Rinoceronte negro

O rinoceronte negro (Diceros bicornis) é unha especie de rinocerontes, nativo do leste e centro de África, incluíndo Kenya, Tanzania, Camerún, Suráfrica, Namibia, Cimbabue e Angola. Malia que este rinoceronte é chamado negro, a súa cor varía do marrón ó gris.

Rinoceronte negro

Rinoceronte negro do Zoo de Saint Louis
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Eutheria
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Xénero: Diceros
Gray, 1821
Especie: D. bicornis
Nome binomial
'Diceros bicornis'
(Linnaeus, 1758)
Distribución da especie no ano 1700.[1]
Distribución da especie no ano 1700.[1]

Distribución da especie no ano 1700.[1]
Actual hábitat da especie      nativo      reintroducido      introducido      posiblemente extinto      extinto
Actual hábitat da especie
     nativo      reintroducido      introducido      posiblemente extinto      extinto

Actual hábitat da especie
     nativo      reintroducido      introducido      posiblemente extinto      extinto
Subespecies

A outra especie africana de rinoceronte é o rinoceronte branco (Ceratotherium simum). A denominación "negro" do Diceros bicornis débese á súa oposición co rinoceronte branco, do cal se diferenza na forma do beizo superior, que é en punta e estreito no rinoceronte negro, e cadrado no branco.[2] A orixe do nome "rinoceronte branco" é unha mala tradución dende o neerlandés ó inglés. A palabra inglesa "white" (branco) deriva da palabra neerlandesa "wijd", que significa "ancho" ou "grande". A palabra "wide" alude precisamente á forma do beizo deste animal.

A especie está clasificada como en Perigo crítico, e unha das subespecies, o rinoceronte negro do oeste, foi declarada extinta pola IUCN en 2011.

  1. Rookmaaker, L.C. (2004). "Historical distribution of the black rhinoceros (Diceros bicornis) in West Africa" (PDF). African Zoology 39 (1): 63–70. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2013. Consultado o 19 de maio de 2013. 
  2. White rhinoceros, Animal Corner