Saltar ao contido

Club Atlético de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atlético de Madrid»)
Atlético de Madrid
NomeClub Atlético de Madrid, S.A.D.
Alcume(s)Atleti, Colchoeiros[1]
Fundación26 de abril de 1903
EstadioWanda Metropolitano,
Madrid, España
Inauguración16 de setembro de 2017
Capacidade67.829
PresidenteEspaña Enrique Cerezo
Adestrador Diego Simeone
LigaPrimeira División
2020–21
VestimentaNike
Na rede
atleticodemadrid.com
IMDB: nm8974838 Facebook: AtleticodeMadrid Twitter: Atleti Instagram: atleticodemadrid TikTok: atleticodemadrid Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.

O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (11), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.

Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.

  • Uniforme titular: Camiseta vermella e branca a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón vermella e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul claro, pantalón e medias azul claro.
Estadio Metropolitano.
Artigo principal: Estadio Metropolitano.

O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Metropolitano, coñecido por motivos de patrocinio como Wanda Metropolitano, propiedade do club. Inaugurado o 16 de setembro de 2017, ten unha capacidade de 67.829 espectadores. Ata 2017 xogaba no Estadio Vicente Calderón, inaugurado en 1966, e anteriormente no Estadio Metropolitano de Madrid.

O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 82 (Incluída a 2018/19)
  • Tempadas en : 6
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 0

Últimas tempadas

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC RE UEFA
1989/90 1/8 1/38
1990/91 Campión 1/32
1991/92 Campión 1/4
1992/93 1/8 Semifinal
1993/94 12º 1/8 1/16
1994/95 14º 1/4
1995/96 Campión Campión
1996/97 1/4 1/4
1997/98 1/8 Semifinal
1998/99 13º Subcampión Semifinal
1999/00 19º Subcampión 1/8
2000/01 Semifinal
2001/02 1/32
Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC UEFA
2002/03 12º 1/4
2003/04 1/4
2004/05 11º Semifinal 1/16
2005/06 10º 1/8
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/8 1/8
2009/10 Subcampión
2010/11 1/16
2011/12 1/16
2012/13 Campión 1/16
2013/14 Campión 1/2 Subcampión
2014/15 1/4 1/4

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 27 de xuño de 2020.

Posto País Xogador
1 POR España Antonio Adán
2 DEF Uruguai José Giménez
4 DEF Santiago Arias
5 MED Thomas Partey
6 MED España Koke Capitán
7 DIA Portugal João Félix
8 MED España Saúl Ñíguez
9 DIA España Álvaro Morata
10 DIA Ángel Correa
11 MED Francia Thomas Lemar
12 DEF Renan Lodi
13 POR Eslovenia Jan Oblak
Posto País Xogador
14 MED España Marcos Llorente
15 DEF Stefan Savić
16 MED Héctor Herrera
17 DIA Ivan Šaponjić
18 DEF Felipe
19 DIA España Diego Costa
20 MED España Vitolo
21 MED Bélxica Yannick Carrasco
22 DEF España Mario Hermoso
23 DEF Inglaterra Kieran Trippier
24 DEF Croacia Šime Vrsaljko
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Atlético de Madrid B e como tales, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Xogadores míticos

[editar | editar a fonte]

Presidencia

[editar | editar a fonte]

O actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Club Atlético de Madrid B.
  1. Televisión de Galicia (12/07/2014). "Mandzukic exerce xa como colchoeiro". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2014. Consultado o 01/12/2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]