Xosé Vázquez Pintor
Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1946 (77 anos) Melide, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor de ensino secundario |
Premios | |
Traxectoria
editarCriado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola.[1] No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou en Cangas de mestre de primaria en Cangas e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.[2][3]
Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.
Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.[4]
75 apertas de buxo irmandadas para Pintor é un libro homenaxe publicado en 2022 por Fervenza (ISBN 978-84-18136-61-0).[5]
Obra
editarPoesía
editar- Gándaras (1971). Lugo: Celta. 91 páxs.
- Terra e pan (1975). Pontevedra: Imp Paredes. 60 páxs.
- O espertar tamén é noso (1977). Edicións do Rueiro. 90 páxs. ISBN 978-84-85220-06-9.
- Ofidios de diario (1984) Edicións do Cerne. 77 páxs. ISBN 84-85378-20-9.
- Na vertical da noite (1990). Concello de Ourense. 112 páxs. ISBN 978-84-505-9148-4.
- No corazón mancado (1990). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 9788486046408.
- Rotación violeta (1996). Culleredo: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788488137890.
- Banzados (2001). Culleredo: Espiral Maior. 100 páxs. ISBN 9788495625199.
- Seara: obra poética (1971-2011) (2011). Culleredo: Espiral Maior. 332 páxs. ISBN 978-84-92646-66-1.
- Bicos (2016). Silleda: Edicións Fervenza. 76 páxs.[6]
Narrativa
editar- De ida e volta (1975). Vigo: Edicións Castrelos. 68 páxs. ISBN 978-84-7041-074-1.
- Quen faga voar (2000). Santiago: Laiovento. 146 páxs. ISBN 9788489896833.
- A memoria do boi (2001). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788483026441.[7] Publicado por Biblioteca Gallega nº 117, La Voz de Galicia, 2002, ISBN 9788497570114.
- Mar de bronce (2003). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-7507-168-8.[8]
- Para dicir abril (2008). Santiago: Sotelo Blanco. 238 páxs. ISBN 9788478245420.
- Máis vidas (2009) Culleredo: Espiral Maior. 117 páxs. ISBN 9788492646081.
- Antípodas (2015). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9914-802-1. ePub: ISBN 978-84-9914-815-1.
Literatura infanto-xuvenil
editar- Lume de biqueira (1999). Vigo: Xerais, Fóra de xogo. 280 páxs. ISBN 9788483023884.
- A folla seca (2003). Santiago: Sotelo Blanco. 28 páxs. Ilustacións de María Lires. ISBN 9788478244195.
- Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2006). Everest Galicia. 84 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 9788440305251.
- Teatro do patacón. Os pés do vento (2008). Silleda: Edicións Fervenza. 26 páxs. Ilustracións de Manuel Fragoso. ISBN 84-96368-68-8.
Teatro
editar- A Parroquia (1976).
- A fraga encantada (1987). Silleda: Edicións Fervenza. 30 páxs. ISBN 978-84-96368-01-9.
- Sala de espera (2001). Silleda: Edicións Fervenza, Teatro Escolar. Ilustracións de Paco Lareo. ISBN 84-930917-2-3.
- Teatro de Pintor (2020). Silleda: Edicións Fervenza. 229 páxs. ISBN 9788417094904.[9]
Ensaio
editar- Os vellos oficios (1996). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 9788475079745. (sobre os oficios 1)
- A tribo sabe (1999). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788483024034. (sobre os oficios 2)
- Tal era vivir (2004). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788497821919. (sobre os oficios 3)
- Palabras de papel: da miña terra e xente (2007). Anuario de Estudios e Investigación Deza (separata).
- A Terra do Medio (viaxes literarias) (2009). A Nosa Terra. 70 páxs. ISBN 9788483413296.[10] Retrato intimista de seis municipios galegos.
Artigos xornalísticos
editar- Columnas de papel (2013). Cangas: Edicións Morgante.
- Columnas de papel 2 (1993-2012) (2014). Cangas: Edicións Morgante.
Obras colectivas
editar- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
- III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
- IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
- VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
- XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, AELG.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios
editar- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1973, por Pousafoles.
- Premio Eduardo Pondal no 1981, por Ofidios de diario.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 1989, por Na vertical da noite.
- Premio Esquío de poesía no 1989, por No corazón mancado.
- Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2000, por Banzados.
- Premio Carvalho Calero de creación literaria no 2000, por Quen faga voar.
- Premio Torrente Ballester no 2000, por A memoria do boi.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2001, por A memoria do boi.
- Premio Vicente Risco de creación literaria no 2007, por Para dicir abril.
Notas
editar- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Xosé Vázquez Pintor Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Xosé Vázquez Pintor". www.aelg.gal. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: v". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Homenaje en Agolada el día 25 al escritor Xosé Vázquez Pintor". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-18. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ Nicolás, Ramón (2016-12-01). "Bicos, de Xosé Vázquez Pintor". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "«A memoria do boi», de Xosé Vázquez Pintor, retrata a vida da vella Pontevedra". La Voz de Galicia. 2002-04-23. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Presentación de 'Teatro de Pintor', de Xosé Vázquez Pintor Erregueté". 2020-01-24. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "«A terra do medio» de Pintor". La Voz de Galicia. 2009-11-07. Consultado o 2022-04-06.