Unha teocracia é unha forma de goberno na que os líderes gobernamentais coinciden cos líderes da relixión dominante, e as políticas gobernamentais son iguais ou teñen unha grande influencia dos principios da relixión dominante. Normalmente o goberno afirma gobernar no nome de Deus ou dunha forza superior, tal como especifica a relixión local.

Existen distintos tipos de teocracias. Un exemplo é o cesaropapismo, no que o poder é compartido entre un líder secular (un emperador, un César) e un líder relixioso (un papa). A teocracia tamén pode ser exercida directamente polo clero (como ocorre en Irán) ou indirectamente (como a través do dereito divino dos reis).

Esta forma de goberno foi apoiada polo reformista Xoán Calvino.

Entre as teocracias actuais atópanse Irán e a Cidade do Vaticano.


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.