Real Club Náutico da Coruña
O Real Club Náutico da Coruña[1] é un club náutico da cidade da Coruña. Pertence á Asociación Española de Clubs Náuticos.
Ten instalacións na Dársena da Mariña e no Peirao das Ánimas.[2]
Historia
editarFoi fundado en 1926 para o fomento e a promoción dos deportes náuticos, segundo se recolle na súa acta fundacional. O seu primeiro presidente foi Miguel Feijóo Pardiñas.[3] En 1968 creou a escola de vela, para o ensino deste deporte.
Actividade deportiva
editarEntre as regatas que organiza o RCNC destaca o Trofeo SAR Infanta Doña Elena de Borbón y Grecia para cruceiros.
Roberto e Carlos Bermúdez de Castro gañaron coa súa frota Snipe, a edición 168 da SCIRA, un campionato de España e o Trofeo Su Majestad el Rey en 1991. Roberto Bermúdez de Castro gañou tamén a Volvo Ocean Race 2014–15 a bordo do "Azzam".
En 2012 a deportista do RCNC Sofía Toro, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 na clase Elliott 6m.
Notas
editar- ↑ Elixe a túa actividade deportiva
- ↑ Entidades xestoras dos portos deportivos
- ↑ "Historia do Real Club Náutico". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas
editar- web oficial
- Asociación Española de Clubs Náuticos
- Edificio do Real Club Náutico Arquivado 06 de xullo de 2016 en Wayback Machine. no Porto da Coruña