Zeus: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
||
(Non se amosan 13 revisións feitas por 5 usuarios.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}} |
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}} |
||
{{Biografía}} |
{{Biografía}} |
||
Na [[mitoloxía grega]] '''Zeus''' (en [[lingua grega]] Ζεύς), '''Zeús Kroniōn''' («descendente de [[Crono]]») ou '''Dias''' (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o [[deus]] do ceo e mais do trono. Na [[mitoloxía romana]] correspóndese con [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], protector da cidade de Roma desde o seu templo no [[Outeiro Capitolino|Capitolio]]. |

Liña 13: | Liña 12: | ||
{{cita|"''Pero cando ía dar a luz a Zeus, padre de deuses e hombres, suplicou ós seus pais, os dela, a Xea e ó estrelado Urano, que a axudaran no seu plan, para que sen que se dera de conta, pariera o seu fillo ... Eles escoitaron atentamente e obedeceron á súa filla, á vez que lle contaron canto estaba marcado polo destino que sucedera respecto ó rei Crono e ó seu valoroso fillo, e enviárona a Licto, un rico pobo de Creta, cando ía dar a luz ó último dos seus fillos, o gran Zeus. A este recolleuno a monstruosa Xea para alimentalo e coidalo na ampla Creta. ... E envolvendo en cueiros unha gran pedra, púxoa nas mans do gran soberano Uránida, rei dos primeiros deuses. Aquel, entón, colléndoa coas súas mans púxoa no seu ventre, ¡desgraciado!''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 469-488)}} |

[[Ficheiro:Rhéa, Amalthée allaitant et la danse des Curètes dessin d'un bas-relief d'autel romain.jpg|miniatura |
[[Ficheiro:Rhéa, Amalthée allaitant et la danse des Curètes dessin d'un bas-relief d'autel romain.jpg|miniatura|esquerda|Rea, os Curetes danzando e Amaltea aleitando a Zeus (gravado de 1811, segundo un baixorrelevo romano).]] |
||
Rea deixou ó seu coidado ós [[Curetes]] (nove divindades fillos de [[Apolo]] e Danais) e ás [[Ninfa (mitoloxía)|ninfas]] [[Melisa (ninfa)|Melisa]] (que o alimentaba con [[mel]]) e [[Amaltea (mitoloxía)|Amaltea]] (representada como a cabra que daba o leite necesario para criar a Zeus meniño <ref>E cando esta morreu, Zeus fíxose un escudo ou armadura da súa pel: a [[éxida]].</ref>). Para protexer a Zeus e que os espías de Cronos (os [[corvo]]s) non o descubrisen, o berce do meniño estaba colgado do teito, de forma que non formaba parte do ceo nin da terra, e os Curetes cantaban e bailaban golpeando os seus escudos e armas para disimular os prantos de Zeus. |

Liña 49: | Liña 48: | ||
{{cita|"''En segundo lugar,'' [Zeus] ''casou coa brillante Temis que enxendrou as Horas..., que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra otorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós homes mortais obter o bo e o malo .''"| (Hesíodo: ''Teogonía'' 902-906)}} |

* Con [[Dione (mitoloxía)|Dione]], outra titánide, enxendrou a [[Afrodita]], aínda que resulta |
* Con [[Dione (mitoloxía)|Dione]], outra titánide, enxendrou a [[Afrodita]], aínda que resulta máis común a tradición de que esta naceu no mar directamente dos órganos sexuais de [[Urano (mitoloxía)|Urano]], castrado por Cronos. |
||
{{cita|"'' Os xenitais, pola súa banda, tras cortalos'' [Crono] ''co aceiro, botounos lonxe da terra firme no Ponto fortemente batido polas ondas ... a ambos lados branca escuma xurdía do inmortal membro e, en medio dela, formouse unha doncela. ... Afrodita, porque se formou en medio da escuma... adoitan chamala tanto deuses como homes, e Filomédea, porque saiu duns xenitais.''"|(Hesíodo: ''Teogonía'' 188-201)}} |

* Con [[Eurínome (filla de Océano)|Eurínome]], outra filla de Océano, tivo as [[Cárites|tres Grazas]]: Aglaia Eufrósine e Talía. Outras fontes din que eran fillas de [[Hera]] e [[Dioniso]], ou de [[Helios]] e a [[ |
* Con [[Eurínome (filla de Océano)|Eurínome]], outra filla de Océano, tivo as [[Cárites|tres Grazas]]: Aglaia Eufrósine e Talía. Outras fontes din que eran fillas de [[Hera]] e [[Dioniso]], ou de [[Helios]] e a [[náiade]] Egle. |
||
* Con [[Leto]], filla de [[Ceo (mitoloxía)|Ceo]] e [[Febe (mitoloxía)|Febe]] tivo dous fillos xemelgos: [[Artemisa]] e [[Apolo]]. Cando Hera |
* Con [[Leto]], filla de [[Ceo (mitoloxía)|Ceo]] e [[Febe (mitoloxía)|Febe]] tivo dous fillos xemelgos: [[Artemisa]] e [[Apolo]]. Cando Hera soubo que Leto quedara embarazada, envioulle a [[Pitón (mitoloxía)|Pitón]] para que a perseguise por todas as terras e evitar así que puidese dar a luz en ningún lugar iluminado polo sol. Incluso prohibiu á súa filla [[Ilitía]], deusa dos partos, que a atendese, e só cando Leto xa ten un atraso de 9 días os deuses conmovéronse das súas dores e permitiron o parto, facendo que naza primeiro Artemisa e que esta, acabada de nacer, axude á súa nai no nacemento de Apolo. |
||
* Da unión con [[Mnemósine (mitoloxía)|Mnemósine]], outra titánide, naceron as nove [[Musa|Musas]]. Para [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] houbo outra xeración de Musas, anterior a estas, que eran fillas de Urano e Xea. |

Liña 75: | Liña 74: | ||
* Coa sacerdotisa de Hera [[Ío (mitoloxía)|Ío]] tivo un fillo, [[Épafo (fillo de Ío)|Épafo]]. Seduciuna convertido en néboa. Para salvar a Ío da vinganza de Hera, Zeus converteuna logo en becerra (ou vaca) branca. |

[[Ficheiro:Moreau, Europa and the Bull.jpg|miniatura|250px|Gustave Moreau: ''O rapto de Europa'' (c. 1869)]] |
[[Ficheiro:Moreau, Europa and the Bull.jpg|miniatura|250px|Gustave Moreau: ''O rapto de Europa'' (c. 1869)]] |
||
* Tras raptar a [[Europa (mitoloxía)|Europa]] (princesa de Tiro, a actual [[Fenicia]]) convertido nun touro branco, levouna a Creta sobre o lombo <ref>[[Heródoto]] explica que realmente foi raptada por mariñeiros cretenses, que a levaron á súa patria.</ref>, e tivo tres fillos: [[Sarpedón]], [[Minos]] e [[Radamantis]] (os dous últimos, xuíces no Hades, con Éaco). Así, dise que Europa foi a primeira |
* Tras raptar a [[Europa (mitoloxía)|Europa]] (princesa de Tiro, a actual [[Fenicia]]) convertido nun touro branco, levouna a Creta sobre o lombo <ref>[[Heródoto]] explica que realmente foi raptada por mariñeiros cretenses, que a levaron á súa patria.</ref>, e tivo tres fillos: [[Sarpedón]], [[Minos]] e [[Radamantis]] (os dous últimos, xuíces no Hades, con Éaco). Así, dise que Europa foi a primeira raíña cretense. |
||
{{cita|"''O ilustre pai e soberano dos deuses, cuxa destra está armada por lume de tres puntas, que cunha cabezada sacode o mundo, toma a aparencia dun touro.... En efecto, a súa cor é a da neve que non pisaron as plantas dun duro pé nin fundido o chuvioso Austro... Marabíllase a filla de Áxenor de que sexa tan fermoso, de que non ameace con ningunha turrada. Achégase e alarga flores ante o seu branco fociño... Atreveuse tamén a princesa, sen saber a quen montaba, a sentarse sobre o lombo do touro; entón, o deus, apartándose pouco a pouco da terra e da seca area... adéntrase aínda máis e polas augas de mar aberto lévase á súa presa. Asústase Europa e volve a súa mirada á costa que, raptada, vai deixando atrás, e coa destra agarra un corno e apoia a outra sobre o lombo; tremendo, as súas roupas ondúlanse co vento''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'', II, 847 - 875)}} |

Liña 81: | Liña 80: | ||
* Con [[Calisto (mitoloxía)|Calisto]], unha ninfa ou a filla do rei [[Licaón]], e compañeira de caza de [[Artemisa]], tivo outro fillo, chamado [[Arcas (mitoloxía)|Arcas]] ou Árcade. Para seducila, transformouse na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na [[Osa Maior]]. Crese que os [[Arcadia (Peloponeso)|arcadios]] (no Peloponeso) son os descendentes deste fillo. |

* Con [[Táixete]], unha das sete [[Pléiades]] e |
* Con [[Táixete]], unha das sete [[Pléiades]] e, xa que logo, filla de [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]], tivo un fillo, [[Lacedemón]], de quen proveñen os [[Lacedemonia|lacedemonios]]. <ref>''Biblioteca mitológica'' III, 10, 3.</ref> |
||
* Tamén se uniu con outras das fillas de Atlas, as Pléiades: |
* Tamén se uniu con outras das fillas de Atlas, as Pléiades: |
||
Liña 99: | Liña 98: | ||
Son innumerables as obras creadas baixo a inspiración de Zeus, as súas amantes e os seus feitos. |
Son innumerables as obras creadas baixo a inspiración de Zeus, as súas amantes e os seus feitos. |
||
<gallery> |
<gallery> |
||
File:Jupiter J1a.jpg|Zeus como Xúpiter (c. 150, Museo do Louvre) |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
; Amantes de Zeus: |
|||
⚫ | |||
Ficheiro:Monumento a Europa.jpg|Rapto de Europa (Vigo) |
Ficheiro:Monumento a Europa.jpg|Rapto de Europa (Vigo) |
||
Ficheiro:Leda mosaic crop.jpg|Leda e o cisne (Chipre) |
Ficheiro:Leda mosaic crop.jpg|Leda e o cisne (Chipre) |
||
Liña 104: | Liña 109: | ||
Ficheiro:Jan Gossaert danae.jpg|Dánae e a chuvia de ouro (Gossaert) |
Ficheiro:Jan Gossaert danae.jpg|Dánae e a chuvia de ouro (Gossaert) |
||
Ficheiro:Leto (Latona). - Engravings on Wood.jpg|Leto atacada pola serpe Pitón, enviada por Hera |
Ficheiro:Leto (Latona). - Engravings on Wood.jpg|Leto atacada pola serpe Pitón, enviada por Hera |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
Ficheiro:Rubens-Death-of-Semele.jpg|Morte de Semele ante Zeus (Rubens) |
Ficheiro:Rubens-Death-of-Semele.jpg|Morte de Semele ante Zeus (Rubens) |
||
Ficheiro:Correggio 008.jpg|Dánae (Correggio) |
Ficheiro:Correggio 008.jpg|Dánae (Correggio) |
||
Liña 118: | Liña 120: | ||
Zeus vai participar en numerosas ocasións para resolver conflitos entre outros deuses. Por exemplo, intervén na loita entre Apolo e [[Heracles]] cando este pretende roubar o trípode de [[Delfos]]; ou entre [[Palas (mitoloxía)|Palas]], filla de [[Tritón (mitoloxía)|Tritón]], e [[Atenea]]; ou na disputa entre [[Atenea]] e [[Poseidón]] polo patrocinio da [[Ática]]. En diversas ocasións axuda a Heracles na consecución dos seus ''Doce Traballos'', e recorre con frecuencia a [[Hermes]] para distintas encargas, como o seu heraldo. |

Como deus xusticeiro, castiga ós sacrílegos, como [[Prometeo]] (que roubara o lume dos deuses para darllo ós homes), [[Sísifo]] (que delatara ó propio Zeus ante o deus río Asopo), [[Ixión (mitoloxía)|Ixión]] (que enganou e matou |
Como deus xusticeiro, castiga ós sacrílegos, como [[Prometeo]] (que roubara o lume dos deuses para darllo ós homes), [[Sísifo]] (que delatara ó propio Zeus ante o deus río Asopo), [[Ixión (mitoloxía)|Ixión]] (que enganou e matou o seu sogro, e despois intentou seducir a Hera), [[Ticio]] (que intentara violar a Leto) ou [[Tántalo]] (que pecara de soberbia, o que os gregos chamaban [[Hybris]]). |
||
Na ''[[Ilíada]]'' cóntase que Hera adormece a Zeus, permitindo así a reacción grega, pero cando este acorda, impide que Poseidón continúe interferindo a favor dos gregos. Ó final, Poseidón, axudado por Hera e Atenea, intenta encadear e derrocar a Zeus, pero [[Briareo]] (tamén chamado Exeón, un dos [[Hecatonquiros]], evitou a conxura. Como consecuencia, Zeus castigou a Poseidón a servir a [[Laomedonte]], rei de Troia, para quen tivo que construír as murallas da cidade. |

Liña 149: | Liña 151: | ||
[[Categoría:Deuses gregos]] |
[[Categoría:Deuses gregos]] |
||
[[Categoría:Deuses do ceo e do clima]] |
[[Categoría:Deuses do ceo e do clima]] |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Deuses solares]] |
|||
[[Categoría:Deidades de Xúpiter]] |
|||
[[Categoría:Personaxes da Odisea]] |
[[Categoría:Personaxes da Odisea]] |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Personaxes da Guerra de Troia]] |
[[Categoría:Personaxes da Guerra de Troia]] |
||
[[Categoría:Catasterismos]] |
[[Categoría:Catasterismos]] |
||
[[Categoría:Relixión da Grecia antiga]] |
Revisión actual feita o 21 de outubro de 2024 ás 14:56
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio.
Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais. Como deus supremo e garante do equilibrio universal, administraba xustiza entre deuses e homes.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Deus supremo da relixión grega, Zeus era fillo de Cronos e de Rea, pai e soberano dos deuses e dos homes. Mantén a orde e a xustiza no mundo, vixiando o mantemento dos xuramentos. Afírmase que dispensaba bens e males entre deuses e homes, e Homero di que na porta do seu palacio había dúas xarras contendo os bens, unha, e os males, a outra, e vai sacándoos alternativamente. Crese tamén que provocaba a chuvia, o raio e o lóstrego.
Cronos, que temía o cumprimento dunha profecía que anunciaba que sería derrocado por un dos seus fillos (como fixera el co seu pai Urano), devoraba a tódolos fillos que lle daba a súa muller. Esta, ó quedar embarazada de Zeus, fuxiu, para salvalo, á illa de Creta, onde tivo o seu fillo en segredo e retornou ao Olimpo, simulando alí que estaba de parto. A Cronos entregoulle unha pedra envolta en teas, simulando ser un meniño, e aquel tragouno sen decatarse do engano [1]. As diferentes tradicións dan distintos lugares de nacemento: a máis estendida sitúao no monte Exeo, no monte Ida ou no monte Dicte, os tres en Creta; pero Calímaco faino na Arcadia (no Peloponeso).
"Pero cando ía dar a luz a Zeus, padre de deuses e hombres, suplicou ós seus pais, os dela, a Xea e ó estrelado Urano, que a axudaran no seu plan, para que sen que se dera de conta, pariera o seu fillo ... Eles escoitaron atentamente e obedeceron á súa filla, á vez que lle contaron canto estaba marcado polo destino que sucedera respecto ó rei Crono e ó seu valoroso fillo, e enviárona a Licto, un rico pobo de Creta, cando ía dar a luz ó último dos seus fillos, o gran Zeus. A este recolleuno a monstruosa Xea para alimentalo e coidalo na ampla Creta. ... E envolvendo en cueiros unha gran pedra, púxoa nas mans do gran soberano Uránida, rei dos primeiros deuses. Aquel, entón, colléndoa coas súas mans púxoa no seu ventre, ¡desgraciado!".(Hesíodo: Teogonía 469-488)
Rea deixou ó seu coidado ós Curetes (nove divindades fillos de Apolo e Danais) e ás ninfas Melisa (que o alimentaba con mel) e Amaltea (representada como a cabra que daba o leite necesario para criar a Zeus meniño [2]). Para protexer a Zeus e que os espías de Cronos (os corvos) non o descubrisen, o berce do meniño estaba colgado do teito, de forma que non formaba parte do ceo nin da terra, e os Curetes cantaban e bailaban golpeando os seus escudos e armas para disimular os prantos de Zeus.
Unha vez adulto, e axudado por Metis, a Prudencia, filla de Océano, entrou no Olimpo durante un dos banquetes dos Titáns e deulle a beber a Cronos unha droga que o obrigou a vomitar a tódolos irmáns (que seguiran medrando no ventre de Cronos). Deu comezo entón a Titanomaquia, longa guerra na que durante dez anos se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os Titáns.
Aconsellado por Xea, nai de Cronos, Zeus matou a Campe, gardián do Tártaro, e permitiu que os Ciclopes e os Hecatonquiros saíran del.[3] Ó ser liberados, os Ciclopes forxaron o raio, que regalaron a Zeus xunto o lóstrego e o trono; o casco da invisibilidade, que regalaron a Hades; e o tridente, que regalaron a Poseidón, armas que resultaron fundamentais para a vitoria de Zeus e os seus.
Unha vez rematada a guerra coa vitoria dos deuses olímpicos, Zeus e os seus irmáns repartíronse o mundo de xeito que Zeus quedou como soberano do ceo, Poseidón do mar e Hades co mundo subterráneo. Esta repartición ben puido facerse por sorteo, segundo Pseudo-Apolodoro, ben por decisión de Zeus como rei superior, segundo Hesíodo.
"Eles botaron a sortes o poder, e a Zeus correspondeulle o dominio do ceo, a Posidón o do mar e a Plutón o de Hades".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 1)
"Unha vez que os felices deuses remataron su trabajo e decidiron pola forza cos Titáns as súas competencias, entón, por consello de Xea, pediron ó olímpico Zeus, de ancha faz, que reinara e gobernara sobre os Inmortais e el distribuíu ben entre estes as atribucións".(Hesíodo: Teogonía 882-885)
Aínda tivo Zeus que afrontar dúas guerras máis, contra os Xigantes (Xigantomaquia) e contra Tifón, en ambos casos promovidas por Xea, furiosa ó ver encerrados no Tártaro ós seus fillos, os Titáns. Zeus resultou vitorioso nas dúas contendas.
Iconografía
[editar | editar a fonte]Zeus represéntase na Grecia antiga como un home adulto, barbado e de longa cabeleira, co torso nu. Na Grecia clásica (a partir do VII a.C.) adoita aparecer cos seus atributos máis característicos, armado dun raio e acompañado dunha aguia. Adoita levar na man esquerda unha lanza ou cetro (por veces coroado por unha aguia), como símbolo de poder, e a Niké, deusa da forza, a velocidade e a vitoria, na dereita.
O momento do seu matrimonio sagrado con Hera recolleuse en frescos romanos en Nápoles e relevos do templo de Hera en Selinunte (ó oeste de Sicilia). Zeus represéntase sentado no seu trono, recibindo a Hera que chega cuberta co seu veo nupcial.
O seu animal representativo é a aguia, na que podía transformarse e viaxar desapercibido. Ben sexa por medio da propia aguia, ben sexa transformado el en aguia (explicación máis común), Zeus raptou a Ganímedes, fillo dun rei troiano, que tiña sona de ser o mozo máis fermoso dos mortais, para convertelo no seu copeiro no seu palacio no Olimpo.
Quizais a imaxe sonada sexa o Zeus criselefantino [4] esculpido por Fidias para o templo do deus en Olimpia, unha das sete marabillas do mundo antigo.
Nas idades Moderna e Contemporánea, Zeus foi reproducido numerosas veces en pintura e escultura, grazas -en boa parte- ó éxito que tiveron as edicións das Metamorfosis de Ovidio.
Matrimonios, relacións e descendencia
[editar | editar a fonte]Zeus tivo numerosas relacións e numerosos fillos, tanto con deusas como con mulleres mortais. Non faltaron tampouco relacións homosexuais, como a que mantivo con Ganímedes.
- A súa primeira esposa foi Metis, filla de Océano e Tetis. Aínda que esta se resitiu e intentou escapar adoptando distintas formas, a unión consumouse e tiveron unha filla, Atenea (a preferida de Zeus). Xea anunciou a Zeus que sería destronado polo fillo da súa filla e, para evitalo, Zeus comeu a Metis cando soubo que estaba embarazada. Chegado o momento do parto, sufriu fortes dores de cabeza, e Hefesto (ou Prometeo, segundo outras fontes) abriulle a cabeza cun machado, e así puido nacer Atenea, adulta, armada de lanza, coiraza e casco, e exclamando alaridos de guerra. Atenea sería a deusa da guerra xusta.
- A segunda esposa foi Temis, unha das titánides, coa que tivo as Horas (Eirene, a Paz; Eunomía, as Disciplina; e Dice, a Xustiza) e as Moiras. As Moiras tamén poden describirse como fillas de Zeus e Nix (a Noite), ou que esta as enxendrou por si mesma, sen pai.
"En segundo lugar, [Zeus] casou coa brillante Temis que enxendrou as Horas..., que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra otorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós homes mortais obter o bo e o malo ."(Hesíodo: Teogonía 902-906)
- Con Dione, outra titánide, enxendrou a Afrodita, aínda que resulta máis común a tradición de que esta naceu no mar directamente dos órganos sexuais de Urano, castrado por Cronos.
" Os xenitais, pola súa banda, tras cortalos [Crono] co aceiro, botounos lonxe da terra firme no Ponto fortemente batido polas ondas ... a ambos lados branca escuma xurdía do inmortal membro e, en medio dela, formouse unha doncela. ... Afrodita, porque se formou en medio da escuma... adoitan chamala tanto deuses como homes, e Filomédea, porque saiu duns xenitais."(Hesíodo: Teogonía 188-201)
- Con Eurínome, outra filla de Océano, tivo as tres Grazas: Aglaia Eufrósine e Talía. Outras fontes din que eran fillas de Hera e Dioniso, ou de Helios e a náiade Egle.
- Con Leto, filla de Ceo e Febe tivo dous fillos xemelgos: Artemisa e Apolo. Cando Hera soubo que Leto quedara embarazada, envioulle a Pitón para que a perseguise por todas as terras e evitar así que puidese dar a luz en ningún lugar iluminado polo sol. Incluso prohibiu á súa filla Ilitía, deusa dos partos, que a atendese, e só cando Leto xa ten un atraso de 9 días os deuses conmovéronse das súas dores e permitiron o parto, facendo que naza primeiro Artemisa e que esta, acabada de nacer, axude á súa nai no nacemento de Apolo.
- Da unión con Mnemósine, outra titánide, naceron as nove Musas. Para Pausanias houbo outra xeración de Musas, anterior a estas, que eran fillas de Urano e Xea.
"A elas [ás Musas], como esquecemento de males e remedio de preocupacións, procreounas, uníndose ó padre crónida, Mnemósine, que reina nos outeiros de Eleuter. Con ela nove noites uniuse o prudente Zeus subindo ó seu sagrado leito, lonxe dos inmortais. Cando xa era o tempo debido e as estacións volveron, ó pasar os meses, e cumpríronse moitos días, esta deu a luz, a pouca distancia da cima do nevado Olimpo, a nove rapazas de disposición semellante, que só se ocupan do canto, por ter nos seus peitos un ánimo libre de preocupacións".(Hesíodo: Teogonía 53-62)
- Casou con súa irmá Deméter, coa que tivo unha filla, Perséfone, que foi raptada por Hades e converteuse na raíña do inframundo.
- De todas formas, a súa esposa principal foi Hera, tamén a súa irmá. Cóntase que Zeus, para superar o rexeitamento dela, transformouse en paxaro, quizais un cuco, mollado nun día de treboada. A deusa acolleuno entre os peitos para quentalo e nese momento Zeus recuperou o seu ser e violou a Hera e así, ela non tivo máis remedio que aceptar a Zeus e casar con el. A voda, coñecida como Hierogamia, celebrouse no Olimpo, de forma fastuosa: Zeus e Hera entraron sobre un carro nupcial guiado por Eros, coa presenza de tódolos deuses, e prolongouse durante 300 anos. Entre os regalos recibidos destacan as mazás de ouro, regalo de Xea, que Hera plantou logo no xardín das Hespérides.
"Por último, tomou por esposa á florecente Hera, e esta deu a luz a Hebe, Ares e Ilitía, uníndose ó rei dos deuses e homes".(Hesíodo: Teogonía 923-925)
- Pero Hera terminou volvéndose extremadamente celosa ante as frecuentes aventuras de Zeus, e vengativa, sobre todo contra as amantes de Zeus e contra os fillos que tivo con elas; o caso das manobras de Hera contra Heracles (xenreira especialmente significativa, e xa cando o heroe só tiña oito meses mandoulle dúas grandes serpes para que o comeran) ou Dioniso, tamén fillo de Zeus). Evitar ser descuberto para gardarse dese perigo explicaría boa parte das metamorfoses do deus.
- Con Hera tivo tres fillos: Hebe, Ilitía e Ares. Homero, na Ilíada, conta que tamén houbo un cuarto fillo, Hefesto, aínda que tradicionalmente se fai fillo só de Hera, que o enxendrou soa [5]. De Hefesto dise que foi quen forxou o raio de Zeus e o tridente de Poseidón (que Hesíodo di que foron obra dos Ciclopes tras ser liberados do Tártaro), ademais doutras armas para Eros, Aquiles ou Afrodita.
Ademais das relacións e descendencia que tivo coas deusas, Zeus mantivo constantes relacións amorosas con mulleres mortais ou outras mulleres non divinas, que lle deron numerosos fillos. Conseguía os seus favores metamorfoseándose en diferentes animais ou outras entidades (touro, cisne, persoas, sátiro, chuvia de ouro etc.).
- Con Níobe, filla do rei do Peloponeso, tivo dous fillos, Argos (non confundir con Argos Panoptes) e Pelasgo (antecesor dos pelasgos, antigo pobo predecesor dos helenos). Para Pseudo-Apolodoro, Níobe foi a primeira muller mortal coa que mantivo relacións sexuais [6].
- Con Dánae tivo un fillo, Perseo, tras tomar a forma de fina chuvia de ouro e poder entrar así na torre onde a tiña pechada o seu pai Acrisio. Segundo Eurípides, esa chuvia de ouro simbolizaría o poder absoluto da riqueza.
- Coa ninfa Exina, filla do río Asopo, tivo un fillo, Éaco, o máis piadoso de tódolos gregos, polo que foi nomeado por Zeus como un dos tres xuíces (con Radamantis e Minos) que xulgaban as almas dos mortos para decidir se merecían ir ó Tártaro ou á Illa dos Benaventurados. Sísifo revelou a Asopo que Zeus raptara á súa filla Exina, polo que o deus castiouno a subir unha gran rocha ata o cume dun monte, rocha que caía rodando cando xa estaba a piques de conseguilo.
- Coa oceánide Pluto, filla de Océano e Tetis, tivo outro fillo, Tántalo, outro dos que remataron sendo condeandos a torturas eternas no Tártaro.
- Coa sacerdotisa de Hera Ío tivo un fillo, Épafo. Seduciuna convertido en néboa. Para salvar a Ío da vinganza de Hera, Zeus converteuna logo en becerra (ou vaca) branca.
- Tras raptar a Europa (princesa de Tiro, a actual Fenicia) convertido nun touro branco, levouna a Creta sobre o lombo [7], e tivo tres fillos: Sarpedón, Minos e Radamantis (os dous últimos, xuíces no Hades, con Éaco). Así, dise que Europa foi a primeira raíña cretense.
"O ilustre pai e soberano dos deuses, cuxa destra está armada por lume de tres puntas, que cunha cabezada sacode o mundo, toma a aparencia dun touro.... En efecto, a súa cor é a da neve que non pisaron as plantas dun duro pé nin fundido o chuvioso Austro... Marabíllase a filla de Áxenor de que sexa tan fermoso, de que non ameace con ningunha turrada. Achégase e alarga flores ante o seu branco fociño... Atreveuse tamén a princesa, sen saber a quen montaba, a sentarse sobre o lombo do touro; entón, o deus, apartándose pouco a pouco da terra e da seca area... adéntrase aínda máis e polas augas de mar aberto lévase á súa presa. Asústase Europa e volve a súa mirada á costa que, raptada, vai deixando atrás, e coa destra agarra un corno e apoia a outra sobre o lombo; tremendo, as súas roupas ondúlanse co vento".(Ovidio: Metamorfosis, II, 847 - 875)
- Con Calisto, unha ninfa ou a filla do rei Licaón, e compañeira de caza de Artemisa, tivo outro fillo, chamado Arcas ou Árcade. Para seducila, transformouse na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na Osa Maior. Crese que os arcadios (no Peloponeso) son os descendentes deste fillo.
- Con Táixete, unha das sete Pléiades e, xa que logo, filla de Atlas, tivo un fillo, Lacedemón, de quen proveñen os lacedemonios. [8]
- Tamén se uniu con outras das fillas de Atlas, as Pléiades:
- Con Leda, filla do rei de Testio e muller de Tindáreo, rei de Esparta, tivo dous fillos, Helena e Pólux. Segundo a lenda, Leda rexeitaba a Zeus e para evitalo converteuse en ganso, pero Zeus transformouse en cisne e así puido posuíla. Esa mesma noite, Leda se uniu ó seu esposo, Tindáreo, de tal xeito que enxendrou a Helena e Pólux de Zeus, e a Clitemnestra e Cástor do seu home. Outras fontes din que Leda puxo un ou dous ovos, dos que naceron ós catro fillos.
"Zeus, coa aparencia de cisne, xaceu con Leda a mesma noite que Tindáreo, e así Pólux e Helena foron enxendrados por Zeus, e Cástor e Clitemnestra, por Tindáreo. Non obstante, algúns din que Helena era filla de Némesis e Zeus, e que Leda, para evitar a unión con Zeus, se transformara en ganso, pero que Zeus se transformou á súa vez en cisne e fíxolle o amor. De resultas da unión Leda puxo un ovo, un pastor atopouno e recolleuno, e entregoullo a Leda, que o gardou dentro dunha arca. No momento fixado naceu Helena, á que criou como a súa propia filla".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 10,7)
- Coa mortal Sémele, filla de Cadmo, rei de Tebas, tivo un fillo, Dioniso (ou Baco). Zeus seduciuna en forma de home mortal, pero Sémele, instigada pola celosa Hera [9], pediulle que se mostrara como o deus que era, demostrando así que non era un impostor. O malo foi que logo non puido soportar o seu raio divino e morreu abrasada polo lume. Xea evitou a morte de Dioniso, aínda no ventre da nai, rodeándoo cunha hedra húmida, e Zeus, para que seguise a xestación, inseríndoo na súa coxa, de onde naceu cando chegou o momento.
- Con Alcmena, esposa de Anfitrión, tivo un fillo: Heracles. Zeus transformouse no seu home, naquel momento ausente na guerra, para poder xacer con ela durante tres días completos, pois ordenara a Helios non saír durante ese tempo.
Grimal recolle dos antigos mitógrafos a posibilidade de que tantas relacións e tantos fillos non se deban simplemente a un apetito sexual descontrolado, senón a razóns máis profundas, como unha acción providencial. Así, o nacemento de Heracles deberíase á necesidade de contar co heroe imprescindible para a guerra dos deuses olímpicos contra os Xigantes; e o nacemento de Helena, causa directa da Guerra de Troia, foi necesario para diminuír a superpoboación de Grecia.
Galería de arte
[editar | editar a fonte]Son innumerables as obras creadas baixo a inspiración de Zeus, as súas amantes e os seus feitos.
-
Zeus como Xúpiter (c. 150, Museo do Louvre)
-
Tetis suplica a Zeus que protexa o seu fillo, Aquiles
- Amantes de Zeus
-
Rapto de Europa (Vigo)
-
Leda e o cisne (Chipre)
-
A aguia de Zeus rapta a Ganímedes (Rubens)
-
Dánae e a chuvia de ouro (Gossaert)
-
Leto atacada pola serpe Pitón, enviada por Hera
-
Morte de Semele ante Zeus (Rubens)
-
Dánae (Correggio)
-
Ío (Correggio)
-
Leda (Correggio)
-
Estudo para Leda (Correggio)
-
Ganímedes (Correggio)
Outras accións
[editar | editar a fonte]Zeus vai participar en numerosas ocasións para resolver conflitos entre outros deuses. Por exemplo, intervén na loita entre Apolo e Heracles cando este pretende roubar o trípode de Delfos; ou entre Palas, filla de Tritón, e Atenea; ou na disputa entre Atenea e Poseidón polo patrocinio da Ática. En diversas ocasións axuda a Heracles na consecución dos seus Doce Traballos, e recorre con frecuencia a Hermes para distintas encargas, como o seu heraldo.
Como deus xusticeiro, castiga ós sacrílegos, como Prometeo (que roubara o lume dos deuses para darllo ós homes), Sísifo (que delatara ó propio Zeus ante o deus río Asopo), Ixión (que enganou e matou o seu sogro, e despois intentou seducir a Hera), Ticio (que intentara violar a Leto) ou Tántalo (que pecara de soberbia, o que os gregos chamaban Hybris).
Na Ilíada cóntase que Hera adormece a Zeus, permitindo así a reacción grega, pero cando este acorda, impide que Poseidón continúe interferindo a favor dos gregos. Ó final, Poseidón, axudado por Hera e Atenea, intenta encadear e derrocar a Zeus, pero Briareo (tamén chamado Exeón, un dos Hecatonquiros, evitou a conxura. Como consecuencia, Zeus castigou a Poseidón a servir a Laomedonte, rei de Troia, para quen tivo que construír as murallas da cidade.
Nun momento determinado e ante a impiedade dos homes, Zeus decide exterminalos mediante un diluvio. A humanidade consegue restablecerse grazas a Pirra e Deucalión (fillos de Epimeteo e Prometeo, respectivamente), os dous únicos inocentes, que, botando pedras tras de si, crearon novos homes e mulleres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Velaí outra analoxía de Zeus con Cronos: os dous foron os máis novos das súas estirpes.
- ↑ E cando esta morreu, Zeus fíxose un escudo ou armadura da súa pel: a éxida.
- ↑ Ciclopes e Hecatonquiros foran encerrados no Tártaro por Cronos, polo seu aspecto monstruoso, o que encolerizou a Xea, nai destas criaturas. Por iso axudaba a Zeus contra Cronos.
- ↑ Construído en ouro e marfil.
- ↑ "Hera, sen unión amorosa -enfureceuse e enfadouse co seu esposo-, deu a luz ó famoso Hefesto, que supera coas súas mans a tódolos Uránodes" (Hesíodo: Teogonía 928-930).
- ↑ Biblioteca mitológica II, 1, 1.
- ↑ Heródoto explica que realmente foi raptada por mariñeiros cretenses, que a levaron á súa patria.
- ↑ Biblioteca mitológica III, 10, 3.
- ↑ Hera transformouse nunha muller do séquito de Sémele.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zeus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CARMONA MUELA, Juan: Iconografía clásica. Guía básica para estudiantes. Akal/Istmo, 5ª ed, 3ª reimpr. 2018.
- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- FRANCO LLOPIS, Borja, e outros: Imágenes de la tradición clasica y cristiana. Una aproximación desde la iconografía. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid 2018.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
- OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017.
- PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].