Saltar ao contido

Lingüística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}
{{lingüística}}
{{lingüística}}
A '''lingüística''' é o estudo [[Ciencia|científico]]<ref>{{Cita libro|título=Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory |apelidos=Fromkin |nome=Victoria |ligazónautor=Victoria Fromkin |coautores=[[Bruce Hayes]]; Susan Curtiss, [[Anna Szabolcsi]], Tim Stowell, Donca Steriade |localización=Oxford |editor=Blackwell |ano=2000 |id=ISBN 0-631-19711-7 |páxina=3}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Elements of General Linguistics |apelidos=Martinet |nome=André |ligazónautor=André Martinet |outros=Tr. Elisabeth Palmer (Studies in General Linguistics, vol. i.) |localización=London |editor=Faber |ano=1960 |páxina=15}}</ref> tanto da estrutura das [[lingua natural|linguas naturais]]<ref>{{Cita libro|título=On Language and Linguistics |nome=Michael A.&nbsp;K. |apelidos=Halliday |ligazón autor=Michael Halliday |coautores=Jonathan Webster |editor=Continuum International Publishing Group |ano=2006 |id=ISBN 0-8264-8824-2 |páxina=vii}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|título=Linguistics and ethnology |revista=Southwestern Journal of Anthropology |volume=4 |páxinas=140–47 |ano=1948 |apelidos=Greenberg |nome=Joseph |ligazónautor=Joseph Greenberg}}</ref> como do coñecemento que os falantes posúen delas.
A '''lingüística''' é o estudo [[Ciencia|científico]]<ref>{{Cita libro|título=Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory |apelidos=Fromkin |nome=Victoria |ligazónautor=Victoria Fromkin |coautores=[[Bruce Hayes]]; Susan Curtiss, [[Anna Szabolcsi]], Tim Stowell, Donca Steriade |localización=Oxford |editor=Blackwell |ano=2000 |id=ISBN 0-631-19711-7 |páxina=3}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Elements of General Linguistics |apelidos=Martinet |nome=André |ligazónautor=André Martinet |outros=Tr. Elisabeth Palmer (Studies in General Linguistics, vol. i.) |localización=London |editor=Faber |ano=1960 |páxina=15}}</ref> tanto da estrutura das [[lingua natural|linguas naturais]]<ref>{{Cita libro|título=On Language and Linguistics |nome=Michael A.&nbsp;K. |apelidos=Halliday |ligazónautor=Michael Halliday |coautores=Jonathan Webster |editor=Continuum International Publishing Group |ano=2006 |id=ISBN 0-8264-8824-2 |páxina=vii}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|título=Linguistics and ethnology |revista=Southwestern Journal of Anthropology |volume=4 |páxinas=140–47 |ano=1948 |apelidos=Greenberg |nome=Joseph |ligazónautor=Joseph Greenberg}}</ref> como do coñecemento que os falantes posúen delas.


O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres [[dicotomía]]s: [[lingüística sincrónica]] versus [[lingüística diacrónica]], [[lingüística teórica]] versus [[lingüística aplicada]], [[microlingüística]] versus [[macrolingüística]]. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do [[século XIX]] interesouse ante todo no [[cambio lingüístico]] e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.
O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres [[dicotomía]]s: [[lingüística sincrónica]] versus [[lingüística diacrónica]], [[lingüística teórica]] versus [[lingüística aplicada]], [[microlingüística]] versus [[macrolingüística]]. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do [[século XIX]] interesouse ante todo no [[cambio lingüístico]] e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.

Revisión como estaba o 10 de maio de 2015 ás 20:45

A lingüística é o estudo científico[1][2] tanto da estrutura das linguas naturais[3][4] como do coñecemento que os falantes posúen delas.

O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do século XIX interesouse ante todo no cambio lingüístico e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.

O obxectivo da lingüística teórica é a construción dunha teoría xeral da estrutura da lingua ou dun sistema teórico xeneral para a descrición das linguas; o obxectivo da lingüística aplicada é a aplicación dos descubrimentos e técnicas do estudo científico da lingua a unha variedade de tarefas básicas como a elaboración de métodos mellorados de ensino de idiomas.

Os termos microlingüística e macrolingüística aínda non están ben establecidos. O primeiro refírese a un máis estreito e o segundo a un máis amplo punto de vista no eido da lingüística. Dende o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse por proveito propio e sen referencia á súa función social, nin ao xeito no que son adquiridas polos cativos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen á produción e á recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa da linguaxe etc. En contraste, a macrolinguística abrangue todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico por exemplo a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e maila estilística.

Palabras relacionadas

Mapa das linguas do mundo.

As chamadas partes da oración (sintaxe): adverbio, verbo, substantivo, adxectivo, preposición, conxunción , interxección e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); núcleo, modificador, adxacente, xustaposición, aposición, posposición, preposición, coordinación, subordinación; palabra, verba, locución, frase, sintagma, oración, enunciado, sentenza, secuencia;

Tamén en morfoloxía: diminutivo, aumentativo; analoxía; tempo, modo, aspecto, voz, xénero, número, caso, grao;

Ademais en léxico e semántica: onomástica, toponimia, topónimo, antroponimia, antropónimo, xentilicio, etimoloxía, étimo; polisemia, homonimia, sinonimia, cohiponimia, hiponimia, hiperonimia (homónimo, sinónimo, cohipónimo, hipónimo, hiperónimo)

Lingüistas e escolas lingüísticas

Noam Chomsky, lingüista estadounidense, iniciador da gramática xenerativa, paradigma dominante na lingüística moderna na segunda metade do século XX.

En Europa houbo un desenvolvemento paralelo da lingüística estrutural, influenciada moi fortemente por Ferdinand de Saussure, (1857 -1913), un estudoso suízo cuxas aulas de lingüística xeral, publicadas postumamente polos seus alumnos, deron a dirección da análise lingüística europea da década de 1920 en diante; ese enfoque foi amplamente adoptado noutros campos baixo o termo "estruturalismo" ou análise estruturalista. Ferdinand de Saussure tamén é considerado o fundador da semioloxía.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Leonard Bloomfield e varios dos seus alumnos e colegas desenvolveron material de ensino para unha variedade de linguas cuxo coñecemento era necesario para o esforzo de guerra. Este traballo levou ao aumento da prominencia do campo da lingüística, que se tornou unha disciplina recoñecida na maioría das universidades americanas soamente despois da guerra.

Noam Chomsky desenvolveu o seu modelo formal de linguaxe, coñecida como gramática transformacional, baixo a influencia do seu profesor Zellig Harris, quen foi fortemente influenciado por Bloomfield. O modelo de Chomsky foi recoñecidamente dominante desde a década de 1960 ata a de 1980 e goza aínda de elevada consideración nalgúns círculos de lingüistas. Steven Pinker tense ocupado de clarificar e simplificar as ideas de Chomsky con moito máis significancia para o estudo da linguaxe en xeral.

Da década de 1980 en diante, os enfoques pragmáticos, funcionais e cognitivos veñen gañando terreo nos Estados Unidos e en Europa. Unhas poucas figuras importantes nese movemento son Michael Halliday, cuxa gramática sistémica-funcional é moi estudada no Reino Unido, Canadá, Australia, China e Xapón; Dell Hymes, que desenvolveu o enfoque pragmático "A Etnografía do Falar"; George Lakoff, Len Talmy, e Ronald Langacker, que foron os pioneiros da lingüística cognitiva; Charles Fillmore e Adele Goldberg, que están asociados coa gramática da construción; e entre os lingüistas que desenvolven varios tipos da chamada gramática funcional están Simon Dik, Talmy Givon e Robert Van Valin, Jr.

Outros importantes ou notables lingüistas e semióticos son:

Lei fonética e os irmáns Grimm

Gramática Transformacional é un amplo termo usado para describir gramáticas, case exclusivamente aquelas que se refiren a linguas naturais que foron desenvolvidas na tradición chomskiana

A perspectiva cognitiva xorde recentemente na década da década de 1980 como resposta ao descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente o individuo e as súas habilidades cognitivas.

Subdisciplinas da lingüística e da Gramática

Inicialmente, o estudo da linguas centrábase filoloxía propiamente dita (o estudo dos textos antigos, actual paleografía) na gramática (parte do trivium), especialmente coa grega e latina como referencia, cuxas partes eran especialmente as dúas ou tres primeiras desta lista, que co tempo se foi transformando ampliando :

Co coñecemento da relación entre as linguas (que xurdiu da comparación entre o latín e as linguas romances e o aumento do prestixio destas), xurdiron:

E co tempo algúns autores comezaron a incluír a fonoloxía (que estuda os fonemas de cada lingua) e a fonética (o estudo da capacidade de pronunciación do ser humano) -as dúas herdeiras de oratoria e prosodia- ou a semántica (que estuda o significado), e coa perspectiva dalgunhas das escolas mencionadas (o estruturalismo entre as máis significativas) naceron a pragmática.

A evolución doutras ciencias sociais ou médicas colaborou a atopar campos comúns de estudo. En realidade xa había debates ou aplicacións dende moi antigo pero sen que tivesen un nome de seu, por exemplo a Tradutoloxía e a Paleoantropolingüística (que busca as orixes da linguaxe), pero foi durante o século XX no que a lingüística coñeceu un incremento importante da súa actividade e trascendencia, e implementáronse novos aspectos nos que a lingüística podía axudar a entender outros campos do coñecemento e do ser humano: moitas destas subseccións agrúpanse na chamada lingüística aplicada e poderíanse apuntar as seguintes disciplinas:

Notas

  1. Fromkin, Victoria; Bruce Hayes; Susan Curtiss, Anna Szabolcsi, Tim Stowell, Donca Steriade (2000). Blackwell, ed. Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford. p. 3. ISBN 0-631-19711-7.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)
  2. Martinet, André (1960). Faber, ed. Elements of General Linguistics. Tr. Elisabeth Palmer (Studies in General Linguistics, vol. i.). London. p. 15. 
  3. Halliday, Michael A. K.; Jonathan Webster (2006). Continuum International Publishing Group, ed. On Language and Linguistics. p. vii. ISBN 0-8264-8824-2.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)
  4. Greenberg, Joseph (1948). "Linguistics and ethnology". Southwestern Journal of Anthropology 4: 140–47. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas