Suso Moure
Jesús 'Suso' Moure Vieiro, nado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1961, é un exfutbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de Dianteiro.
Suso Moure | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jesús Moure Vieiro | ||
Nacemento | 26 de agosto de 1961 | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1995 | Compostela | 115 | (22) |
Adestrador | |||
2005–2006 | Estradense | ||
2008–2010 | Cerceda | ||
2010–2011 | Santiago de Compostela | ||
2011–2013 | Grixoa | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarXogador
editarFoi xogador da SD Compostela entre 1991 e 1995, conseguindo debutar en Primeira División co club santiagués na tempada 1994–95, na que participou en 18 partidos e anotou 2 goles.
Adestrador
editarNa tempada 2005–06 foi adestrador do CD Estradense da Preferente Autonómica.[1]
Dirixiu ao CCD Cerceda en Terceira nas tempadas 2008/09 e 2009/10, sendo despedido na última delas en maio pese a estar 2°clasificado a falta dun partido para a eliminatoria de ascenso a Segunda División B,[2] sendo substituído por Nacho.[3]
En novembro de 2010 anunciouse a Moure como substituto de Tono Ínsua no Santiago de Compostela CF, de Preferente Autonómica, para a tempada 2010–11.[4]
No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo SD Grixoa da Preferente Autonómica, en substitución de Chus Baleato. Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Terceira. En novembro de 2013 foi destituído despois de non sumar ningunha vitoria nos primeiros 12 encontros de Terceira.[5]
Notas
editar- ↑ ""Suso Moure se muestra satisfecho con la competitividad de su equipo"". Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 10/08/2011.
- ↑ ""Destituido Moure como entrenador en el Cerceda"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011.
- ↑ ""Nacho toma el relevo de Suso Moure en el Cerceda"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011.
- ↑ ""Suso Moure será el relevo de Tono en el Santiago"". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011.
- ↑ "«En el fútbol la cuerda siempre rompe por el entrenador»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2021.