Xosé Luís López Cid
profesor e escritor galego
Xosé Luís López Cid, nado en Ourense en 1916 e finado en Bueu o 4 de agosto de 1992,[1] foi un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Ourense, España |
Morte | 4 de agosto de 1992 (75/76 anos) Bueu, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático |
Membro de |
Traxectoria
editarColaborou na revista Espartaco. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Española no Colexio Cardenal Cisneros e despois no Instituto das Lagoas. Amigo de Vicente Risco e José Ángel Valente, estivo vencellado ao Ateneo, á Alianza Francesa e á revista do Instituto das Lagoas Trebo, que fundou e dirixiu desde 1982.
Obras
editarEn galego
editarEscribiu relatos breves como "O cazador de paxaros" (Vieiros, 1965).
- Eilbrief (premio do I Concurso de obras teatrais de Abrente).
- Os cazadores de dotes, Posío, 1954.
En castelán
editar- Historias de Finisterre, 1947.
- Los años del potro, 1949.
- Crisópolis, 1956 (premio Ateneo de Madrid 1956).
- El descielo, 1957.
- Edipo abandonado y otras farsas, Deputación de Ourense, 1992.
- El descielo y otras historias, 1996.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 6-8-1992, p. 49.