Aminata Touré
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1962 (62 anos) Dakar, Senegal |
Primeira ministra do Senegal | |
3 de setembro de 2013 – 8 de xullo de 2014 ← Abdoul Mbaye (pt) – Mohamed Dionne (pt) → | |
Ministro de xustiza | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Borgoña |
Actividade | |
Ocupación | política |
Empregador | ONU |
Partido político | Aliança pela República (pt) |
Aminata Touré, nada o 12 de outubro de 1962 en Dakar, é unha muller de estado senegalesa. Activista dos dereitos humanos e funcionaria na ONU, foi ministra de Xustiza dende 2012 ata 2013 e logo Primeira ministra do Senegal dende 2013 ata 2014.[1] Foi a segunda muller en ostentar o cargo despois de Mame Madior Boye.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nomeamento como Primeira ministra foi anunciado mentres estaba perseguindo varios casos de corrupción nos que estabas implicadas antigos cargos políticos do goberno.[2] Xurou continuar no camiño do "desenvolvemento e da mellora das condicións de vida dos nosos cidadáns."[3] A prensa chegou mesmo a alcumala como "Dama de Ferro" polas súas campañas e plataformas na loita contra a corrupción. Tamén traballou polos dereitos das mulleres nos seus previos cargos políticos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ news.biharprabha.com (ed.). "Senegal PM Aminata Toure sacked after poor election results". IANS. Consultado o 15 de marzo de 2020.
- ↑ Reuters (ed.). "Senegal's Sall appoints anti-graft campaigner as prime minister". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2020.
- ↑ Goberno do Senegal (ed.). "Mme Aminata Touré nommé Premier Ministre" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2020.
- ↑ The Guardian, ed. (5 de setembro de 2013). "Senegal hails new prime minister known for football and feminism". Consultado o 15 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aminata Touré |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torild Skard, Women of power : Half a century of female presidents and prime ministers worldwide, Policy Press, 2014, pp. 297-298 ISBN 9781447315780.