Rubber Soul
Rubber Soul é o sexto álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 3 de decembro de 1965 a través do selo Parlophone. Producido por George Martin, foi gravado en pouco máis de catro semanas para a campaña de Nadal. A diferenza dos cinco discos anteriores, este álbum foi gravado nun período específico e non nos ocos entre as xiras ou entre as filmacións de películas. Despois deste traballo, cada álbum da banda sería realizado sen a necesidade de prestar atención a outros compromisos, coa excepción da produción de pequenos filmes promocionais. Rubber Soul trátase dun disco de folk rock, e tamén incorpora pop e soul. O álbum foi descrito como un logro artístico importante, alcanzando un grande éxito de crítica e público.
Rubber Soul | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Beatles | ||||
Publicado | 3 de decembro de 1965 | |||
Gravación | 17 de xuño, 12 de outubro - 11 de novembro de 1965 | |||
Estudio(s) | EMI Studios, Londres | |||
Duración | 35:50 | |||
Xénero(s) | folk rock | |||
Selo(s) | Parlophone (RU), Capitol (EEUU) | |||
Produtor | George Martin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Rubber Soul foi un éxito comercial e de crítica e adoita a ser citado como un dos mellores álbums da historia da música. No ano 2012 foi colocado no número 5 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por John Lennon e Paul McCartney agás onde se indique.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Voces principais | Duración | ||||||
1. | "Drive My Car" | McCartney e Lennon | 2:25 | ||||||
2. | "Norwegian Wood (This Bird Has Flown)" | Lennon | 2:01 | ||||||
3. | "You Won't See Me" | McCartney | 3:18 | ||||||
4. | "Nowhere Man" | Lennon, McCartney and George Harrison | 2:40 | ||||||
5. | "Think for Yourself" (Harrison) | Harrison | 2:16 | ||||||
6. | "The Word" | Lennon, McCartney e Harrison | 2:41 | ||||||
7. | "Michelle" | McCartney | 2:40 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Voces principais | Duración | ||||||
1. | "What Goes On" (Lennon–McCartney–Richard Starkey) | Starr | 2:47 | ||||||
2. | "Girl" | Lennon | 2:30 | ||||||
3. | "I'm Looking Through You" | McCartney | 2:23 | ||||||
4. | "In My Life" | Lennon e McCartney | 2:24 | ||||||
5. | "Wait" | Lennon e McCartney | 2:12 | ||||||
6. | "If I Needed Someone" (Harrison) | Harrison | 2:20 | ||||||
7. | "Run for Your Life" | Lennon | 2:18 |