Wikipedia en neerlandés
A Wikipedia en neerlandés (en neerlandés: Nederlandstalige Wikipedia) é a edición en neerlandés de Wikipedia. Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa.
Wikipedia en neerlandés | |
---|---|
Logo da Wikipedia en neerlandés. | |
Portada da Wikipedia en neerlandés. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Neerlandés |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 19 de xuño de 2001 |
Na rede | |
https://nl.wikipedia.org/ | |
Esta versión da enciclopedia contén 2.172.596 artigos e 1.375.250 usuarios, dos cales 3.486 son activos.[1]
Evolución
editarEstivo na sexta posición por número de artigos, aínda que foi superada pola xaponesa, e pola Wikipedia en español en xuño de 2010 manténdose desde entón no oitavo posto até ser superada pola Wikipedia en portugués en decembro de 2010 e pouco despois pola Wikipedia en ruso.
En abril de 2011 volveu superar en cantidade de artigos á Wikipedia en portugués. En outubro de 2011 adiantou á Wikipedia en ruso e en xaponés, e tras aumentar en 80.000 artigos en apenas once días grazas ao uso de bots, superou á Wikipedia en español e á Wikipedia en polaco o 30 de outubro de 2011, alcanzando así o quinto posto en cantidade de artigos.[2][3] En novembro de 2011 superou á Wikipedia en italiano, colocándose cuarta en número de artigos e alcanzou a cifra dun millón de artigos trala creación por parte de bots de máis de 100.000 artigos en só 10 días. Durante abril de 2012 superou á Wikipedia en francés, colocándose terceira en número de artigos. A partir de febreiro de 2013, grazas a un bot que crea preto de 1.000 artigos por hora, a Wikipedia en neerlandés engadiu velozmente máis de 400.000 artigos, pasando de 1.100.000 en febreiro a máis de 1.500.000 a fins de abril de 2013. En xuño de 2013 superou á Wikipedia en alemán, pasando a ocupar a segunda praza tras a Wikipedia en inglés. Posteriormente volveu a baixar á cuarta posición.
Ten 757 693 usuarios, dos cales 4147 son activos.
Fitos
editar- 12 de abril de 2013: 1.500.000 artigos.
- 17 de decembro de 2011: 1.000.000 artigos.
- 7 de decembro de 2011: 900.000 artigos.
- 31 de outubro de 2011: 850.000 artigos.
- 22 de outubro de 2011: 800.000 artigos.
- 18 de setembro de 2011: 750.000 artigos.
- 19 de xuño de 2011: 700.000 artigos.
- 7 de novembro de 2010: 650.000 artigos.
- 30 de abril de 2010: 600.000 artigos.
- 30 de xullo de 2009: 550.000 artigos.
- 30 de novembro de 2008: 500.000 artigos.
- 17 de xaneiro de 2008: 400.000 artigos.
- 15 de setembro de 2007: 350.000 artigos.
- 29 de maio de 2007: 300.000 artigos.
- 26 de decembro de 2006: 250.000 artigos.
- 24 de maio de 2006: 200.000 artigos.
- 18 de marzo de 2006: 150.000 artigos.
- 14 de outubro de 2005: 100.000 artigos.
- 27 de xaneiro de 2005: 50.000 artigos.
- 7 de febreiro de 2004: 20.000 artigos.
- 3 de agosto de 2003: 10.000 artigos.
- 19 de xuño de 2001: 1 artigo.
Dato
editarNo ano 2013, o 57% dos seus artigos están editados por robots.[4]
Notas
editar- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ Lista de Wikipedias al 20 de octubre de 2011 (en inglés)
- ↑ Lista de Wikipedias al 31 de octubre de 2011 (en inglés)
- ↑ "¿Sabías que hay robots que escriben en la Wikipedia?". ABC. 20 de xuño de 2013. Consultado o 4 de outubro de 2021.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Wikipedia en neerlandés |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en neerlandés |
Bibliografía
editar- de Smits, Ap. "Dat zoeken we op! Wikipedia vs. de Britannica en Encarta". Personal Computer Magazine, en abril de 2008. (en neerlandés)