Universidade de Leipzig
A Universidade de Leipzig (alemán: Universität Leipzig), localizada en Leipzig no Estado Libre de Saxonia, é a segunda máis antiga de Alemaña.
Universidade de Leipzig Universität Leipzig Entre 1953 e 1991, a universidade foi chamada Universidade Karl Marx | |
---|---|
Biblioteca Albertina | |
Datos xerais | |
Localización | Leipzig |
Fundación | 2 de decembro de 1409 |
Datos actuais | |
Reitor | Eva Inés Obergfell |
Alumnos | 31 022 |
Datos de contacto | |
Páxina web | Páxina web oficial |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada o 2 de decembro de 1409 por Frederico I, Elector de Saxonia e seu irmán Guillerme II, margrave de Meißen.
Na súa orixe estaba formada por catro facultades e, en 2021, albergaba catorce facultades e arredor de 31.000 estudantes.[1]
Esta Universidade cumpriu máis de 600 anos ininterrompidos dedicada á docencia e á investigación.[2]
Actualmente conta cun Centro de Estudos Galegos, un dos catro existentes en Alemaña.[3]
Historia
editarA Alma máter de Leipzig foi inaugurada a principios do século XV polo antipapa Alexandre V na súa Bula de Recoñecemento do 9 de setembro de 1409.
O seu primeiro reitor foi Johannes Otto von Münsterberg.
Entre 1953, durante o "Ano de Karl Marx", a universidade foi renomeada como Universidade Karl Marx, nome que conservou até 1991.
Facultades
editarAs catro facultades orixinais foron Filosofía e Letras, Teoloxía, Medicina e Dereito. Hoxe en día, a Universidade alberga as seguintes catorce facultades:
- Facultade de Teoloxía
- Facultade de Dereito
- Facultade de Historia, Arte e Estudos Orientais
- Facultade de Filoloxía
- Facultade de Educación
- Facultade de Ciencias Sociais e Filosofía
- Facultade de Economía e Dirección (incluíndo Enxeñaría Civil)
- Facultade de Ciencias dos Deportes
- Facultade de Medicina (cun hospital universitario)
- Facultade de Matemáticas e Ciencias Informáticas
- Facultade de Biociencias, Farmacia e Psicoloxía
- Facultade de Física e Ciencias da Terra
- Facultade de Química e Mineraloxía
- Facultade de Medicina Veterinaria
Profesores e alumnos ilustres
editar- Martin Schongauer, gravador e pintor
- Johann Wolfgang von Goethe, poeta, novelista e dramaturgo
- Gottfried Wilhelm Leibniz, filósofo e matemático
- Friedrich Nietzsche, filósofo, poeta e filólogo
- Karl Richard Lepsius, exiptólogo
- Ernst Bloch, filósofo
- Karl Bücher, economista
- Peter Debye, físico
- Frédéric-Melchior Grimm, escritor ilustrado, crítico e periodista
- Gustav Fechner, psicólogo
- Theodor Frings, filólogo
- Paul Flechsig, neurólogo
- Christian Fürchtegott Gellert, teólogo e poeta
- Johann Christoph Gottsched, filólogo
- Werner Heisenberg, físico
- Gustav Hertz, físico
- Bartholomaeus Keckermann, filósofo e teólogo
- Felix Klein, matemático
- Friedrich Klingner, filólogo clásico
- Werner Krauss, filólogo
- Karl Lamprecht, historiador
- Theodor Litt, pedagogo
- Walter Markov, historiador
- Wilhelm Maurenbrecher, historiador
- August Ferdinand Möbius, astrónomo e matemático
- Petrus Mosellanus, erudito humanista
- Wilhelm Ostwald, químico
- Edgar Buckingham, físico
- Augustus Quirinus Rivinus, botánico
- Wilhelm Roscher, economista
- Christian Thomasius, filósofo
- Shin'ichirō Tomonaga, físico
- Bartel Leendert van der Waerden, matemático
- Rudolf von Gottschall, poeta e dramaturgo
- Ernst Heinrich Weber, médico
- Wilhelm Wundt, fisiólogo e psicólogo
- Angela Merkel, chanceler de Alemaña
- Robert Schumann, músico
Notas
editar- ↑ Jahresbericht, 2021
- ↑ Universidade de Leipzig (ed.). "Dies academicus 2020" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "CEGs en Alemaña". REDE DE CENTROS DE ESTUDOS GALEGOS en Alemaña. Consultado o 10/10/2022.