Real Unión Club
O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF.
Real Unión | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Unión Club de Irún, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Irundarras Txuribeltzak Unionistas | ||
Fundación | 1915 | ||
Estadio | Stadium Gal, Irún, España | ||
Inauguración | 1926 | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | Ricardo García | ||
Adestrador | Aitor Zulaika | ||
Liga | Primeira RFEF | ||
20202–21 | 5º | ||
Na rede | |||
http://www.realunionclub.com/ | |||
| |||
O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30, cando o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella e negra vertical, pantalón negro e medias vermellas.[1]
Antigamente o Real Unión xogaba tamén con camiseta a raias brancas e negras e pantalón negro.
Estadio
editarO estadio do Real Unión é o Stadium Gal, situado na cidade de Irún. Ten capacidade para 5.000 espectadores e foi inaugurado en 1926. A última remodelación é de 1997. O estadio atópase a escasos 300 metros da fronteira internacional entre España e Francia.
Xogadores
editarCadro actual
editar- Datos do 20 de xaneiro de 2010.
|
|
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 4.
- Tempadas en 2ª: 10.
- Tempadas en 1ª RFEF: 1.
- Tempadas en 2ªB: 27.
- Tempadas en 3ª: 40.
- Mellor posto na liga: 6º (1ª, tempada 1929/30).
- Peor posto na liga: 10º (1ª, tempada 1931/32).
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Copa do Rei (3)*:[2][3] 1918, 1924 e 1927.
- Segunda División B (2): 2002-03 e 2008-09.
- Copa RFEF (1): 2015.
- *Tamén gañada en 1913 polo Racing Club de Irún, un dos equipos que se fusionou para formar o Real Unión.
Torneos rexionais
editar- Campión de Guipúscoa (9): 1920, 1921, 1922, 1924, 1926, 1928, 1930, 1931 e 1947.
- Campión do Norte (1): 1918.
Torneos de afeccionados
editar- Campión de España de Afeccionados (1): 1934.
- Campión de España de Afeccionados (1): 1987.
Notas
editar- ↑ "Equipamentos 2009/10 - realunionclub.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2009.
- ↑ "PALMARÉS - Los blancos alcanzan su 20º entorchado copero". RFEF.es (Web oficial da RFEF) (en castelán). 6 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2023. Consultado o 21 de maio de 2023.
PALMARÉS DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA - COPA DE SM EL REY
- ↑ Real Federación Española de Fútbol (Marzo de 2011). "Historial" (PDF). Revista Oficial de la R.F.E.F. p. 70. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 18 de xullo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2023.