abetouro
Galego
- Etimoloxía: do francés butor, e este talvez do latín vulgar butitaurus, do latín butio, abetouro, e taurus, touro, boi.
- Pronuncia: [a.βeˈtow.ɾʊ] (AFI)
abetouro (sg: abetouro; pl: abetouros)
- (Ornitoloxía) Nome común de catro especies de aves ciconiiformes da familia dos ardeidos pertencentes ao xénero Botaurus, do tamaño dunha garza, con bico forte e rematado en punta, ás largas de extremos arredondados, patas robustas, máis ben curtas para un ardeido, e plumaxe suave de cor leonada con manchas pardas, que viven agochadas entre a vexetación das ribeiras das masas de auga continentais de Eurasia, sur de África, ambas as Américas, Australia e Nova Celandia, alimentándose de anfibios, réptiles, pequenos paxaros e mamíferos, e de agromos de plantas acuáticas.