Terra de Trasancos
Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe na época da cultura castrexa, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).
Historia
editarNa Gallaecia previa á romanización as divisións territoriais adoitaban estar formadas por uns 50 poboados castrexos, nunha superficie duns 130 km². Este territorio político, ou comissium, deu pé ás bisbarras galegas[1]. Na terra de Trasancos están contabilizados 56 castros, polo que nesa época suporía unha poboación de aproximadamente 2.240 habitantes, contando de media oito vivendas por castro e 5 habitantes por casa.
O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou no castro de Santa Comba unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»).
Toponimia
editarO topónimo Trasancos procede do monte de Ancos, no concello de Neda, e designa tamén as parroquias de Trasancos (Narón) e de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol).
Notas
editar- ↑ Pena Graña, André (2010). Narón un concello con historia de seu I (páxina 167). Concello de Narón. p. 535.
- ↑ "Un excepcional achado epigráfico" Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de André Pena Graña, 2001.