Saltar ao contido

Teatro Principal de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Estevoaei (conversa | contribucións)
Historia: + referencia
Liña 40: Liña 40:
O soar onde está actualmente o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do [[século XIX]]. Esta construción, de finais da [[Idade Media]], xa estaba en mal estado a finais do [[século XVIII]]. En [[1769]] propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o Frei [[Martín Sarmiento|padre Sarmiento]], derrubamento levado a cabo finalmente en [[1844]].
O soar onde está actualmente o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do [[século XIX]]. Esta construción, de finais da [[Idade Media]], xa estaba en mal estado a finais do [[século XVIII]]. En [[1769]] propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o Frei [[Martín Sarmiento|padre Sarmiento]], derrubamento levado a cabo finalmente en [[1844]].


Logo de varios anos como praza aberta, en [[1864]] construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), inaugurado este último o [[2 de agosto]] de [[1878]]. Este edificio acolleu en abril de [[1900]] a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra,{{cómpre referencia}} e en decembro do mesmo ano a primeira audición de fonógrafo con bucina.{{cómpre referencia}}
Logo de varios anos como praza aberta, en [[1864]] construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), inaugurado este último o [[2 de agosto]] de [[1878]]. Este edificio acolleu en abril de [[1897]] a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra<ref>{{cita libro|autor={{Versaleta|[[Carlos Aurelio López Piñeiro|López Piñeiro, C. A.]]}}|ano=1998|título=O nacemento dunha cidade. A implantación do cine en Pontevedra|editorial=Deputación de Pontevedra|páxina=12-14}}</ref>, e en decembro de 1900 a primeira audición de fonógrafo con bucina.{{cómpre referencia}}


O [[14 de abril]] de [[1980]] un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as parede mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.
O [[14 de abril]] de [[1980]] un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as parede mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2020 ás 21:28

Teatro Principal de Pontevedra
Fachada do edificio
CidadePontevedra
PaísEspaña
Inauguración1878
Na rede
BNE: XX211821
editar datos en Wikidata ]
Pleno municipal do concello de Pontevedra.

O Teatro Principal de Pontevedra é un centro de representación escénica localizado na zona vella da cidade.

Historia

O soar onde está actualmente o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do século XIX. Esta construción, de finais da Idade Media, xa estaba en mal estado a finais do século XVIII. En 1769 propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o Frei padre Sarmiento, derrubamento levado a cabo finalmente en 1844.

Logo de varios anos como praza aberta, en 1864 construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), inaugurado este último o 2 de agosto de 1878. Este edificio acolleu en abril de 1897 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra[1], e en decembro de 1900 a primeira audición de fonógrafo con bucina.[Cómpre referencia]

O 14 de abril de 1980 un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as parede mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.

O edificio actual, inaugurado en xaneiro de 1997, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso de anteproxecto. O teatro distribúese en cinco andares e dous sotos, nos cales alberga dúas salas de exposicións e un auditorio cunha capacidade total de 434 persoas. O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. O espazo conta cun falso teito que contribúe a mellorar a acústica, así coma a agochar a instalación da iluminación. O seu estilo decorativo buscou combinar aspecto dos teatros do século XIX cun interior máis actual.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pontevedra recupera su Teatro Principal. Concello de Pontevedra, 1985.

Ligazóns externas

  1. López Piñeiro, C. A. (1998). O nacemento dunha cidade. A implantación do cine en Pontevedra. Deputación de Pontevedra. p. 12-14.