Lingüística: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mdf:Кялень содамась |
m →Palabras relacionadas: Grao (gramática) |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
As chamadas [[partes da oración]] ([[sintaxe]]): [[adverbio]], [[verbo]], [[substantivo]], [[adxectivo]], [[preposición]], [[conxunción]] , [[interxección]] e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); [[núcleo]], [[modificador]], [[adxacente]], [[xustaposición]], aposición, [[posposición]], [[preposición]], [[coordinación]], [[subordinación]]; [[palabra]], [[verba]], [[locución]], [[frase]], [[sintagma]], [[Oración (gramática)|oración]], [[enunciado]], [[sentenza]], [[secuencia]]; |
As chamadas [[partes da oración]] ([[sintaxe]]): [[adverbio]], [[verbo]], [[substantivo]], [[adxectivo]], [[preposición]], [[conxunción]] , [[interxección]] e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); [[núcleo]], [[modificador]], [[adxacente]], [[xustaposición]], aposición, [[posposición]], [[preposición]], [[coordinación]], [[subordinación]]; [[palabra]], [[verba]], [[locución]], [[frase]], [[sintagma]], [[Oración (gramática)|oración]], [[enunciado]], [[sentenza]], [[secuencia]]; |
||
Tamén en [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]]: [[diminutivo]], [[aumentativo]]; [[analoxía]]; [[tempo]], [[modo]], [[aspecto]], [[voz]], [[xénero]], [[número]], [[caso]], [[grao]]; |
Tamén en [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]]: [[diminutivo]], [[aumentativo]]; [[analoxía]]; [[tempo]], [[modo]], [[aspecto]], [[voz]], [[xénero]], [[número]], [[caso]], [[Grao (gramática)|grao]]; |
||
Ademais en léxico e [[semántica]]: [[onomástica]], [[toponimia]], [[topónimo]], [[antroponimia]], [[antropónimo]], [[xentilicio]], [[etimoloxía]], [[étimo]]; [[polisemia]], [[homonimia]], [[sinonimia]], [[cohiponimia]], [[hiponimia]], [[hiperonimia]] ([[homónimo]], [[sinónimo]], [[cohipónimo]], [[hipónimo]], [[hiperónimo]]) |
Ademais en léxico e [[semántica]]: [[onomástica]], [[toponimia]], [[topónimo]], [[antroponimia]], [[antropónimo]], [[xentilicio]], [[etimoloxía]], [[étimo]]; [[polisemia]], [[homonimia]], [[sinonimia]], [[cohiponimia]], [[hiponimia]], [[hiperonimia]] ([[homónimo]], [[sinónimo]], [[cohipónimo]], [[hipónimo]], [[hiperónimo]]) |
Revisión como estaba o 10 de maio de 2012 ás 00:35
Lingüística |
---|
Lingüística teórica |
Gramática descritiva |
Lingüística aplicada |
Artigos relacionados |
A lingüística é o estudo científico[1][2] tanto da estrutura das linguas naturais[3][4] como do coñecemento que os falantes posúen delas.
O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do século XIX interesouse ante todo no cambio lingüístico e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.
O obxectivo da lingüística teórica é a construción dunha teoría xeral da estrutura da lingua ou dun sistema teórico xeneral para a descrición das linguas; o obxectivo da lingüística aplicada é a aplicación dos descubrimentos e técnicas do estudo científico da lingua a unha variedade de tarefas básicas como a elaboración de métodos mellorados de ensino de idiomas.
Os termos microlingüística e macrolingüística aínda non están ben establecidos. O primeiro refírese a un máis estreito e o segundo a un máis amplo punto de vista no eido da lingüística. Dende o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse por proveito propio e sen referencia á súa función social, nin ao xeito no que son adquiridas polos cativos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen á produción e á recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa da linguaxe, etc. En contraste, a macrolinguística abrangue todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico por exemplo a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e maila estilística.
Palabras relacionadas
As chamadas partes da oración (sintaxe): adverbio, verbo, substantivo, adxectivo, preposición, conxunción , interxección e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); núcleo, modificador, adxacente, xustaposición, aposición, posposición, preposición, coordinación, subordinación; palabra, verba, locución, frase, sintagma, oración, enunciado, sentenza, secuencia;
Tamén en morfoloxía: diminutivo, aumentativo; analoxía; tempo, modo, aspecto, voz, xénero, número, caso, grao;
Ademais en léxico e semántica: onomástica, toponimia, topónimo, antroponimia, antropónimo, xentilicio, etimoloxía, étimo; polisemia, homonimia, sinonimia, cohiponimia, hiponimia, hiperonimia (homónimo, sinónimo, cohipónimo, hipónimo, hiperónimo)
Lingüistas e escolas lingüísticas
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
En Europa houbo un desenvolvemento paralelo da lingüística estrutural, influenciada moi fortemente por Ferdinand de Saussure, (1857 -1913), un estudoso suízo cuxas aulas de lingüística xeral, publicadas postumamente polos seus alumnos, deron a dirección da análise lingüística europea da década de 1920 en diante; ese enfoque foi amplamente adoptado noutros campos baixo o termo "estruturalismo" ou análise estruturalista. Ferdinand de Saussure tamén é considerado o fundador da semioloxía.
Durante a Segunda Guerra Mundial, Leonard Bloomfield e varios dos seus alumnos e colegas desenvolveron material de ensino para unha variedade de linguas cuxo coñecemento era necesario para o esforzo de guerra. Este traballo levou ao aumento da prominencia do campo da lingüística, que se tornou unha disciplina recoñecida na maioría das universidades americanas soamente despois da guerra.
Noam Chomsky desenvolveu o seu modelo formal de linguaxe, coñecida como gramática transformacional, baixo a influencia do seu profesor Zellig Harris, quen foi fortemente influenciado por Bloomfield. O modelo de Chomsky foi recoñecidamente dominante desde a década de 1960 ata a de 1980 e goza aínda de elevada consideración nalgúns círculos de lingüistas. Steven Pinker tense ocupado de clarificar e simplificar as ideas de Chomsky con moito máis significancia para o estudo da linguaxe en xeral.
Da década de 1980 en diante, os enfoques pragmáticos, funcionais e cognitivos veñen gañando terreo nos Estados Unidos e en Europa. Unhas poucas figuras importantes nese movemento son Michael Halliday, cuxa gramática sistémica-funcional é moi estudada no Reino Unido, Canadá, Australia, China e Xapón; Dell Hymes, que desenvolveu o enfoque pragmático "A Etnografía do Falar"; George Lakoff, Len Talmy, e Ronald Langacker, que foron os pioneiros da lingüística cognitiva; Charles Fillmore e Adele Goldberg, que están asociados coa gramática da construción; e entre os lingüistas que desenvolven varios tipos da chamada gramática funcional están Simon Dik, Talmy Givon e Robert Van Valin, Jr.
Outros importantes ou notables lingüistas e semióticos son:
- Charles Sanders Peirce (1939-1914) - considerado un dos fundadores da semiótica moderna e do pragmatismo norte-americano. Filósofo, Biólogo, Matemático.
- Sir William Jones (1746-1794) - xuíz inglés que formulou a hipótese do indo-europeo - orixe común entre varias linguas europeas e o sánscrito.
- Jakob Grimm (1785-1863) - filólogo e folclorista (un dos "Irmáns Grimm") e que propuxo a Lei de Grimm, a primeira descrición dunha transformación fonética sistemática dentro dunha lingua.
- Franz Bopp (1791-1867) - importante traballo comparativo coas linguas indo-europeas.
- Franz Boas (1858-1942) - antropólogo cultural que enfatizou nitidamente a análise lingüística. As modernas técnicas de traballo de campo en lingüística derivan do seu traballo.
- Leonard Bloomfield (1887-1949) - fundador da lingüística estrutural norte-americana.
- Edward Sapir (1884-1939) - alumno de Franz Boas, formulador, xuntamente con B.Whorf, da Hipótese Sapir-Whorf.
- Roman Jakobson (1896-1982) - fundador da "Escola de Praga" de lingüística teórica.
- Benjamin Lee Whorf (1897-1941) - alumno de E.Sapir, con quen formulou a Hipótese Sapir-Whorf.
- Samuel Ichiye Hayakawa (1906-1992) - educador e senador dos Estados Unidos cuxo libro de 1938 "Language in Thought and Action" (Lingua en Pensamento e Acción) foi amplamente lido.
- Charles F. Hockett (1914-2000) - importante teórico lingüístico, alumno de Leonard Bloomfield, e que desenvolveu moitas ideas de estruturalismo americano.
- Joseph H. Greenberg (1914-2001) - mestre da arte e da ciencia da clasificación xenética da linguaxe; tamén fixo importantes contribucións á tipoloxía lingüística.
- Kenneth L. Pike (1912-2000) - lingüista e antropólogo e criador da teoría da tagmémicas.
- Sydney M. Lamb (1929- ) - teórico lingüístico cuxa gramática estratificacional é unha alternativa significante á teoría da gramática transformacional de Noam Chomsky.
- Umberto Eco (1932- ) - Autor e semiótico italiano moi coñecido pola súa novela "O nome da rosa" e polo ensaio "O Péndulo de Foucault".
Lei fonética e os irmáns Grimm
A teoría Wörter und Sache
Gramática Transformacional é un amplo termo usado para describir gramáticas, case exclusivamente aquelas que se refiren a linguas naturais que foron desenvolvidas na tradición chomskiana
A perspectiva cognitiva xorde recentemente na década da década de 1980 como resposta ao descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente o individuo e as súas habilidades cognitivas.
- Véxase tamén lingüista
Subdisciplinas da lingüística e da Gramática
As subdisciplinas fundamentais da lingüística son:
- grafémica, fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, filoloxía propiamente dita, semántica, lexicografía e lexicoloxía, historia da lingua ou gramática histórica, etimoloxía, pragmática e (no seu senso antigo) oratoria e retórica;
As interaccións con outras ciencias sociais ou médicas son:
- neurolingüística, lingüística clínica ou patoloxías da linguaxe, psicolingüística, sociolingüística, lingüística computacional, lingüística de corpus, lingüística forense, terminoloxía, tipoloxía lingüística, (linguas en perigo de extinción e linguas do mundo), tradutoloxía, dialectoloxía ou paleoantropolingüística (orixes da linguaxe).
Notas
- ↑ Fromkin, Victoria; Bruce Hayes; Susan Curtiss, Anna Szabolcsi, Tim Stowell, Donca Steriade (2000). Blackwell, ed. Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford. p. 3. ISBN 0-631-19711-7. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda) - ↑ Martinet, André (1960). Faber, ed. Elements of General Linguistics. Tr. Elisabeth Palmer (Studies in General Linguistics, vol. i.). London. p. 15.
- ↑ Halliday, Michael A. K.; Jonathan Webster (2006). Continuum International Publishing Group, ed. On Language and Linguistics. p. vii. ISBN 0-8264-8824-2. Parámetro descoñecido
|ligazón autor=
ignorado (Axuda); A referencia usa o parámetro obsoleto|coautores=
(Axuda) - ↑ Greenberg, Joseph (1948). "Linguistics and ethnology". Southwestern Journal of Anthropology 4: 140–47.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingüística |
Bibliografía
- Aitchison, Jean (1999). Linguistics: An Introduction. Hodder & Stoughton. (en inglés)
- Aronoff, Mark & Janie Rees-Miller (Eds.) (2003) The Handbook of Linguistics, Blackwell Publishers. (ISBN 1-4051-0252-7) (en inglés)
- Bloomfield, Leonard (1933,1984) Language, University of Chicago Press. (ISBN 0-226-06067-5) (en inglés)
- Chomsky, Noam (1965) Aspects of the Theory of Syntax; Syntactic Structures; On Language (en inglés)
- Comrie, Bernard (1989) Language Universals and Linguistic Typology, University of Chicago Press. (ISBN 978-0-226-11433-0) (en inglés)
Outros artigos
- Fenomenoloxía
- Epistemoloxía
- Ontoloxía
- Teleoloxía
- Filosofía da ciencia
- Antropoloxía
- Socioloxía
- Psicoloxía
- Historiografía
- Antimentalismo
- Estruturalismo
- Formalismo
- Funcionalismo
- Xenerativismo
- Cognitivismo
- Glosario de termos lingüísticos