Tampere
Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa. Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes.[1] A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a cidade interior máis grande de Escandinavia.[2]
Tampere (fi) Tammerfors (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | ||||
Rexión | Pirkanmaa | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 255.333 (2024) (486,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Tampere | ||||
Superficie | 524,89 km² | ||||
Bañado por | Näsijärvi, Pyhäjärvi, Pirkanmaa e Tammerkoski | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gustavo III da Suécia (pt) | ||||
Creación | 1 de outubro de 1779 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Kalervo Kummola (mul) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Tampere City Council (en) , (Escano: 67) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33100–33900 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | tampere.fi | ||||
Etimoloxía
editarAínda que o nome de Tampere derive dos rápidos de Tammerkoski (tanto a cidade como os rápidos reciben o nome de Tammerfors en sueco), a orixá do prefixo Tammer- deste nome ten sido suxeito de numerosos debates. Ánte acepta a etimoloxía "directa" de Rahkonen e Heikkilä do protosami *Tëmpël(kōškë), significando *tëmpël "sección profunda e lenta dunha corrente" e *kōškë "rápidos" (afín ao koski finés).[3][4][5]
Outras teorías inclúen que provén da palabra sueca damber, que significa presa; outra que se orixina das antigas palabras escandinavas þambr ("ventre groso") e þambion ("ventre inchado"), posiblemente referíndose á forma dos rápidos. Outra suxestión vincula o nome á palabra sueca Kvatemberdagar, ou moist coloquialmente Tamperdagar, que significa témporas do calendario litúrxico cristián occidental. A palabra finesa para carballo tamén se encontra na especulación,[6] aínda que Tampere se encontra fóra da distribución natural do carballo europeo.[7]
Historia
editar- Véxase tamén: Batalla de Tampere.
Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779,[8] se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.
Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.
Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse a famosa Punainen julistus (en galego Declaración Vermella) de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.
Logo da segunda guerra mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).
Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.
Xeografía
editarTampere está situada aproximadamente no centro da rexión de Pirkanmaa, da cal é a súa capital e cidade máis poboada,[a] e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi.[10] O concello ten unha extensión total de 689,59 km², dos cales 164,66 km² son auga.[11]
Está situada nun istmo entre os lagos Näsijärvi (ao norte) e Pyhäjärvi (ao sur), e dividida polos rápidos de Tammerkoski, que corren de norte a sur e unen ambos lagos cun desnivel de 18 metros.[12]
Lagos
editarO 24% da superficie do concello de Tampere son masas de auga, contándose nel en torno a 160 lagos, con todo, dous terzos destes lagos son de pequeno tamaño, tendo unha superficie inferior ás 10 hectáreas, e tan só o 10% dos lagos da cidade teñen máis de 50 hectáreas. De todos estes lagos, os maiores son o Näsijärvi e o Pyhäjärvi.[13] O Näsijärvi é o 16º lago máis grande de Finlandia: ten 44 quilómetros de lonxitude e as súas augas bañan tamén os municipios de Ylöjärvi e Ruovesi. Consiste á súa vez en tres grandes áreas, Koljonselä, Näsinselä e Vankavesi[14]
Outros lagos importantes de Tampere son o Särkijärvi (145 hectáreas), o Kaukajärvi (142 hectáreas), o Hervantajärvi (83 hectáreas), o Iidesjärvi (64 hectáreas) ou o Tohloppi (63 hectáreas).[15]
Clima
editarTampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), rexistrándose no Aeroporto de Tampere-Pirkkala (TMP) tan só 3 meses por riba dos 10 °C.[16][17] Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4 °C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.
A temperatura media anual é de 4,8 °C e a máis alta rexistrada dende 1980 foi de 32,5 °C en xullo de 2010, mentres que a máis baixa foi de -35,8 °C en xaneiro de 1987. Polo que respecta ás precipitacións, o maior rexistro nun mes foi de 218,5 mm no mes de xullo de 1988, e a precipitación media anual é de 619,9 mm.[18][19]
Datos climáticos para Tampere–Pirkkala (TMP), elevación: 119 m,[b]1981–2010 normais, extremas 1900– presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 8,0 | 9,4 | 14,9 | 24,2 | 28,4 | 31,7 | 33,1 | 32,1 | 24,8 | 18,4 | 11,1 | 9,6 | 33,1 |
Media máxima en °C | −3,4 | −3,5 | 1,2 | 8,2 | 15,4 | 19,5 | 22,2 | 19,9 | 14,0 | 7,5 | 1,5 | −1,9 | 8,4 |
Media diaria en °C | −6,4 | −6,9 | −2,8 | 3,3 | 9,7 | 14,1 | 16,9 | 15,0 | 9,8 | 4,6 | −0,6 | −4,5 | 4,4 |
Media mínima en °C | −9,7 | −10,6 | −6,6 | −1,3 | 3,8 | 8,6 | 11,7 | 10,4 | 5,9 | 1,9 | −3,0 | −7,6 | 0,3 |
Temperatura mínima en °C | −37,0 | −36,8 | −29,6 | −19,6 | −7,3 | −2,8 | 1,8 | −0,4 | −6,7 | −14,8 | −22,5 | −34,2 | −37,0 |
Precipitación media mm | 41 | 29 | 31 | 32 | 41 | 66 | 75 | 72 | 58 | 60 | 51 | 42 | 598 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 22 | 18 | 16 | 12 | 12 | 13 | 15 | 15 | 14 | 17 | 21 | 22 | 197 |
Humidade relativa media (%) | 90 | 87 | 82 | 70 | 63 | 66 | 69 | 76 | 82 | 87 | 91 | 92 | 80 |
Fonte #1: Instituto Meteorolóxico Finlandés[17] | |||||||||||||
Fonte #2: Instituto Meteorolóxico Finlandés (temperaturas récord)[20] |
Demografía
editarPoboación de orixe estranxeira[21] | |
---|---|
País de orixe | Poboación (2019) |
Rusia | 3 305 |
Iraq | 1 691 |
Afganistán | 1 405 |
Suecia | 1 142 |
Estonia | 1 088 |
China | 757 |
Irán | 754 |
Iugoslavia | 692 |
India | 665 |
Somalia | 589 |
Cunha poboación de 240 433 habitantes en agosto de 2020,[22] Tampere é o terceiro municipio máis poboado de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo,[23] e a segunda área urbana do país con 343 089 habitantes, só por detrás da área do Gran Helsinqui.[24] A poboación de Tampere é nova, en 2019 residían na cidade 45,444 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 19% da poboación, mentres que o 67% tiñan entre 15 e 64 anos, e case a metade da poboación tiña entre 19 e 49 anos.[25] Por sexos, 115 535 das persoas residentes en 2019 eran homes, mentres que 122 605 eran mulleres.[21] Tampere é unha das rexións urbanas de máis rápido crecemento de Finlandia, e é a cidade máis atractiva para mudarse, unha tendencia de crecemento demográfico que se expande aos municipios lindeiros.[26]
Polo que respecta á poboación estranxeira, en 2019 vivían na cidade 19 156 persoas non nadas en Finlandia, o que supón unha porcentaxe do 8% da poboación, sendo a proporción de persoas nadas noutros países menor que en Helsinqui e Turku pero maior que en Oulu. O maior número de persoas estranxeiras en 2019 procedían de Rusia (3 305), Iraq (1 691) e Afganistán (1 405).[21]
Goberno
editarConsello municipal
editarO Consello municipal está composto por 67 concelleiras e concelleiros. A composición das dúas últimas lexislaturas é a seguinte:
Partido | Lexislatura 2013–2016[27] |
Lexislatura 2017–2021[28] |
Lexislatura 2021–2025[29] | |
---|---|---|---|---|
Partido Socialdemócrata | 16 | 16 | 17 | |
Kokoomus | 17 | 15 | 17 | |
Liga Verde | 10 | 14 | 11 | |
Finlandeses Auténticos | 9 | 4 | 10 | |
Alianza de Esquerda | 7 | 7 | 7 | |
Keskusta | 3 | 4 | 3 | |
Cistián Demócratas | 2 | 2 | 2 | |
Independentes/Outros | 1 | 4 | - | |
RKP | 1 | 1 | - | |
SKP | 1 | 0 | - |
Educación
editarEnsino básica e secundaria
editarA cidade de Tampere conta cun total de 32 escolas de ensino básica agrupadas en cinco áreas: sur, sueste, centro, nordés e oeste. Ademais das escolas administradas pola cidade, existe unha escola sueca (Svenska samskolan i Tammerfors), unha escola cristiá (Tampereen kristillinen koulu), unha escola Rudolf Steiner (Tampereen Rudolf Steiner -koulu) e a escola normal de Tampere, onde se forma o profesorado.[30] Nas escolas primarias da cidade é posible realizar a ensinanza en lingua estranxeira dende o primeiros graos.[31]
Ensino superior
editar- Véxase tamén: Universidade de Tampere.
Transporte
editarTransporte urbano
editar- Véxase tamén: Tampereen Kaupunkiliikenne, Tampereen seudun joukkoliikenne e tranvía de Tampere.
En torno ao 60% dos desprazamentos da rexión de Tampere son realizados en coche, mentres que o 40% restante realízanse en bicicleta, andando ou en transporte público. A finais de 2011 a poboación residente na cidade posuía en torno a 98 000 coches, o que supón un 15,7% máis que no ano 2005[32] Este incremento no número de vehículos aumentou tamén o volume de tráfico nas principais estradas e ruas da cidade.[33] O número de viaxes en transporte urbano na cidade ten ido reducíndose dende mediados da década de 1980, chegando a realizarse en 2005 menos da metade dos realizados en 1986. Esta tendencia está a mudar nos últimos anos, nos que se está a producir un aumento motivado pola situación económica, a mellora do transporte público e o aumento da concienciación ecolóxica.[32]
Na década de 2010 a cidade de Tampere tentou investir no transporte en bicicleta e a pé, que xunto co emprego do transporte público forman parte do Plan Urbano de Mobilidade Sustentable (Sustainable Urban Mobility Plan, coñecido polas súas siglas en inglés SUMP) destinado a aumentar o número de desprazamentos deste tipo.[34] Grazas a isto Tampere foi recoñecida co título de Suomen pyöräilykunta en 2013.[35] En 2015 unha enquisa revelou que a popularidade no emprego da bicicleta e ir a pé aumentara durante os anos 2014 e 2015.[36]
Na rexión de Tampere ou Tampere, Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Vesilahti e Ylöjärvi a autoridade en materia de transporte público é a Tampereen seudun joukkoliikenne (en galego Transporte público da Rexión de Tampere). En 2013 a compañía pública de transporte Tampereen Kaupunkiliikenne (coñecida polas súas siglas TKL) foi a responsable do 71% do transporte público interno[32] Entre 1948 e 1976 a cidade operou o tráfico de trolebuses, chegando a ter a maior rede de trolebuses de Finlandia.[37]
Ademais do transporte en autobús, estase a construír unha liña de tranvía que se espera comece a operar en agosto de 2021 co nome Tampereen Ratikka. En novembro de 2016 o Concello de Tampere decidiu a construción da infraestrutura con 41 votos a favor, 25 votos en contra, e unha abstención, e as obras da primeira fase comezaron en 2017.[38][39][40]
A cidade está a tentar mellorar o tránsito de pasaxeiros aumentando a funcionalidade e o nivel de servizos do sistema de transporte, así como investindo no sistema de venda de billetes e o tráfico.[41] Ademais estase a iniciar o servizo de tren de proximidades nas liñas de ferrocarril que conectan a Tampere coas cidades veciñas de Nokia e Lempäälä.[42]
Transporte terrestre
editar- Véxase tamén: Estación de Tampere.
Transporte aéreo e acuático
editar- Véxase tamén: Aeroporto de Tampere-Pirkkala.
Cultura
editarGastronomía
editarA especialidade culinaria máis famosa de Tampere é a mustamakkara (en galego salchicha negra). A mustamakkara é unha salchicha elaborada con sangue, carne e graxa de porco, centeo triturado e fariña. Debe o seu nome á súa cor escura e caracterízase polo seu centro xugoso e o seu exterior crocante. Adoita servirse con marmelada de arandeira vermella e leite frío.[43][44]
Museos
editarA cidade de Tampere conta cunha ampla oferta museística e é, segundo o museólogo Janne Vilkuna, a capital museística de Finlandia pola súa innovación e dinamismo.[45] A responsabilidade sobre os museos históricos, de arte e especialidades corresponde ao servizo de museos da cidade, coñecido como Tampere museot. A súa función principal é a xestión do patrimonio cultural, incrementalo, dalo a coñecer, e apoia os museos privados da cidade. O Museo de Arte Sara Hildén posúe unha unidade propia no grupo de servios culturais e de lecer.[46]
O principal museo da cidade é o Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Inaugurado en 1996 e localizado nos antigos talleres da factoría de Tampella na beira do Tammerkoski, Vapriikki conta con distintos espazos ou museos nos que se expoñen as distintas coleccións, sendo o primeiro centro museístico aberto no país.[45] O 18 de outubro de 2017, durante a Gala da Cultura do Século, Vapriikki foi nomeado "Museo do Século".[47] O centro pode acoller dez exposicións de distintas temáticas de xeito simultáneo e nel se encontran o Museo de Historia Natural, o Museo finlandés do hóckey sobre xeo, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, o Museo Finlandés dos Xogos, o Museo do Correo, e o Museo de Minerais[48]
Música
editar- Véxase tamén: Tampere Filharmonia.
A Tampere Filharmonia e unha orquestra sinfónica composta por 97 músicos, foi fundada en 1930 e ten a súa sede no Tampere-talo, a sala de concertos máis grande de Finlandia. Denominada dende 1947 Tampereen kaupunginorkesteri (en galego Orquestra Cidade de Tampere), en 2002 mudou o seu nome pola súa denominación actual. Ademais dos seus concertos sinfónicos, a orquestra ofrece tamén representacións de ópera e ballet, e cada dous anos participa na Tampere Biennale,[49] un festival de carácter bianual organizado dende 1986 adicado á música contemporánea que se ten convertido nun dos eventos de música contemporánea máis prestixiosos de Finlandia.[50]
En 2001 un grupo formado por integrantes da Tampere Filharmonia creou TampereRaw, unha pequena orquestra adicada á interpretación de música contemporánea que dende a súa fundación ten ofrecido numerosos concertos e participado en festivais en Finlandia e Estonia.[51]
Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Jazz Happening, un festival anual que reúne as figuras máis populares do jazz contemporáneo finlandés e internacional.[52]
Deporte
editarClubs deportivos
editarA escena deportiva de Tampere está dominada polo hóckey sobre xeo. A cidade é coñecida como a capital do hóckey sobre xeo de Finlandia,[53] sendo a primeira cidade finlandesa na que se construíu unha pista ao aire libre e o primeiro estadio cuberto, o Tampereen jäähalli, que ademais foi o primeiro escenario finlandés en acoller un Campionato do Mundo en 1965.[54] Tampere é a casa dos dous equipos que máis veces conquistaron o campionato masculino finlandés: Tappara e Ilves, con 17 e 16 campionatos cada un. A principios da década de 1960 as tres medallas do campionato finlandés foron conquistadas por tres equipos da cidade (Ilves, Tappara e Koovee en tres ocasións, e cinco equipos da cidade gañaron dito campionato nalgunha ocasión: Ilves, Tappara, Koovee, TBK[c] e TaPa.[55][56][57] Polo que se refire á categoría feminina, Ilves Naiset é un dos equipos máis laureados da modalidade en Finlandia, tendo conseguido dez campionatos (o último deles en 2010), once pratas e cinco bronces.[58]
Outro deporte con clubs salientables na cidade son o fútbol baloncesto, principalmente da man do Tampere United (abreviado TamU), fundado en 1998, proclamouse campión de Finlandia e tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e conquistou tamén a Suomen Cup e a Liigacup en 2007 e 2009 respectivamente, con todo, logo dun escándalo europeo de arranxo de partidos o club foi excluído de todas as competicións en 2011, retomando en 2012 as súas actividades dende o nivel máis baixo, a Kutonen;[59] outro equipo de fútbol da cidade que conseguiu algún título a nivel nacional é o FC Ilves, fundado o 27 de maio de 1931 campión finlandés en 1983 e campión da Suomen Cup en 1979, 1990 e 2019.[60] Tamén no baloncesto a cidade conseguiu éxitos a nivel nacional co seu principal representante, o Tampereen Pyrintö (alcumado Pyrbasket), tres veces campión finlandés (2010, 2011 e 2014) e dúas campión da copa finlandesa (1969 e 2012).[61] No fútbol sala Ilves FS gañou para a cidade oito campionatos finlandeses masculinos (2004, 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), así como outros catro en categoría feminina (2014, 2015, 2016 e 2017), e catro títulos de copa (2006, 2010, 2011 e 2015) en categoría masculina e un en feminina (2014), dúas Supercopas femininas e sete masculinas (2015 e 2016, e 2004, 2006, 2007, 2010, 2011, 2013 e 2014 respectivamente), o que o converte no equipo máis laureado de Finlandia na modalidade.[62] Isku-Volley, o principal equipo de voleibol da cidade proclamouse catro veces campión masculino de Finlandia (1963, 1988, 2002, 2006) e outras catro campión de copa (1982, 2001, 2002, 2011), mentres que en 1960 o Tampereen Veikot proclamouse campión nacional en categoría feminina.[63][64]
En 2017 o Manse PP deulle o primeiro título de pesäpallo en categoría feminina á cidade, e catro anos despois o mesmo club conseguiu o campionato finlandés en categoría masculina.[65][66]
Eventos
editarTampere ten sido o escenario de numerosos eventos deportivos internacionais e nacionais.
A cidade acolleu en catro ocasións o Campionato do Mundo, sendo o Tampereen jäähalli (máis coñecido como Hakametsä) o primeiro escenario finlandés en acoller o evento en 1965. Posteriormente foi sede xunto con Helsinqui (1982) e dúas xunto con Helsinqui e Turku (1991, 1997 e 2003). O estadio Nokia Arena, que se inaugurou en 2021, foi o escenario da edición de 2022, que tivo a súa segunda sede na capital.[67] En categoría feminina, Tampere acolleu o Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo én 1992.[68]
En 1977 o lago Kaukajärvi, un dos máis de cen lagos da cidade, foi a sede do Campionato do Mundo Júnior de Remo e en 1995 do Campionato do Mundo de Remo.[69][70]
Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Open, un dos torneos de tenis máis salientables de Finlandia. En 2007 celebrouse por primeira vez o torneo feminino. O Tampere Open é o torneo challenger máis antigo do mundo. Celébrase no Centro de Tenis de Tampere sobre terra batida.[71][72]
En 2018 a cidade acolleu o Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20, que se celebrou no Estadio de Ratina, un recinto construído en 1966 e con capacidade para 30 000 espectadores, que tamén ten acollido encontros clasificatorios de fútbol, así como concertos.[73][74]
En 2021, o estadio de Hakametsä foi unha das sedes do EuroVolley 2021, acollendo partidos da fase de grupos do torneo continental.[75][76]
Ademais, a cidade de Tampere presentou a súa candidatura para acoller os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976. Na votación celebrada en Ámsterdam, a candidatura recibiu 12 votos na primeira rolda, eliminando a Vancouver e pasando á segunda votación, na que só puido conseguir oito votos, o que puxo fin á súa carreira olímpica.[77]
Cidades irmandadas
editarA cidade de Tampere está irmandada coas seguintes cidades:[78]
Cidades amigas
editarEn 1988 comezou o programa de cidades amigas, o cal en 2020 contaba con dúas cidades coas que a cidade de Tampere ten un vínculo de cooperación:[78]
Notas
editar- Referencias
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012.
- ↑ "THE HIGHEST, THE OLDEST AND THE BIGGEST IN TAMPERE" (en inglés). visittampere.fi. 26 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ Ánte, Luobbal Sámmol Sámmol (2012). "An essay on Saami ethnolinguistic prehistory". A Linguistic Map of Prehistoric Northern Europe. Mémoires de la Société Finno-Ougrienne (en inglés) 266. p. 63–117.
- ↑ Heikkilä, Mikko (2012). "Tampere–saamelaisen Tammerkosken kaupunki". Virittäjä (en finés) 1.
- ↑ Rahkonen, Pauli (2011). "Tampere–saamelainen koskiappellatiivi". Virittäjä (en finés) 2.
- ↑ "Utain – Tampereen yliopiston toimittajakoulutuksen viikkolehti" (en finés). Uta.fi. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2005. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Robles común y albar" (PDF). Guía técnica para la conservación genética y utilización (en castelán). European Forest Genetic Resources Programme. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "The City Of Tampere – Tampere in brief – Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2009. Consultado o 05 de xuño de 2012.
- ↑ "Council of Tampere Region" (en inglés). pirkanmaa.fi. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Mapa de Tampere na rexión de Pirkanmaa" (en finés). paikkatietoikkuna.fi. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "SUOMEN PINTA-ALA KUNNITTAIN 1.1.2018" (PDF) (en finés). 1 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ Kallio, Katariina (26 de xaneiro de 2018). "TAMPERE CITY CENTRE" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Vesiensuojelu" (en inglés). Cidade de Tampere. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ Niemelä 2008, p. 131.
- ↑ Ympäristön tila Tampereella (2015), p. 79
- ↑ "Pirkkala, Pirkanmaa, Western Finland, Finland – City, Town and Village of the world". en.db-city.com. Consultado o 4 March 2019.
- ↑ 17,0 17,1 "TILASTOJA SUOMEN ILMASTOSTA 1981-2010" (PDF) (en finés e inglés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Temperature and precipitation statistics from 1961 onwards" (en inglés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rexistros climáticos de Tampere" (en finés). tilastot.mbnet.fi. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Ilmatieteen laitoksen sääasemien arkisto" (en finés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "Väestö 31.12. muuttujina Alue, Taustamaa, Sukupuoli, Vuosi ja Tiedot" (en finés). Tilastokeskus. Consultado o 10 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ Ketonen, Petra (22 de setembro de 2020). "Tamperelaisia on jo yli 240000 – pirkanmaalaisia yli 520000". Yle.fi (en finés). Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Population" (en inglés). Tilastokeskus. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Tampere, Finland Population" (en inglés). populationstat.com. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Väestö 31.12. muuttujina Alue, Ikä, Sukupuoli, Vuosi ja Tiedot" (en finés). Tilastokeskus. Consultado o 12 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "THE CITY OF GROWTH AND DEVELOPMENT" (en inglés). Tampere Region Economic Development Agency. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2020.
- ↑ "Tampere. Ehdokaskohtaiset tulokset" (en finés). Oikeusministeriö. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Tampere: Tulokset puolueittain ja yhteislistoittain" (en finés). Oikeusministeriö. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Kuntavaalit 2021: Tampere:" (en finés). Oikeusministeriö. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Koulut" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ "Esi- ja alkuopetus" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 40–41.
- ↑ Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 43.
- ↑ "Pyöräilyn ja jalankulun edistäminen" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ Matson-Mäkelä, Kirsi (8 de marzo de 2013). "Tampere valittiin vuoden pyöräilykunnaksi". Yle.fi (en finés). Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ "Liikenteen kehitys Tampereella – Kävelyn ja pyöräilyn tyytyväisyyskyselyn tutkimusraportti 2015" (PDF) (en finés). Cidade de Tampere. 29 de abril de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ "Johdinautokaupunki Tampere 1948–1976" (en finés). www.raitio.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ "Nyt se on päätetty: Raitiovaunut tulevat Tampereelle – kaupunkiin rakennetaan raitiotie". Iltalehti (en finés). 7 de novembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Tampere tram project aims at 2021 completion". Yle (en inglés). 9 de novembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Sitio web de Tampereen Ratikka" (en finés). Tampereen Raitiotie Oy. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Lähijunaliikenteen kehittämisselvitys" (PDF) (en finés). tampereenseutu.fi. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Joukkoliikennejärjestelmävaihtoehdot – Vaikutusten arviointi ja suositus Tampereen kaupunkiseudun joukkoliikennejärjestelmäksi" (PDF). TASE 2025 (en finés). Cidade de Tampere. marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ Kim, Juno (20 de agosto de 2012). "Mustamakkara: The Black Sausage Controversy" (en inglés). runawayjuno.com. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- ↑ "Mustamakkara" (en inglés). tasteatlas.com. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- ↑ 45,0 45,1 Jansson, Kaisu (26 de outubro de 2016). "Museokeskus Vapriikki täyttää 20 vuotta – tässä 5 syytä, miksi se on koko Suomen museotoiminnan lippulaiva" (en finés). Yle.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Museopalvelut" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "MUSEOKESKUS VAPRIIKKI ON VUOSISADAN MUSEO" (en finés). Asociación de Museos Finlandeses. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Museokeskus" (en finés). Vapriikki.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Tampere Filharmonia" (en finés). sinfoniaorkesterit.fi. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "INFO" (en finés). tamperebiennale.fi. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Ensemble" (en finés). TampereRaw. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "INFO" (en finés). tamperejazz.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Arena in Tampere gets ready for 2022 Worlds" (en inglés). iihf.com. 17 de xuño de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ Kauhala, Hannu (5 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 1: Jääkiekkoilu modernisoitui ennen SM-liigaa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de setembro de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "TaPa" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "TAMPERE UNITEDIN TARINA" (en finés). Tampere United. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Seura" (en finés). FC Ilves. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Seura" (en finés). Tampereen Pyrintö. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Historiaa ja saavutukset. / History and trophies." (en finés). Ilves FS. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Historia" (en finés). rantaperkionisku.com. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Tampereen Veikot" (en inglés). women.volleybox.net. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ Takamäki, Noora (16 de setembro de 2017). "Manse PP on naisten Superpesiksen Suomen mestari!". Aamulehti (en finés). Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Manse PP:n miesten läpimurtokausi vuoden sykähdyttävin urheiluhetki? – Äänestys nyt käynnissä!" (en finés). Superpesis. 3 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Arena in Tampere gets ready for 2022 Worlds" (en inglés). 17 de xuño de 2019. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "1992 WOMEN'S WORLD CHAMPIONSHIPS" (en inglés). whockey.com. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "1977 WORLD ROWING JUNIOR CHAMPIONSHIPS - KAUKAJAERVI/TAMPERE, FINLAND" (en inglés). Federación Internacional de Remo. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "1995 WORLD ROWING CHAMPIONSHIPS - KAUKAJAERVI/TAMPERE, FINLAND" (en inglés). Federación Internacional de Remo. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "Tampere Openia ei pystytä pelaamaan alkuperäisen suunnitelman mukaan – Tampere ja Tali Open mahdolliseen yhteistyöhön" (en finés). Federación Finlandesa de Tenis. 11 de maio de 2020. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "Tampere Open" (en finés). tampereopen.fi. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "Tampere stadium (Ratina stadium)" (en finés). visittampere.fi. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "IAAF World U20 Championships Tampere 2018" (en finés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "EuroVolley 2021 Tampere" (en finés). tapahtumainfo.fi. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Host Countries. Cities & Venues" (en inglés). EuroVolley. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ Aalto, Pekka; Karttunen, Anu (15 de decembro de 2021). "Kun Tampere haki vuoden 1976 talviolympialaisia, intoa oli enemmän kuin rahaa – "Ne olisivat olleet köyhän miehen kisat", muistelee entinen kaupunginjohtaja". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 1 de outubro de 2022.
- ↑ 78,0 78,1 "Twin cities" (en inglés). Cidade de Tampere. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.