Saltar ao contido

Torre de Sande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de xuño de 2012 ás 17:22 por Estevoaei (conversa | contribucións) (lig int)


Sande
ben de interese cultural
ConcelloCartelle
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°14′43″N 8°05′29″O / 42.245225, -8.09151111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico? (século XII?)
Estilo actualgótico? (só se conserva a torre da homenaxe)
Estado actualBen de Interese Cultural
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A torre de Sande ou fortaleza de Sande, é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sande, no concello ourensán de Cartelle.

Situación

Emprázase sobre un solitario rochedo, a 506 metros de altitude. Destácase visualmente de xeito ostensible sobre o contorno, a pesar de estar completamente rodeado de gran cantidade de carballos e outras árbores. Desde o outeiro domínanse os fértiles vales que a rodean, a terra entre os ríos Miño e Arnoia, nun cumio desde o que se domina a totalidade do val de Sande[1].

A verticalidade das ladeiras que conducen ao outeiro fai que o cumio só sexa accesible polo oeste.

Desde a súa privilexiada situación servía ó mesmo tempo como centro de control da riqueza agropecuaria da veiga, así como punto de dominio dunha confluencia de varias vías de comunicación de obrigado paso, configurándose deste xeito nun importante lugar de control do territorio.

Conta unha cantiga tradicional:

Castelo de Sande,
pernas de avión,
cuantas terras vexo,
todas miñas son.

Historia

En 1141 o rei Afonso VII de León e Castela e a raíña Berenguela de Barcelona doaron a torre ós abades do mosteiro de San Salvador de Celanova, que posuíron desde entón o título de marqueses da Torre de Sande.

Os enfrontamentos entre os abades e os descendentes dos Sande tiveron o seu momento de maior virulencia cando, nunha das loitas, Nuño de Sande matou ó abade de Celanova, provocando o castigo real de que o castelo e facenda dos de Sande pasasen a ser patrimonio do mosteiro.

O castelo tamén foi campo de batalla entre Fernando II de León e o primeiro rei portugués, Afonso Henriques, en 1165, apoderándose o monarca luso da fortaleza. Os galegos cercaron o exército e, segundo a lenda, coa axuda de San Rosendo recuperaron a praza forte.

Consta documentalmente que no século XIV era dono da Torre, e das terras das actuais parroquias de Lobios, Xendive e Milmada, Paio Rodríguez de Araujo, que serviu ao rei Xoán I de Castela.

Durante a Gran Guerra Irmandiña consta documentalmente que os campesiños de Sande enviaron procuradores e cartas con demandas á Xunta de Medina,[2] polos abusos cometidos desde a fortificación.

A torre foi declarada de Interese Turístico Nacional en 1949. Encóntrase baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e da Lei n° 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.

Características

Trátase dun castelo rocheiro, conservándose na actualidade só a torre da homenaxe en deficiente estado, construída co perpiaños de granito moi be traballados. É de planta rectangular de 6,4 por 5,8 metros, e conserva 13 metros de altura.

Posiblemente se tratase dunha construción de estilo gótico tardio, do século XIV, o que se deduce do seu almofado e do arco de volta perfecta da porta.

A superficie superior onde se levanta a torre é unha afloración de penedos de forma alongada e estreita en dirección norte – sur, con cerca de 55 metros de cumprimento e non máis de 7 metros de cumprimento, e disposto en terrazos de diferentes alturas, facendo que a circulación sobre o cumio sexa ben dificultosa.

A torre levántase con bos perpiaños graníticos asentados directamente sobre os prominentes penedos.

Na parte superior conserva unha pequena pedra de armas da liñaxe dos Sande. A porta de acceso ábrese á altura do primeiro andar, a uns 3 metros e medio do chan e orientada para o leste. Baixo esta porta consérvanse dúas mísulas e varios signos lapidarios e marcas de canteiro.

A torre está coroada por un ameado beiril, do que só se conservan algunhas mísulas. Consta de varios andares, un deles abovedado.

Galería de Imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cartelle.

Notas

  1. Ampla veiga agrícola situada ao sueste de Ribadavia, a uns 400 metros de altitude e fechado ó norte polo val do río Miño e ó sur polo val do Arnoia, ó oeste polo alto de Sande (607 metros), e ó leste pola serra do Castro (653 metros). Ten forma con tendencia cuadrangular cuns 12 quilómetros de lado. Esténdese polas parroquias de Sande, Cartelle, San Tomé, Anfeoz e Seixadas.
  2. Barros, Carlos. Mentalidad justiciera de los irmandiños, p. 151. (Madrid, 1990).

Véxase tamén

Bibliografia

Ligazóns externas