Sarreaus

concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Modelo:Xeografía políticaSarreaus
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°05′12″N 7°36′12″O / 42.086666666667, -7.6033333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalSarreaus Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.095 (2023) Editar o valor en Wikidata (14,17 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie77,29 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude650 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGumersindo Lamas Alvar Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Sarreaus Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32078 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellosarreaus.com Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar
Censo total 1.283 (2015)
Menores de 15 anos 46 (3.59 %)
Entre 15 e 64 anos 604 (47.08 %)
Maiores de 65 anos 633 (49.34 %)
Evolución da poboación de Sarreaus   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.640 3.673 4.163 4.269 1.800 1.552
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

editar

O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste. Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia

editar

Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo. Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo. Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.

Cultura

editar

Toponimia

editar

O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Sarreaus.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sarreaus

Bresmaus (San Bartolomeu) | Codosedo (Santa María) | Cortegada (San Xoán) | Freixo (Santiago) | Lodoselo (Santa María) | Nocelo da Pena (San Lourenzo) | Paradiña (Santa María Madanela) | Perrelos (Santa María) | Sarreaus (San Salvador)

Lugares de Sarreaus

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sarreaus vexa: Lugares de Sarreaus.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.