Rúa de Juan Flórez (A Coruña)
A rúa de Juan Flórez é unha rúa da Coruña. Serviu de tradicional saída da cidade, bordeando o Primeiro Ensanche.
Rúa de Juan Flórez | |
---|---|
Inicio da rúa de Juan Flórez | |
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,95 km |
Formato | dous carrís en cada sentido mais beiravía e beirarrúa |
Localización | |
Inicio | Praza de Pontevedra |
Fin | Avenida de Alfonso Molina |
Localidade | A Coruña |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
Está situada entre a praza de Pontevedra e a avenida de Alfonso Molina.
Historia
editarA rúa era coñecida como Estrada de Castela e Camiño Novo e xa nos planos do século XVIII aparecía o seu trazado. O nome actual recibiuno en 1900 como homenaxe a Juan Flórez, alcalde da cidade a mediados do século XIX.
Ata a década de 1930 conservou árbores na marxe esquerda, que viñan da época de Carlos III.[1]
Institucións e comercios
editarNa rúa estivo situado ata 1968 o Leirón do Sporting Club Casino, onde se organizaban verbenas,[2][3] e, entre 1920 e 1969, o Salón Doré.[4] Tamén estivo a fábrica da importante industria téxtil La Primera Coruñesa, que tiña unha alta cheminea.[5][6]
Paralelo á praza do Libro estaba o Colexio Dequidt, institución laica de ensino, que desapareceu na década de 1960[1] e dende 1915 atópanse na rúa as Escolas Labaca.[7]
Arquitectura
editarDos chalés que houbo na rúa de Juan Flórez só perdura o Chalé Escudero. Porén, consérvanse algúns edificios destacados, algúns deles catalogados:[8]
- Edificio de esquina na rúa de Francisco Mariño, nº 1, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1926)
- Nº 37, 79-87, 91 e 95 (1923-1951)
- Nº 47, de Carlos Meijide (1970-1973), edificio de formigón emparentado co veciño Edificio Pou, de Miguel Fisac, construído sobre os chalés de Fariña.[1][9]
- Nº 59-69 (1943-1951)
- Nº 2-12 (1915-1987)
- Nº 28, de Ramón Vázquez Molezún e Gerardo Salvador Molezún (1966)
- Nº 36. Torre Dorada, de Milagros Rey Hombre
- Nº 58. Edificio Trébol, de Carlos Meijide (1971-1975), rañaceos que foi construído sobre o Chalé Molezún.[1]
- Nº 64-66. Edificio Vázquez, de Antonio Vicéns Moltó (1946), con influencias do expresionismo arquitectónico dos anos 30.[10]
- Nº 72-78, 132-134 e 148 (1927-1972)
- Torre Galicia, de Manuel Gallego Jorreto (1968-1971)[11]
- Nº 116. Escolas Labaca, de Leoncio Bescansa (1912-1915), con estilo entre o modernismo e o neogótico.[7]
Galería de imaxes
editar-
Nº 47.
-
Torre Dourada.
-
Edificio Trébol
-
Edificio Vázquez
-
Torre Galicia
-
Placa da rúa
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Los chalés del Camino Nuevo, un recuerdo de los viejos tiempos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 18-5-2002. Arquivado dende o orixinal o 13-03-2016. Consultado o 8-3-2016.
- ↑ Pereira, Nonito (19-8-2014). "Historias ciudadanas". TodoMúsica&Más (en castelán). Consultado o 8-3-2016.
- ↑ "O Leirón do Casino". Pharum Brigantium. 17-2-2009. Consultado o 8-3-2016.
- ↑ "Cuando en La Coruña abundaban los teatros". La Voz de Galicia (en castelán). 18-10-2015. Consultado o 8-3-2016.
- ↑ Garro, Enrique (6-5-1921). "ABC en La Coruña. Impresiones de un viaje". ABC (en castelán). Consultado o 8-3-2016.
- ↑ Aira, María J. (19-4-2009). "Los inicios de la industria textil en A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 8-3-2016.
- ↑ 7,0 7,1 "As escolas Labaca e a arquitectura do seu tempo". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 08 de marzo de 2016.
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Picado, Miguel (21-12-2014). "38 vivendas en Juan Flórez". Arquitectura de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 8-3-2016.
- ↑ Do.Co.Mo.Mo
- ↑ Vallina, Dario (3-10-2013). "Torre Galicia". Arquitectura de Galicia. Consultado o 8-3-2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
Ligazóns externas
editar- Méndez Gallart, Cristina (20-8-2014). "De cuando Juan Flórez estaba bordeado de chalés y sombreado con arboledas". Mundiario (en castelán).