NGC 2080
NGC 2080 | |
---|---|
Imaxe tomada polo HST da rexión de formación de estrelas NGC 2080. Créditos: NASA/ESA. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de emisión |
Ascensión recta | 05h 39m 44,2s |
Declinación | -69° 38′ 44" |
Distancia | 168.000 al |
Magnitude aparente | - |
Constelación de | Dorado |
Outras designacións | ESO 057-EN012, h 2950, GC 1278 |
NGC 2080 (A Nebulosa Cabeza de Pantasma) é unha rexión de formación de estrelas, ademais de ser unha nebulosa de emisión que está ó sur do 30 Doradus (Nebulosa da Tarántula), no sur da constelación de Dorado. Esta nebulosa pertence á Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da Vía Láctea, que está a unha distancia de 168.000 anos luz.[1] NGC 2080 foi descuberta por John Frederick William Herschel no ano 1834.[2] A Nebulosa Cabeza de Pantasma ten un diámetro de 50 anos luz.[3] e ten este nome debido ós dous parches brancos que posúe, chamados "os ollos da pantasma".[4] O parche occidental, chamado A1, ten unha burbulla no centro, que se creou pola estrela masiva e nova que contén. O parche oriental, chamado A2, ten varias estrelas novas nun recentemente formado cúmulo estelar, pero estas estrelas aínda son escurecidas pola nube de po onde se orixinaron.[1][4] Xa que ningunha de ambas nubes de po se disiparon debido á radiación estelar, os astrónomos deduciron que ambos conxuntos de estrelas formáronse nos últimos 10.000 anos.[4] Estas estrelas comezaron a crear unha burbulla na nebulosa coas súas emanacións de material, chamado vento estelar.[5]
A presenza de estrelas tamén inflúe na cor da nebulosa. A parte occidental da nebulosa ten unha liña de emisión de osíxeno dominante por mor dunha estrela moi potente da periferia da nebulosa, o que lle da a cor verde.[4] Tanto o hidróxeno coma o osíxeno son ionizados na rexión central, que aparece cunha cor amarela pálida, cando o hidróxeno é enerxizado o suficiente coma para emitir nunha segunda lonxitude de onda da luz, entón aparece o azul, tal coma sucede na área circundante A1 e A2.[1][4]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wilkins, Jamie; Dunn, Robert; (2006). Firefly Books, ed. 300 Astronomical Objects: A Visual Reference to the Universe (1ª ed.). Buffalo, New York. ISBN 978-1-55407-175-3.
- ↑ Frommert, Hartmut; Kronberg, Christine; (19-04-2006). SEDS, ed. "More LMC objects". Consultado o 07-05-2012.
- ↑ NASA, ed. (31-10-2001). "Halloween and the Ghost Head Nebula". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 07-05-2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 NASA and ESA, ed. (19-12-2001). "Hubble Sends Season's Greetings from the Cosmos to Earth". HubbleSite. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2012. Consultado o 07-05-2012.
- ↑ ESA, ed. (18-10-2001). "Painting with oxygen and hydrogen". Arquivado dende o orixinal o 10-05-2012. Consultado o 07-05-2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: NGC 2080 |
- Hubble Sends Season's Greetings from the Cosmos to Earth – Hubble Space Telescope news release (en inglés)
- APOD, 2001 October 31 (en inglés)
- Release on NGC 2080 at ESA/Hubble Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)