A Rosaleira
A Rosaleira | |
---|---|
Tipo | empresa de alimentación |
Fundador(es) | José Sánchez García |
Sede | O Rosal |
País | Galicia |
41°55′50″N 8°50′13″O / 41.930645034269, -8.8368367732364 | |
Na rede | |
https://arosaleira.com/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
A Rosaleira é unha empresa conserveira de produtos vexetais galega, con sede no Rosal.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada por José Sánchez García a finais da década de 1930 co nome de Conservas Vegetales José Sánchez García. Nun inicio a súa produción centrouse nas conservas de tomate, fritada e mirabel. Durante moito tempo foi a única empresa galega dedicada á conservación de conservas vexetais. En 1967 comezaron a producirse grelos en conserva. Posteriormente foi adquirida pola empresa Terras Gauda, á que pertence na actualidade.
Produtos
[editar | editar a fonte]Entre os produtos que ofrece están os grelos, mirabeis en caldo de azucre, cogomelos, tomate, zaragallada, fritada e feixóns.
Dende a fundación, a marca mantívose firme no empeño de conservar, da maneira máis natural, as hortalizas, froitas e verduras que produce. Os produtos non levan aditivos nin conservantes.