Unión Nacional para a Independencia Total de Angola
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
UNITA, acrónimo de União Nacional para a Independência Total de Angola é un partido político de Angola, que durante máis de 35 anos foi un movemento armado nas guerras de Independencia (1957-1975) e Civil (1975-2003) angolanas. O seu fundador e principal líder foi Jonas Savimbi (1934-2002).
Unión Nacional para a Independencia Total de Angola | |
---|---|
Acrónimo | UNITA |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo, nacionalismo, liberalismo social, Democracia cristiá, Angola, Populismo, Maoísmo, antiimperialismo, anticomunismo, Nacionalismo de esquerda, Socialismo africano e Socialdemocracia |
Data de fundación | 13 de marzo de 1966 |
Fundador(es) | Jonas Savimbi |
Presidente/a | Adalberto Costa Júnior (pt) (2019-) |
Sede | Luanda, Huambo, Andulo, Jamba-Cueio e Bailundo |
País | Angola |
Na rede | |
http://www.unitaangola.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nas eleccións de 1992 a UNITA logrou 70 escanos na Asemblea Nacional. En 2008 baixou a súa forza a 16 parlamentarios, número que duplicou nas eleccións de 2012.