Waldo Botana

futbolista galego

Waldo Botana Pedreira, máis coñecido como Waldo Botana, nado en Rutis (Culleredo)[1] o 21 de febreiro de 1919[2] e finado na Coruña o 20 de xuño de 1998, foi un futbolista galego.

Modelo:BiografíaWaldo Botana
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Rutis, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1998 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Traxectoria

editar

O seu primeiro equipo foi o Rápido de Rutis, xogando posteriormente no Arsenal de Santa Lucía. Na tempada 1935-1936 pasou ao Real Club Deportivo da Coruña e pronto xogaría no equipo titular.[2]

A guerra civil española levouno a terras valenciás e aló ingresou no Recuperación de Levante, xogando o campionato rexional e outro de clasificación para a Copa. Na tempada 1939-1940 pasou ao Valencia CF. Xogou varios partidos e figurou como suplente na final da Copa del Generalísimo fronte o RCD Español de Barcelona. Na tempada 1941-1942 Botana marchou para o CD Alcoyano, onde habería permanecer sete tempadas, varias delas na Primeira División española de fútbol.[2]

Na tempada 1949–50 volveu para o Deportivo da Coruña, adestrado por Alejandro Scopelli. Na súa primeira campaña formou parte do mediocampo titular, xunto con Dagoberto Moll, Manuel Guimeráns e Juanete. Ese ano participou en 26 partidos e o Deportivo foi subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid. Na 1950–51 participou en 12 encontros.

O 27 de novembro de 1950 sufriu unha grave lesión en Riazor (fractura de tibia e peroné) xogando contra o Sevilla FC, o que adiantaría a súa retirada, con 31 anos. Porén, volveu ao fútbol na tempada 1954/55, xogando co Deportivo Xuvenil a histórica campaña do club coruñés na Segunda División.[2] En febreiro de 1955, tras a dimisión de Eduardo Viso, converteuse no adestrador do equipo, ao que non puido salvar do descenso.[3]

Posteriormente pertenceu ao cadro técnico do Deportivo e rexentou un establecemento de venda de material deportivo co tamén xogador deportivista Julián Cuenca na rúa de Santo André, que atendían persoalmente. Faleceu na Coruña en 1998.[2]

Palmarés

editar
Valencia
  1. "Galería de Personajes". Arquivado dende o orixinal o 17-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Carlos Fernández. La Voz de Galicia (19 de abril de 2004). "Personajes coruñeses | Waldo Botana Pereira". Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  3. "Waldo Botana es el nuevo entrenador del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de febreiro de 1955. p. 5.