Andrés Méndez Quintáns
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Lantaño, España |
Morte | 24 de agosto de 1939 Lantaño, España |
Alcalde de Portas | |
1931 – 1933 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Andrés Méndez Quintáns, nado en Lantaño (Portas) e finado no mesmo lugar o 24 de agosto de 1939, foi un médico, político e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herdeiro do pazo de Lantaño, regalou unha campá para a igrexa de Lantaño en 1924.[1] Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1927.[2] Foi alcalde de Portas durante a Segunda República.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abriulle expediente o Tribunal de Responsabilidades Políticas.[4] Finou en Lantaño o 24 de agosto de 1939.[5]
Predecesor: ? |
Alcalde de Portas 1931 -1933 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Lantaño con Elisa Patiño Hermida, filla de Luis Patiño Muñoz, en marzo de 1939.[6] Elisa finou en Vigo o 23 de outubro de 1945.[7]