Amaranto
Amaranto xénero Amaranthus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Amaranthus tricolor | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto |
Amaranto[1] (do grego ἀμάραντος, que non murcha; lat. Amarantus) é o nome común das especies do xénero Amaranthus, da familia das amarantáceas, a maioría delas plantas ruderais ou arvenses de flores verdosas, aínda que algunhas as teñen de cores variadas que lles dan unha certa vistosidade, polo que se cultivan nos xardíns. Reciben tamén os nomes galegos de beldro, herba pulgueira (non confundir coa especie Polygonum persicaria, chamada normalmente crista ou herba do galo) e herba pexegueira[2].
Existe algo de confusión sobre a súa exacta taxonomía, comprende 386 especies descritas e destas, só 103 son aceptadas.[3]
Os membros deste xénero comparten moitas características e usos cos membros do xénero Celosia, estreitamente emparentado.
O amaranto é moi resistente aos climas fríos e secos, incluso medra en solos pobres e húmidos en zonas moi tropicais e con choivas moi frecuentes (aprox. 980 mm). Ademais ten un alto nivel alimenticio, o que o fai unha excelente alternativa para rexións con dificultades para a sementeira doutro tipo de cereais.
China é un dos maiores produtores de amaranto. As follas desta planta son moi semellantes ás das espinacas. É tradicional o seu uso en receitas culinarias de Asia, América e África.
A especie Amaranthus retroflexus considérase especie invasora en Galiza.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Usábana xa os Incas e culturas anteriores. Na zona andina, a kiwicha ou Amaranthus caudatus aparece en tumbas de máis de catro mil anos de antigüidade, demostrándose a súa domesticación hai milenios.[5][6]
Outros usos
[editar | editar a fonte]Unha teoría bastante popular afirma que a orixe da palabra Caracas provén do nome desta planta, o amaranto, tal cal o pronunciaban desde épocas prehispánicas os habitantes da zona coñecida polo mesmo nome: o val de Caracas. Eles chamaban a esta planta "caraca".
Unha especie da familia do amaranto é o huauzontle, de grande importancia no México prehispánico, e que sobrevive agora nun prato tradicional igualmente chamado huauzontles.
En México úsase o amaranto para fabricar atole e alegrías, que son sementes de amaranto rebentadas mesturadas con mel ou piloncillo (panela) para formar unha barra.
Igualmente, a variedade kiwicha é moi usada en países andinos (Perú, Bolivia etc) como un alimento básico, xunto a outros cereais da mesma familia tales como a quinoa e a kañiwa (ou cañihua: Chenopodium pallidicaule), altamente alimenticios.
Controversia
[editar | editar a fonte]Actualmente o amaranto inca ou kiwicha (Amaranthus caudatus) estase a converter nun problema para cultivos como a soia, por mor a que esta especie de amaranto é altamente resistente a herbicidas coma o glifosato; porén, o amaranto ten máis proteínas e vitaminas ca a soia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 989–991 en 1753.[7] A especie tipo é: Amaranthus caudatus L.
amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".[8]
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 554 kJ (371 kcal) |
65.25 g | |
Amidón | 57.27 g |
Azucres | 1.69 g |
Fibra alimentaria | 6.7 g |
7.02 g | |
Saturadas | 1.459 g |
Monoinsaturadas | 1.685 g |
Poliinsaturadas | 2.778 g |
13.56 g | |
Triptófano | 0.181 g |
Treonina | 0.558 g |
Isoleucina | 0.582 g |
Leucina | 0.879 g |
Lisina | 0.747 g |
Metionina | 0.226 g |
Cistina | 0.191 g |
Fenilalanina | 0.542 g |
Tirosina | 0.329 g |
Valina | 0.679 g |
Arxinina | 1.060 g |
Histidina | 0.389 g |
Alanina | 0.799 g |
Ácido aspártico | 1.261 g |
Ácido glutámico | 2.259 g |
Glicina | 1.636 g |
Prolina | 0.698 g |
Serina | 1.148 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 10% 0.116 mg |
Riboflavina (B2) | 17% 0.2 mg |
Niacina (B3) | 6% 0.923 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 29% 1.457 mg |
Vitamina B6 | 45% 0.591 mg |
Ácido fólico (B9) | 21% 82 μg |
Vitamina C | 5% 4.2 mg |
Vitamina E | 8% 1.19 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 16% 159 mg |
Ferro | 59% 7.61 mg |
Magnesio | 70% 248 mg |
Manganeso | 159% 3.333 mg |
Fósforo | 80% 557 mg |
Potasio | 11% 508 mg |
Sodio | 0% 4 mg |
Cinc | 30% 2.87 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 11.13 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Especies a salientar
[editar | editar a fonte]- Amaranthus acanthochiton
- Amaranthus acutilobius
- Amaranthus albus
- Amaranthus arenicola
- Amaranthus australis
- Amaranthus bigelovii
- Amaranthus blitoides
- Amaranthus blitum
- Amaranthus brownii
- Amaranthus californicus
- Amaranthus cannabinus
- Amaranthus caudatus (kiwicha)
- Amaranthus chihuahuensis
- Amaranthus chlorostachys
- Amaranthus crassipes
- Amaranthus crispus
- Amaranthus cruentus
- Amaranthus deflexus
- Amaranthus dubius
- Amaranthus fimbriatus
- Amaranthus floridanus (amaranto da Florida)
- Amaranthus greggii
- Amaranthus hybridus
- Amaranthus hypochondriacus
- Amaranthus leucocarpus
- Amaranthus lineatus (Amaranto australiano)
- Amaranthus lividus
- Amaranthus mantegazzianus (Quinoa de Castela)
- Amaranthus minimus
- Amaranthus muricatus (Amaranto africano)
- Amaranthus obcordatus
- Amaranthus palmeri
- Amaranthus paniculus
- Amaranthus polygonoides (Amaranto tropical)
- Amaranthus powelii
- Amaranthus pringlei
- Amaranthus pumilus
- Amaranthus quitensis
- Amaranthus retroflexus
- Amaranthus rudis
- Amaranthus scleropoides
- Amaranthus spinosus
- Amaranthus standleyanus
- Amaranthus thunbergii
- Amaranthus torreyi
- Amaranthus tricolor
- Amaranthus tuberculatus
- Amaranthus viridis
- Amaranthus watsonii
- Amaranthus wrightii
- Listaxe completa de todos os táxones de Amaranthus, cos aceptados, os sinónimos e os non resoltos, en The Plant List [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Nomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Amaranthus en PlantList
- ↑ Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
- ↑ http://www.slideshare.net/ravsirius/cereales-andinos
- ↑ http://www.kokopelli-seed-foundation.com/actu/new_news.cgi?id_news=193 Arquivado 11 de outubro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ "Amaranto". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de agosto de 2012.
- ↑ Amaranto en Flora de Canarias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amaranto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amaranto |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado das Plantas Vasculares do Departamento de Antioquía. pp. 1–939.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Amaranthaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 143–174.
- Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii.