Saltar ao contido

Argania spinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Argania spinosa

Follaxe e froitos
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Sapotaceae
Xénero: Argania
Roem. & Schult.
Especie: A. spinosa
Nome binomial
'Argania spinosa'
(L.) Skeels
Fabricación de pasta de argán en Marrocos.

Argania spinosa, (sinónimo A. sideroxylon Roem. & Schult.), a árbore do argán, é unha especie de planta de flores pertencente á familia Sapotaceae, sendo endémica dos semidesertos calcarios do suroeste de Marrocos, e mais da provincia de Tindouf, no oeste de Alxeria. É a única especie do xénero Argania. Como oleaxinosa emprégase para tirar aceite das súas sementes.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Argán.

O argán medra até os 8-10 metros de altura e vive uns 150-200 anos. Medra na zona comprendida entre Tiznit e Esauira. É espiñento co toro rugoso. Ten follas miúdas de 2–4 cm de lonxitude., ovais co ápice arredondado. As flores son miúdas, con cinco pétalos amarelo-averdado; florea en abril. O froito é de 2–4 cm de lonxitude e 1.5–3 cm de largo, coa pela espesa e grosa que arrodea a casca amarga con doce recendo; esta arrodea os froitos que conteñen 2-3 sementes que son ricas en aceite. O froito tarda un ano en estar ben chegado até xuño-xullo do ano a seguir.

A superficie dos bosques de Argania diminuíu nun 50 % nos últimos 100 anos, por mor á súa utilización coma combustíbel, o pastoreo e mais o cultivo intensivo. A súa mellor protección para a súa conservación podería atoparse no recente desenvolvemento da produción de aceite de argán para a súa exportación coma un produto de alto valor comercial.

En 1998, a Unesco declarou Reserva da Biosfera Arganeraie de 2 568 780 hectáreas ao suroeste de Marrocos nas que medra o argán.[1] No corazón desta reserva atópase o Parque Nacional de Souss-Massa.

As xenas adoitan rubir polas árbores do argán.
Argania spinosa

Na zona do Souss, situada no suroeste de Marrocos, utilízase principalmente como alimento, a xeito de aceite, para esparexer no pan o preparar tagine (prato típico da cociña marroquí). Tamén é moi apreciado o seu uso cosmético, coma xabóns, cremas, locións, aceites, ... dadas as súas propiedades hidratantes, antiacneicas, para o tratamento da psoríase e bronceadoras, entre outras.

Nalgúns lugares de Marrocos, o argán toma o lugar da oliveira coma fonte de recursos, xa que se utiliza como forraxe, petróleo e madeira. É o combustíbel da sociedade bérber, especialmente preto de Essaouira. Cando escasea o alimento, as xenas ruben pola árbore para comer as súas follas [2].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Argania spinosa foi descrita por (Carl von Linné) Homer Collar Skeels e publicado en U.S. Department of Agriculture Bureau of Plant Industry Bulletin 227: 28, no ano 1911.[2]

Sinonimia
  1. [1] Unesco. Reserva de la Biosfera ARGANERAIE. En inglés
  2. Argania spinosa en Trópicos
  3. Argania spinosa en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • O. M'Hirit, M. Bensyane, F.Benchekroun, S.M. El Yousfi, M. Bendaanoun (1998). L'arganier: une espèce fruitière-forestière à usages multiples. Pierre Mardaga. ISBN 2-87009-684-4. 
  • J.F. Morton & G.L. Voss (1987). "The argan tree (Argania sideroxylon, Sapotataceae), a desert source of edible oil". Economic Botany 41 (2): 221–233. 
  • Rachida Nouaim (2005). L'arganier au Maroc: entre mythes et réalités. Une civilisation née d'un arbreune espèce fruitière-forestière à usages multiples. Paris: L'Harmattan. ISBN 2-7475-8453-4. 
  • H.D.V. Prendergast & C.C. Walker (1992). "The argan: multipurpose tree of Morocco". Kew Magazine 9 (2): 76–85. 
  • Dr, Elaine M. Solowey (2006). Supping at God's table. Thistle Syndicate. pp. 75–76. ISBN 0-9785565-1-8. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]