Río Lonia
afluente do río Miño
O río Lonia é un afluente do río Miño pola súa banda esquerda.
Tipo | curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
Localización | Loña do Monte | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | río Miño | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 27 () km | |||
Descrición
editarFonte
editarNace en Loña do Monte no concello de Nogueira de Ramuín.
Percorrido
editarSegue unha dirección leste-oeste até chegar ao encoro de Cachamuíña, no concello do Pereiro de Aguiar. Denantes de entrar no concello de Ourense, forma outro encoro en Castadón. Chega a Ourense polo barrio do mesmo nome, A Lonia, e desemboca no río Miño.
Aproveitamento
editarNas beiras do río Lonia encóntranse numerosos muíños, a maioría deles en estado de abandono.
O encoro de Cachamuíña serve de abastecemento de auga á cidade de Ourense.
Afluentes
editarMarxe dereita
- Regato da Boca
- Regato Vermeaos
- Regato do Prado Longo
- Regueiro Grande
- Regato do Porto
Marxe esquerda
- Regato de Triós
- Regato de Cachosando
- Río do Grañal
Galería de imaxes
editar-
Muíño do Faba, na beira do río Lonia en Cebreiros
-
En Cebreiros
-
A Ponte Lonia, en Ourense