Universidade de Vigo

universidade pública galega

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo.[1] Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense.[1] No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.[2][3][4]

Universidade de Vigo
Logo da Universidade de Vigo
Datos xerais
LocalizaciónVigo
Fundación24 de xaneiro de 1990
Datos actuais
ReitorManuel Joaquín Reigosa Roger
Profesores1459
Alumnos20 311
Orzamento198.700.000 € (2022)
Datos de contacto
EnderezoCampus Universitario As Lagoas-Marcosende
Páxina webwww.uvigo.gal
Facebook: uvigo Twitter: uvigo Instagram: universidadedevigo BNE: XX96966 Dialnet: 819122 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado nas Lagoas, en Marcosende, na parroquia de Zamáns, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.[5]

A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma.[5] A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.[5]

A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29 000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2022 contaba con 18 577 matriculados/as (9 904 no Campus de Vigo, 4 677 no de Ourense e 3 905 no de Pontevedra).[6] O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey que sería substituído no cargo polo profesor José Antonio Rodríguez Vázquez (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán Domingo Docampo Amoedo, entre 2006 e 2010 Alberto Gago Rodríguez, e entre 2010 e 2018 Salustiano Mato. Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisiólogo vexetal, ocupa o cargo de reitor.[7][8]

Campus

editar

A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campus de Vigo, ou Campus Vigo Tecnolóxico, atópase distribuído en diversas sedes. A principal delas é a cidade universitaria das Lagoas-Marcosende situada na parroquia de Zamáns, a 15 quilómetros do centro da cidade. Porén, no centro de Vigo sitúase o chamado Campus Urbano, asentado nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio, situado na rúa Conde de Torrecedeira e coñecido aínda na actualidade como Escola de Peritos Industriais, é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da universidade. Anexa a este edificio atópase unha biblioteca universitaria. Xusto enfronte, no outro lado da rúa, está a Escola Universitaria de Estudos Empresariais. Na Illa de Toralla, no Edificio Filomena Dato, ten a súa sede a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), na marxe sur da Ría de Vigo.

O Campus de Pontevedra dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira, na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na Casa das Campás, un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.

O Campus de Ourense-Campus da Auga atópase plenamente inserido no casco urbano da cidade, no barrio das Lagoas. Ocupa as instalacións do antigo Hospital da Lonia. Conta, ademais, con outras infraestruturas, coma o Edificio de Ferro (sede das Facultades de Educación e Traballo Social e mais de Historia), ou o Edificio Politécnico, no que se atopa a Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñaría Informática. Na parte nova, coñecida como Campur Sur, sitúanse as Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e mais a de Dereito, ambas no mesmo edificio, e mais a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Outras instalacións inclúen a Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro, a piscina universitaria, a pista polideportiva e diferentes espazos para practicar deporte ao ar libre, entre eles un campo de herba sintética.

Centros docentes

editar
 
Escola de Enxeñaría Industrial.

Campus de Vigo

editar
 
Facultade de Ciencias Económicas (Campus Lagoas-Marcosende).
 
Facultade Filoloxía e Tradución (campus Lagoas-Marcosende).

Campus de Vigo Centro

editar

Centros adscritos

editar
  • EU de Enfermaría (Meixoeiro)
  • EU de Enfermaría (Povisa)
  • EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae"
  • Escola de Negocios Afundación

Campus de Pontevedra

editar

Campus da Xunqueira

editar

Campus de Pontevedra Centro

editar

Centros adscritos

editar

Campus de Ourense

editar
  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Historia
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
  • Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

Centros Adscritos

editar
  • Escola Universitaria de Enfermaría

Estrutura de goberno

editar

O 23 de abril de 2018 tiveron lugar eleccións á reitoría da Universidade de Vigo con dúas candidaturas: Ideas que suman, liderada por Emilio Fernández Suárez, e Horizonte 2040, liderada por Manuel Joaquín Reigosa Roger. Esta última resultou a vencedora na cita electoral co 57,55% dos votos.[10] O actual equipo de goberno está formado polas seguintes persoas:

  • Reitoría: Manuel Reigosa
  • Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade: José Luis Míguez Tabarés
  • Vicerreitoría de Comunucación e Relacións Institucionais: Mónica Valderrama Santomé
  • Vicerreitoría de Economía: José M.ª Martín Moreno
  • Vicerreitoría de Investigación: M.ª Belén Rubio Armesto
  • Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado:
  • Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria: Natalia Caparrini Marín
  • Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación: María Isabel Doval Ruiz
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense: María Esther de Blas Varela
  • Vicerreitoría do Campus de Pontevedra: Jorge Soto Carballo
  • Secretaría Xeral: Miguel-Ángel Michinel Álvarez

Graos, mestrados, estudantado e outros datos de interese

editar

Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.

A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías. En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos. Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración e de servizos foron 702 persoas. Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de euros no ano 1991 a 5,23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €.[11] A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Universidades, Xunta de Galicia (2010). GALIGRAF GALICIA, eds. Guía do sistema universitario de Galicia. ISBN 978-84-693-9727-5. 
  2. "Sobre Campus do Mar". Campus do Mar. Arquivado dende o orixinal o 04/08/2020. Consultado o 26/4/2018. 
  3. Ángel Paniagua (14/01/2010). "El campus del mar de Vigo ya es un proyecto de toda Galicia". La Voz de Galicia. 
  4. Primitivo Carbajo (7/11/2010). "Entrevista: SALUSTIANO MATO Rector de la Universidad de Vigo - "El Campus do Mar revolucionará todo el tejido económico"". El País. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Organización institucional, Universidade de Vigo. "Historia da Universidade de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  6. "La tasa de matriculación de nuevo ingreso en los grados de la UVigo alcanza el 99%". El Español (en castelán). 19 de outubro de 2022. 
  7. "Eleccións 2018". Universidade de Vigo. Consultado o 26/4/2018. 
  8. Marcos Pérez Pena (23/04/2018). "Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo". Praza.gal. Consultado o 26/04/2018. 
  9. Facultade á que de xeito común se lle chamada "Sede Cidade" como se pode ler en Facultade de Enxeñaría Industrial
  10. "Pachi Reigosa é elixido reitor da Universidade de Vigo con máis do 57% dos votos", Duvi, 23 de abril de 2018
  11. Universidade de Vigo (21/12/2015). "O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar