Quentin Tarantino
Quentin Jerome Tarantino, nado en Knoxville (Tennessee) o 27 de marzo de 1963, é un director, guionista, produtor e actor estadounidense gañador de dous Óscar, un Globo de Ouro, a Palma de Ouro e o Premio BAFTA. Comezou a súa carreira na década dos 90. As súas películas caracterízanse xeralmente por empregar historias non lineais, as influencias estilísticas do Grindhouse, o Kung-Fu e os spaghetti western.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Quentin Jerome Tarantino 27 de marzo de 1963 (61 anos) Knoxville, Estados Unidos de América (pt) |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
2004 – 2004 ← Patrice Chéreau – Emir Kusturica → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Ítalo-americanos (pt) e irlandoamericano |
Relixión | Agnosticismo |
Educación | Narbonne High School (en) |
Altura | 185 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, montador, actor de televisión, realizador, produtor, escritor, produtor de cinema, actor de cinema, guionista, director de cinema, autor |
Período de actividade | 1987 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Filme independente (pt) , filme de acción, Posmodernismo, filme sobre crime e cinema dramático |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Daniella Pick (2018–) |
Parella | Didem Erol (2007–2011) Mira Sorvino (1995–1998) |
Pai | Tony Tarantino |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu en Knoxville, Tennessee, en 1963, fillo de Tony Tarantino, actor e músico afeccionado nado en Queens, e Connie McHugh, enfermeira. O seu pai é de ascendencia italiana (seu bisavó era orixinario de Palermo) e súa nai de ascendencia inglesa, irlandesa e alemá; Tarantino ten afirmado que posúe ascendencia cherokee por parte materna, aínda que isto non foi verificado. O nome de Tarantino fai referencia a un personaxe dunha serie de televisión, o guerreiro mestizo Quint interpretado por Burt Reynolds en Gunsmoke.
Foi criado pola súa nai, xa que os seus pais se separaron antes de nacer. Cando tiña dous anos, trasladáronse á cidade de Torrance, ao sur da metrópole dos Ánxeles, e máis adiante ao barrio de Harbor City, xa na propia cidade dos Ánxeles, onde asistiu á escola superior Fleming Junior en Lomita, e a clases de teatro. No seu barrio había unha mestura de xente de distintas razas polo que estivo exposto a unha gran variedade de influencias cinematográficas e de culturas populares, como por exemplo as películas de artes marciais, que se seguían poñendo nos barrios de negros despois de que a febre do Kung Fu se trasladase a outros sitios. Tarantino conseguiu seguir véndoas ata ben entrados os anos 70. Asistiu á escola superior de Narbonne en Harbor City durante un ano antes de abandonala aos 15 anos para dedicarse a tempo completo a clases de interpretación na James Best Theater Company en Toluca Lake.
Comezou a traballar no videoclub Video Archives en Manhattan Beach xunto a outros entusiastas do cine, entre eles Roger Avary, onde discutían de cine e das recomendacións aos clientes. Prestou moita atención ao tipo de películas que lle gustaba alugar á xente e citou a experiencia como fonte de inspiración para a súa carreira como director. O propio Tarantino dixo: "Cando a xente me pregunta se fun á escola de cine sempre lles digo: non, fun ao cine".
Carreira cinematográfica
editarComezou a escribir xunto con Avary e outros amigos. Pasou varios anos frustrantes escribindo e intentando poñer en marcha dous guións que pretendían ser o seu debut como director. En parte como consecuencia do difícil que resultaba poder facer unha "película de verdade" para un escritor descoñecido como director, escribiu en 1991 Reservoir Dogs, coa intención de que fose o proxecto máis minimalista que se poida imaxinar: a historia dun atraco a man armada na que o roubo ten lugar fóra de pantalla, páxinas e páxinas de diálogo que necesitan un só plató. Pretendía ser unha película de 16 mm extremadamente barata con Tarantino e os seus compañeiros de Video Archives interpretando todos os papeis. Afortunadamente, o ambicioso produtor Lawrence Bender leu o guión, fascinouno e pediulle a Tarantino que lle concedese un mes para intentar convertelo nunha "película de verdade". Foi Bender quen fixo chegar o guión ao actor Harvey Keitel e foi o entusiasmo deste o que atraeu a varios bos actores e, finalmente, un presuposto decente para a produción. Rodada en menos dun mes en Os Ánxeles, cun elenco excepcional que incluía o propio Keite (que tamén se encargou de coproducila), Michael Madsen,Steve Buscemi, Tim Roth, Lawrence Tierney, Chris Penn e o propio Tarantino. Reservoir Dogs foi todo un éxito, primeiro no Festival de Cine de Sundance9 e despois en todo o mundo.
De repente, Tarantino estaba de moda e os dous guións nos que estivera traballando antes de Reservoir Dogs vendéronse enseguida: True Romance (dirixida por Tony Scott) e Asasinos natos (reescrita e dirixida por Oliver Stone en 1993). Tamén lle ofreceron algúns proxectos como Speed e Men in Black,10 pero preferiu retirarse a Ámsterdam a traballar no seu guión de Pulp Fiction, un collage de ficción interpretado por John Travolta e Uma Thurman, estreado en 1994, que supuxo outro éxito para Tarantino con varios nomeamentos a premios dos que conseguiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o Óscar, Globo de Ouro e BAFTA ao mellor guión orixinal.
Tras isto dirixiu o episodio de Four Rooms, The Man From Hollywood, unha homenaxe a Alfred Hitchcock. O resto dos episodios da película foron dirixidos por Allison Anders, Alexandre Rockwell e Robert Rodriguez. Actuou e escribiu o guión de Aberto ata o amencer, longametraxe que dirixiu o seu amigo Robert Rodriguez que deu lugar a dúas secuelas, nas cales Tarantino e Rodríguez só exerceron como produtores executivos.
A súa terceira película foi Jackie Brown, en 1997, que escribiu e dirixiu. Foi unha adaptación de Rum Punch, novela de Elmore Leonard. Unha homenaxe ás películas de blaxploitation, protagonizada por Pam Grier, quen actuou en moitas das películas do xénero nos anos 70, e que lle valeu o nomeamento tanto aos Globos de Ouro como aos premios SAG polo seu papel, e o coprotagonista Robert Foster foi nomeado ao Óscar na categoría de mellor actor secundario. Completaban este elenco único Samuel L. Jackson (nomeado tamén para un Globo de Ouro), Robert De Niro, Bridget Fonda e Michael Keaton.
Tiña planeado facer a continuación unha película bélica provisionalmente titulada Inglourious Basterds, pero pospúxoo para escribir e dirixir Kill Bill (estreada en dúas partes, Vol. 1 e Vol. 2), unha película de vinganza que tomaba elementos do Wuxia (arte marcial chinesa), Jidaigeki (xénero cinematográfico xaponés) e spaghetti western. En 2005 Tarantino foi director invitado en Sin City, película dirixida por Frank Miller e Robert Rodriguez. Nela dirixe a escena do coche protagonizada por Clive Owen e Benicio del Toro.
O seu seguinte proxecto foi Grindhouse, codirixida xunto a Robert Rodriguez e estreada en 2007. Tarantino dirixiu o segmento titulado Death Proof. O seu rendemento nos cines non foi o esperado a pesar de ter unha crítica favorable.11
A continuación chegou a película Inglourious Basterds, unha historia sobre un grupo de soldados estadounidenses na Francia ocupada polos nazis durante a segunda guerra mundial. A filmación comezou en outubro de 2008.12A película estreouse o 21 de agosto do 2009 (nos Estados Unidos), recibindo críticas moi positivas13 e chegando ao primeiro posto de recadación mundial.14 É a película de Tarantino que maior recadación conseguiu tanto nos Estados Unidos como a nivel mundial.15
En 2011 comezou a produción de Django Unchained, unha película sobre Django, un ex-escravo rescatado por un cazarrecompensas co que vai rescatar a súa muller das mans do dono dunha gran plantación. A película xurdiu do desexo de Tarantino de facer un spaghetti western no sur profundo dos Estados Unidos, que Tarantino chamou un "southen",16 afirmando:"Quería facer películas que tratasen do horrible pasado de Estados Unidos coa escravitude e esas cousas, pero como o fan os 'spaghetti westerns', non como películas sobre un gran problema. Quero facelo como se fosen películas de xénero, pero enfróntanse con todo o que os Estados Unidos nunca se ocupou porque se avergonza diso, e outros países non tratan sobre iso porque non senten que teñan dereito a facelo".17 18 Tarantino terminou o guión o 26 de abril de 2011 e entregoullo a The Weinstein Company.19 Christoph Waltz foi elixido para interpretar a un alemán cazador de recompensas.20 Para o papel protagonista rumoreouse con Will Smith e Idris Elba, pero finalmente Jamie Foxx foi o elixido para facer de Django.21 Tamén estaba no elenco Samuel L. Jackson, como Stephen, un escravo fiel; e Leonardo DiCaprio no papel de Calvin Candie, o dono da plantación Candyland, principal antagonista na película. Estreouse o 25 de decembro de 2012.22 23 24
En novembro de 2013 Tarantino comentou que estaba traballando nunha nova película, outro western e que non sería a secuela de Django. O 12 de xaneiro do 2014 revelouse que o seu título sería The Hateful Eight. Estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2015 e en Galiza o 15 de xaneiro do 2016.
Filmografía
editarTítulo (en inglés) | Ano | Produtora | Estudio |
---|---|---|---|
Reservoir Dogs | 1992 | Live Entertainment
Dog Eat Dog Productions |
Miramax |
Pulp Fiction | 1994 | A Band Apart
Jersey Films | |
Jackie Brown | 1997 | A Band Apart
Mighty Mighty Afrodite Productions Lawrence Bender Productions | |
Kill Bill | 2003 (Vol. 1)
2004 (Vol. 2) |
A Band Apart | |
Death Proof | 2007 | Troublemaker Studios | Dimension Films |
Inglourious Basterds | 2009 | A Band Apart
Studio Babelsberg |
The Weinstein Company (doméstico)
Universal Pictures (internacional) |
Django Unchained | 2012 | Columbia Pictures
The Weinstein Company |
The Weinstein Company (doméstico)
Sony Pictures Releasing (internacional) |
The Hateful Eight | 2015 | Double Feature Films
FilmColony |
The Weinstein Company |
Once Upon a Time in Hollywood | 2019 | Columbia Pictures
Heyday Films |
Sony Pictures Releasing |
En 1995 dirixiu un dos catro segmentos da película Four Rooms, xunto con Allison Anders, Alexandre Rockwell e Robert Rodriguez. Tamén realizou como director o dobre episodio Grave Danger, da serie estadounidense CSI: Crime Scene Investigation.
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Mellor director | Pulp Fiction | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Gañador | ||
2010 | Mellor director | Inglourious Basterds | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Nomeado | ||
2013 | Mellor guión orixinal | Django Unchained | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Mellor director | Pulp Fiction | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Gañador | ||
2010 | Mellor director | Inglourious Basterds | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Nomeado | ||
2013 | Mellor director | Django Unchained | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1994 | Palma de Ouro | Pulp Fiction | Gañador |
2007 | Death Proof | Nomeado | |
2009 | Inglourious Basterds | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1992 | Mellor director | Reservoir Dogs | Gañador |
Mellor guión | Gañador | ||
1996 | Premio Máquina do Tempo | - | Gañador |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quentin Tarantino |