 FC Barcelona 76 Sevilla FC 71   Ruud van Nistelrooy 25   Abbondanzieri 30
2007-08 20 38 Real Madrid (31ª) 85 Villarreal 77 FC Barcelona 67   Dani Güiza 27   Iker Casillas 32
2008-09 20 38 FC Barcelona (19ª) 87 Real Madrid 78 Sevilla FC 70   Diego Forlán 32   V. Valdés 31
2009-10 20 38 FC Barcelona (20ª) 99 Real Madrid 96 Valencia CF 71   Messi 34   V. Valdés 24
2010-11 20 38 FC Barcelona (21ª) 96 Real Madrid 92 Valencia CF 71   Cristiano Ronaldo 41   V. Valdés 16
2011-12 20 38 Real Madrid (32ª) 100 FC Barcelona 91 Valencia CF 61   Messi 50   V. Valdés 28
2012-13 20 38 FC Barcelona (22ª) 100 Real Madrid 85 Atlético 76   Messi 46   Thibaut Courtois 29
2013-14 20 38 Atlético (10ª) 90 FC Barcelona 87 Real Madrid 87   Cristiano Ronaldo 31   Thibaut Courtois 24
2014-15 20 38 FC Barcelona (23ª) 94 Real Madrid 92 Atlético 78   Cristiano Ronaldo 48   Claudio Bravo 19
2015-16 20 38 FC Barcelona (24ª) 91 Real Madrid 90 Atlético 88   Luis Suárez 48   Jan Oblak 18
2016-17 20 38 Real Madrid (33ª) 93 FC Barcelona 90 Atlético 78   Messi 37   Jan Oblak 21
2017-18 20 38 FC Barcelona (25ª) 93 Atlético 79 Real Madrid 76   Messi 34   Jan Oblak 22
2018-19 20 38 FC Barcelona (26ª) 87 Atlético 76 Real Madrid 68   Messi 36   Jan Oblak 27
2019-20 20 38 Real Madrid (34ª) 87 FC Barcelona 82 Atlético 70   Messi 25   Thibaut Courtois 20
2020-21 20 38 Atlético (11ª) 86 Real Madrid 84 FC Barcelona 79   Messi 30   Jan Oblak 25
2021-22 20 38 Real Madrid (35ª) 86 FC Barcelona 73 Atlético 71   Karim Benzema 27   Yassine Bounou 24
2022-23 20 38 FC Barcelona (27ª) 88 Real Madrid 78 Atlético 77   Lewandowski 23   Ter Stegen 18

Palmarés

editar

A pesar de que 63 equipos diferentes disputaron a Primeira División, ata agora só foron capaces de gañar o torneo nove clubs: Real Madrid en 34 ocasións; FC Barcelona, en 26; Atlético de Madrid, en 11; Athletic de Bilbao, en 8; Valencia CF, en 6; Real Sociedad, en 2 e Real Betis, Sevilla FC e Deportivo da Coruña, nunha.

Aínda así, dous equipos, Barcelona e Real Madrid, acapararon 31 dos últimos 37 campionatos de liga. Esta hexemonía repítese noutras ligas internacionais, a liga portuguesa, onde Benfica e Porto foron campións en 35 das últimas 39 tempadas; a liga exipcia, onde destaca o Al-Ahly con 42 dos 62 campionatos; a Premier League escocesa, onde Celtic e Rangers reúnen 106 dos 124 títulos (incluíndo os últimos 36); a Serie A italiana, na que Inter e Juventus suman 15 dos últimos 16 títulos; ou a Bundesliga alemá, con 17 dos últimos 23 títulos para o Bayern München.

Por equipos

editar
Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Real Madrid 35 25 1931-32, 1932-33, 1953-54, 1954-55, 1956-57, 1957-58, 1960-61, 1961-62, 1962-63, 1963-64, 1964-65, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1971-72, 1974-75, 1975-76, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1994-95, 1996-97, 2000-01, 2002-03, 2006-07, 2007-08, 2011-12, 2016-17, 2019-20 e 2021-22
2 FC Barcelona 27 27 1928-29, 1944-45, 1947-48, 1948-49, 1951-52, 1952-53, 1958-59, 1959-60, 1973-74, 1984-85, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1993-94, 1997-98, 1998-99, 2004-05, 2005-06, 2008-09, 2009-10, 2010-11, 2012-13, 2014-15, 2015-16, 2017-18, 2018-19 e 2022-23
3 Atlético de Madrid1 11 10 1939-40, 1940-41, 1949-50, 1950-51, 1965-66, 1969-70, 1972-73, 1976-77, 1995-96, 2013-14 e 2020-21
4 Athletic Club 8 8 1929-30, 1930-31, 1933-34, 1935-36, 1942-43, 1955-56, 1982-83 e 1983-84
5 Valencia 6 6 1941-42, 1943-44, 1946-47, 1970-71, 2001-02 e 2003-04
6 Real Sociedad 2 3 1980-81 e 1981-82
7 Deportivo 1 5 1999-00
8 Sevilla 1 4 1945-46
9 Betis 1 0 1934-35
10 Racing de Santander 0 1
Las Palmas 0 1
Sporting de Gijón 0 1
Zaragoza 0 1
Villarreal 0 1
1. Inclúe os datos do Atlético Aviación.

Trofeos en propiedade

editar

O trofeo da Liga entrégase ao club campión, que a conserva durante un ano, ata cedela ao campión da seguinte edición. Logo de devolvela, os clubs só poden exhibir nas súas vitrinas unha copia a escala reducida do orixinal. Con todo, o equipo que consegue gañar en cinco ocasións alternas ou tres consecutivas o mesmo trofeo, queda con el en propiedade; e comézase un novo ciclo pondo todos os contadores de títulos a cero (é dicir, os títulos conseguidos anteriormente por outros equipos non son acumulables). A partir da tempada 2011-12 estará en disputa o undécimo trofeo, habéndose repartido tres clubs a propiedade dos dez anteriores:

  • O Real Madrid é propietario de 5 trofeos de liga, do terceiro (1953-61) ao sétimo (1979-88).
  • O FC Barcelona é propietario de 4 trofeos, o segundo (1943-53), oitavo (1988-93), noveno (1993-2006) e décimo (2007-2011).
  • O Athletic Club gañou en propiedade o primeiro trofeo (disputado entre 1929 e 1943).

Estatísticas

editar

Equipos

editar

Partidos consecutivos:

Máis goles:

Xogadores

editar
 
Andoni Zubizarreta, o xogador que máis partidos de liga disputou
Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis partidos   Andoni Zubizarreta
622 partidos
  Raúl González
550 partidos
  Joaquín Sánchez
544 partidos
Máis goles   Messi
438 goles en 474 partidos
  Cristiano Ronaldo
311 goles en 292 partidos
  Zarra
251 goles en 277 partidos
Máis títulos   Gento
12 ligas en 19 tempadas
  Messi
10 ligas en 15 tempadas
  Pirri
10 ligas en 17 tempadas
Goleador máis novo   Fabrice Olinga
16 anos e 98 días
  Iker Muniain
16 anos e 289 días
  Ansu Fati
16 anos e 304 días
Goleador con máis idade    Donato Gama
40 anos e 138 días
  César Rodríguez
40 anos
   Alfredo Di Stéfano
39 anos e 231 días
Debutante máis novo   Sansón
15 anos e 255 días
  Pedro Irastorza
15 anos e 288 días
  Óscar Ramón
15 anos e 289 días
Debutante con máis idade   Harry Lowe
48 anos e 226 días
  Stipe Pletikosa
37 anos e 54 días
  Florentino Sion
36 anos e 55 días

Máximos goleadores

editar
Pos. Nome Equipo(s) Anos Goles Partidos Goles/Part.
1   Lionel Messi Barcelona 2004–2021 474 520 0.91
2   Cristiano Ronaldo Real Madrid 2009–2018 311 292 1.07
3   Telmo Zarra Athletic 1940–1955 251 278 0.90
4   Karim Benzema Real Madrid 2009–2023 238 439 0.54
5   Hugo Sánchez Atlético de Madrid, Real Madrid e Rayo Vallecano 1981–1994 234 347 0.67
6   Raúl Real Madrid 1994–2010 228 550 0.41
7    Alfredo Di Stéfano Real Madrid e Espanyol 1953–1966 227 329 0.69
8   César Rodríguez Granada, Barcelona, Cultural Leonesa e Elche 1939–1955 223 353 0.63
9   Quini Sporting de Gijón e Barcelona 1970–1987 219 448 0.49
10   Pahiño Celta, Real Madrid e Deportivo 1943–1956 210 278 0.76

Adestradores

editar
Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis títulos   Miguel Muñoz
9 ligas en 13 tempadas
  Johan Cruyff
4 ligas en 8 tempadas
   Helenio Herrera
4 ligas en 14 tempadas
Máis partidos   Luis Aragonés
757 part en 25 tempadas
  Javier Irureta
612 part en 19 tempadas
  Miguel Muñoz
608 part en 21 tempadas

Árbitros

editar
Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis partidos   Alberto Undiano Mallenco
348 partidos
  Eduardo Iturralde González
291 partidos
  Miguel Ángel Pérez Lasa
276 partidos
  1. elpais.com, ed. (13 de decembro de 2018). "As cinco grandes Ligas europeas sitúan a 14 equipos entre os 16 mellores". 
  2. IFFHS (29 de xaneiro de 2014). "A liga máis forte do mundo 2014". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2014. 
  3. "El Racing jugó con 4 extracomunitarios ante Osasuna" Arquivado 21 de setembro de 2008 en Wayback Machine., El Mundo, 14 de decembro de 2003 (en castelán).
  4. libertaddigital.com[Ligazón morta]
  5. lasprovincias.es
  6. "Benítez cometió el error de Valdano", As, 1 de outubro de 2001 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar