Xoán Cínamo
Xoán Cínamo (grego: Ἰωάννης Κίνναμος, Ioannes Kinnamos; 1143 - ?), nado en 1143 e finado en ano descoñecido, foi un historiador bizantino, secretario (grammatikós) do emperador Manuel I Comneno (1143-1180), ao cal acompañou nas súas campañas militares en Europa e Asia Menor. Aparentemente Cínamo sobreviviu a Andrónico I Comneno, falecido en 1185.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1143 |
Morte | 1185 (>1185) (41/42 anos) |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarXoán Cínamo, membro dunha importante familia aristocrática, foi o autor dunha historia que abarca o período 1118-1176 e os reinados de Xoán II e Manuel I, continuando a Alexiada de Nicéforo Brienio e Ana Comneno. A obra, en seis libros, é fundamental para o coñecemento do período e foi escrita pouco despois da morte de Manuel; só nos é coñecida por un manuscrito do século XIII mutilado na súa parte final (así como por copias dos séculos XVI e XVII), que parece constituír unha versión abreviada. Xunto coa citada obra de Nicéforo Brienio, continuada pola súa esposa Ana Comneno, forma unha historia completa do século das Cruzadas.
Cínamo distínguese pola súa sinxeleza, precisa concisión e honradez profesional. Con todo, ao ser un cronista de Corte, a obra ten o innegábel defecto de presentar a Manuel Comneno como a un heroe.
Obras
editar- Ἐπιτομὴ τῶν κατορθωμάτων τῷ μακαρίτῃ βασιλεῖ καὶ πορφυρογεννήτῳ κυρίῳ Ἰωάννῃ τῷ Κομνηνῷ, καὶ ἀφήγησις τῶν πραχθέντων τῷ ἀοιδίμᾳ υἱῷ αὐτοῦ τῷ βασιλεῖ καὶ πορφυρογεννήτῳ κυρίῳ Μανουὴλ τῷ Κομνηνῷ ποιηθεῖσα Ἰωάννῃ βασιλικῷ γραμματικῷ Κιννάμῳ, ou "Sumario dos éxitos do gran emperador e señor porfiroxénito Xoán Comneno e narración dos logros do seu celebrado fillo e señor porfiroxénito Manuel Comneno, feita por Xoán Cínamo, o seu secretario imperial" (ed. A. Meineke, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae, Bonn, 1836).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- J. Ljubarskij, "John Kinnamos as a writer", en Polypleuros Nous: Miscellanea für Peter Schreiner zu seinem 60 Geburtstag, Byzantinisches Archiv, 19, ed. C. Scholz e G. Makris, Múnic, 2000, pp. 164–73.
- Paul Stephenson, "John Cinnamus, John II Comnenus and the Hungarian campaign of 1127-1129", Byzantion 66 (1996), pp. 177–87.