Rami Malek
Rami Said Malek (|ˈrɑːmi ˈmælɪk|[1][2]), nado nos Ánxeles o 12 de maio de 1981, é un actor estadounidense. O papel co que se deu a coñecer foi co hacker Elliot Alderson na serie de televisión de USA Network Mr. Robot (2015), polo que recibiu varios premios, incluído un Emmy ao mellor actor nunha serie dramática. En 2018, interpretou a Freddie Mercury no filme biográfico Bohemian Rhapsody, polo que tamén gañou varios premios, entre eles o Oscar, o Globo de Ouro e o premio da BAFTA. Foi o primeiro actor de orixe exipcia que gañou o Oscar ao mellor actor.[3]
Traxectoria
editarMalek naceu e creceu nos Ánxeles (California), de pais inmigrantes exipcios e estudou teatro na Universidade de Evansville en Indiana. Comezou a súa carreira en papeis secundarios no cinema e na televisión, entre eles a telecomedia da Fox The War at Home (2005–2007), a miniserie de HBO The Pacific (2010) e a triloxía Night at the Museum (2006–2014).
Notas
editar- ↑ "'Bohemian Rhapsody' Interview w/ Rami Malek, Lucy Boynton & More". HBO. 26 de outubro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ "Our First Cover Star: Rami Malek". GQ Middle East. 4 de outubro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ "Oscars 2019: Rami Malek becomes the first Egyptian to win Best Actor". The National. 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019.