Saltar ao contido

TIROS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Un TIROS de primeira xeración.

TIROS ou Television Infrared Observation Satellite é unha serie de satélites meteorolóxicos dos Estados Unidos.[1]

Características

Os satélites TIROS foron no seu inicio un experimento por parte da NASA para comprobar se satélites en órbitas polares podían ser útiles no estudo da Terra e na predición meteorolóxica. Os primeiros satélites foron útiles como medio de aprendizaxe para deseñar satélites meteorolóxicos. O primeiro TIROS foi lanzado en 1960. O programa continuou durante varias décadas a través de varias xeracións de satélites cada vez máis avanzados.[1]

TIROS 1 a 10

Tiñan unha masa duns 123 kg e lanzáronse entre 1960 e 1965. TIROS 9, cunha masa algo maior (138 kg) foi usado como prototipo para a seguinte xeración, os Operational TIROS.[2][1]

TIROS 11 a 19 (Operational TIROS)

Tamén coñecidos como ESSA, lanzáronse nove entre 1966 e 1969. Ao igual que os TIROS orixinais, tiñan forma cilíndrico con 107 cm de diámetro e 56 cm de altura pero eran máis masivos, entre 145 e 286 kg. Alimentábanse tamén mediante células solares e estabilizábanse mediante xiro. A bordo levaban un par de cámaras para fotografar a superficie e a cuberta de nubes.[3][1]

TIROS N

Os TIROS N foron a terceira xeración de satélites TIROS, substituídos posteriormente polos Advanced TIROS-N. Tratábase de satélites estabilizados nos tres eixos baseados nos satélites meteorolóxicos militares DMSP-5D1. Tiñan 3,71 m de longo e 1,88 m de diámetro. Foron lanzados atro entre 1978 e 1981, pasándose a ser denominados posteriormente como NOAA.[4][1]

Os satélites TIROS foron substituídos polos satélites ITOS.[1]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
TIROS 1 1 de abril de 1960 Thor Able Éxito
TIROS 2 23 de novembro de 1960 Delta Éxito
TIROS 3 12 de xullo de 1961 Delta Fallo
TIROS 4 8 de febreiro de 1962 Delta Éxito
TIROS 5 19 de xuño de 1962 Delta Fallo
TIROS 6 18 de setembro de 1962 Delta Éxito
TIROS 7 19 de xuño de 1963 Delta B Éxito
TIROS 8 21 de decembro de 1963 Delta B Éxito
TIROS 9 22 de xaneiro de 1965 Delta C Éxito
TIROS 10 2 de xullo de 1965 Delta C Éxito
TIROS 11 3 de febreiro de 1966 Delta C Éxito
TIROS 12 28 de febreiro de 1966 Delta E Éxito
TIROS 13 2 de outubro de 1966 Delta E Éxito
TIROS 14 26 de xaneiro de 1967 Delta E Éxito
TIROS 15 29 de abril de 1967 Delta E Éxito
TIROS 16 10 de novembro de 1967 Delta E1 Éxito
TIROS 17 16 de agosto de 1968 Delta N Éxito
TIROS 18 15 de decembro de 1968 Delta N Éxito
TIROS 19 26 de febreiro de 1969 Delta E1 Éxito
TIROS N 13 de outubro de 1978 Atlas F Éxito
NOAA 6 27 de xuño de 1979 Atlas F Éxito
NOAA B 29 de maio de 1980 Atlas F Fallo parcial
NOAA 7 23 de xuño de 1981 Atlas F Éxito

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "TIROS" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS 9 / ESSA 1, ..., 9 (Operational TIROS)" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS-N, NOAA 6, B, 7" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos