Sulfato
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Os sulfatos son os sales ou os ésteres do ácido sulfúrico. Conteñen como unidade común un átomo de xofre no centro dun tetraedro formado por catro átomos de osíxeno.
Sulfato | |
---|---|
Sulfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 14808-79-8 |
PubChem | 1117 |
ChemSpider | 1085 |
Número CE | 233-334-2 |
ChEBI | CHEBI:16189 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | O4S |
Masa molar | 96,06 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Os sulfatos inorgánicos
editarOs sulfatos inorgánicos son os sales do ácido sulfúrico. Na natureza encóntranse en forma de xeso (sulfato de calcio dihidratado; CaSO4·2H2O), barita (sulfato de bario; BaSO4) ou sulfato sódico (Na2SO4). Fórmanse pola oxidación dos sulfuros cando estes entran en contacto co osíxeno do aire.
Síntese
editarA maioría dos sulfatos xenéranse a partir dunha base e máis do ácido sulfúrico ou por reacción do ácido sulfúrico co metal.
Aplicacións
editarAs aplicacións dos sulfatos adoitan variar enormemente segundo o metal ó que estean unidos. Así o sulfato sódico, por exemplo, utilízase na fabricación do vidro, como aditivo nos deterxentes etc.; a calcantita (sulfato de cobre) aproveitase na fabricación da viscosa segundo un determinado proceso.
O xeso e a barita utilízanse na construción e como aditivos na fabricación de papel e cartolina. O sulfato de bario tamén se utiliza na medicina para realizar radiografías de contraste.
Analítica
editarOs sulfatos son parte esencial duns sales dobres como os alumes de fórmula xeral AB(SO4)2·12H2O, sendo A e B catións con carga +1 e +3 respectivamente. O máis coñecido é o alume sódico formado polo sodio e o aluminio.
Os sulfatos solubles precipitan en presenza do cloruro de bario (tamén os de solución ácida) en forma de sulfato de bario (BaSO4) como sólido branco. Se ó mesmo tempo hai permanganato presente, este pode ser incluído no precipitado dándolle unha cor lixeiramente rosácea.
Co sodio metálico é reducido ó sulfuro (reacción moi violenta) e pode ser determinado como tal.
Os sulfatos orgánicos
editarOs sulfatos orgánicos son os ésteres do ácido sulfúrico con fórmula xeral R–O–SO2–O–R'. Pódense formar directamente do alcol correspondente e do ácido sulfúrico ou do trióxido de xofre ou a partir do alcol e o cloruro de sulfurilo (Cl2SO2) en presenza dunha base.
Trátase con moita probabilidade de substancias canceríxenas.
O sulfato orgánico máis coñecido é o sulfato de dimetilo (H3CO)2SO2 que se utiliza nalgunhas reaccións de metilación.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sulfato |