Darryl F. Zanuck
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1902 Wahoo, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 22 de decembro de 1979 (77 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Outros nomes | Gregory Rogers |
Actividade | |
Ocupación | guionista, director de cinema, actor, produtor de cinema, produtor |
Período de actividade | 1922 - |
Empregador | Universidade do Sur de California |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Virginia Fox (1924–1979) |
Fillos | Richard D. Zanuck |
Premios | |
| |
|
Darryl Francis Zanuck, nado en Wahoo (Nebrasca) o 5 de setembro de 1902 e finado en Palm Springs (California) o 22 de decembro de 1979 foi un produtor, argumentista e director estadounidense.
Ao lado de Joseph Schenck converteuse nun dos fundadores da 20th Century Fox, cando en 1935 a Fox Film Corporation se fundiu cunha próspera produtora, a Twentieth Century Pictures, liderada por Schenck. A fusión converteu a Schenck no presidente do consello director e levou a Zanuck para a empresa como vicepresidente, encargado da produción de filmes.[1]
Traxectoria
Abandonado polos seus pais aos 13 anos de idade, alistouse no exército estadounidense aos 15 anos, combatendo en Bélxica durante a primeira guerra mundial.
Desde moi novo comezou a escribir historias para o cinema, e en 1925 converteuse en director de produción da Warner. En 1933 concluíu que a súa carreira non lle permitía chegar máis lonxe na Warner, polo que abandonou a empresa para formar Twentieth Century Films, co apoio de Louis B. Mayer da Metro-Goldwyn-Mayer e Joseph M. Schenck presidente da United Artists. En 1935 Twentieth Century Films absorbeu a fracasada Fox, crando Twentieth Century Fox, que foi dirixida por Zanuck durante numerosos anos.
Ao logo da súa carreira, que comezou nos anos 1920 aínda co cinema mudo e se estendeu ata o inicio dos anos 1970, produciu e realizou mais de douscentos filmes.
Recoñecementos
Zanuck é a única persoa que recibiu tres premios Irving G. Thalberg, concedidos pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, en 1937, 1944 e 1950.
En 1947 gañou o Óscar ao mellor filme con Gentleman's Agreement.
Notas
- ↑ "Sobre Fox: Nossa Hist20th Century Studios". foxfilm.com.br/. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015. Texto "ória Corporativa" ignorado (Axuda)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darryl F. Zanuck |
Bibliografía
- Behlmer, Rudy (editor) (1993). Memo from Darryl F. Zanuck: The Golden Years at Twentieth Century-Fox. Grove. ISBN 0-8021-1540-3.
- Chrissochoidis, Ilias (editor) (2013). The Cleopatra Files: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Brave World. ISBN 978-0-61582-919-7.
- Chrissochoidis, Ilias (ed.). CinemaScope: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Brave World, 2013. ISBN 978-0-61589-880-3.
- Custen, George F. Twentieth Century's Fox: Darryl F. Zanuck And The Culture Of Hollywood. Basic Books (novembro de 1997)
- Dunne, John Gregory. The Studio. Farrar, Straus & Giroux (xaneiro de 1969)
- Mosley, Leonard (1984). Zanuck: The Rise and Fall of Hollywood's Last Tycoon. Little, Brown. ISBN 0-316-58538-6.
- Farber, Stephen. Hollywood Dynasties, Putnam Group (xullo de 1984). ISBN 0887150004.
- Harris, Marlys J. The Zanucks of Hollywood: The Dark Legacy of an American Dynasty, Crown (xuño de 1989). ISBN 0517570203
- Thackrey Jr., Thomas. (decembro 23, 1979). "Darryl F. Zanuck, Last of Movie Moguls, Dies at 77". Los Angeles Times, p. 1.