Engo

(Redirección desde «Sambucus ebulus»)
Engo

Inflorescencia de engo
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Dipsacales
Familia: Caprifoliae
Xénero: Sambucus
Especie: S. ebulus
Nome binomial
Sambucus ebulus
L.

O engo ou sabugueiriño[1], (Sambucus ebulus) é unha especie herbácea das caprifoliáceas, nativas do sur e centro da Europa e do suroeste de Asia, semellante ao sabugueiro (co que comparte xénero: Sambucus) mais coas follas máis estreitas e longas que despiden un cheiro fétido. Aparece en Galiza onde tamén se coñece polo nomes de irgo, nabo naveao ou sabuguiño.

Descrición

editar

Medra até os 2 m de altura, con talos erectos, usualmente simples, que xorden de rizoma reptante. As follas son opostas, con estípulas, de 5-16 x 1-4,5 cm e formadas por 5-13 folíolos de beiras serradas. Florece en maio-agosto, cando o talo remata nunha inflorescencia corimbosa, de flores brancas ou rosaceas, de 5–16 cm de diámetro. Froito en baga negra.

Etimoloxía

editar

Engo e irgo son verbas cognatas do castelán yezgo, asturiano yeldu, dunha variante *educu do galo edocos.[2] O nome sabugueiriño é o máis normativo.

  1. O único nome en publicacións técnicas recentes aceptado é sabugueiriño. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. Coromines, Joan (1997) Breve diccionario etimologico de la lengua castellana. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-473-5862-5. p. 586

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar