Sermos Galiza

Xornal de ámbito galego

Sermos Galiza é o nome dun semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado pola empresa Sermos Galiza S.A e dirixido por María Obelleiro. A súa versión dixital botou a andar o 26 de abril de 2012,[1] e o seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio do mesmo ano. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.[2]

Sermos Galiza
Diario de intereses galegos
TipoInformación xeral
Formato de páxinaberlinés
Fundación17 de maio de 2012
DirectorMaría Obelleiro (directora do diario semanal escrito) Xosé Mexuto (director do diario dixital)
Linguagalego e portugués
LocalidadeSantiago de Compostela
ÁmbitoGalicia
Periodicidadesemanal
Prezo3,50€ (en papel) 1,99€ (en PDF)
SecciónsTema de primeira,

Opinión

Sociedade

Política

Internacional

Economía

Fóra de serie (sección ampla que se empeza a ler por detrás e ao revés que trata sobre a cultura)
ISSN2444-9326
Na rede
http://www.sermosgaliza.gal
Twitter: SermosGaliza Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En novembro de 2017, a sociedade anónima Sermos Galiza anunciou a inminente saída dun diario impreso[3][4] baixo o nome de Nós Diario[5]. O xornal foi lanzado o 2 de xaneiro de 2020,[6] pasando, desde aquela, o semanario Sermos a publicarse os sábados como suplemento do diario.

  1. "Nace ‘Sermos Galiza’, un novo medio multiplataforma, colectivo e en galego – Editorial". Consultado o 2022-02-15. 
  2. "Sermos Galiza: jornal digital e desenho de cabeçalho" (en portugués). 
  3. "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2018. 
  5. "“Nós Diario”, o nome do xornal en papel que impulsa Sermos Galiza". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 4 de maio de 2019. 
  6. "Nós Diario: o soño que virou nunha realidade". Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar